Visitándonos
Temos 1 convidado conectados
Visitas totais
Visitantes: 1254
|
 |
Inicio
|
Novas -
Web
|
|
Xoves, 07 de Agosto do 2008 |
Festas del CarmenSábado, 2 de agosto. Ás 12:00 h. Disparo de bombas de palenque anunciando el comenzo das festas. Pola noite, tradicional CHURRASCO e REQUEIXÓN, seguido de gran verbena coas orquestras Nueva Década e Lamas.Domingo, 3 de agosto. Ás 13:00 h. Misa solemne cantada polo Corro Parroquial "Villa de Castropol". Despois sesión vermouth coa orquestra Cunters. A partir das 21:00 h, festa ininterrumpida coas orquestras Cunters e Assia.Luis, 4 de agosto. Ás 13:00 h. Misa solemne cantada. Despois, sesión vermouth. A partir das 17:00 h, xogos infantís e competiciois deportivas.Descenso Internacional de carrilanas de SearesVenres, 29 de agosto. Ás 17:00 h, descenso de Seares, adestramentos oficiais. A partir das 23:00 h, gran concerto cos grupos Fame Negra e Herética. Discoteca móvil Supernova.Sábado, 30 de agosto. Ás 15:00 h, descenso de Seares, dúas mangas competitivas. Ás 20:00 h, entrega de premios. Tras a entrega, actuación del Cuarteto Torner.Xira de GrandalláSábado, 6 de setembre. Ás 13:00h, misa solemne cantada. Despois sesión vermouth e comida campestre, seguida duha gran festa amenizada por Discoteca Móvil Supernova. |
|
|
Novas -
Web
|
|
Luns, 07 de Abril do 2008 |
Recentemente comezou a funcionar un blogue de contos en eonaviego. El sou autor é Xavier Frías-Conde, quen xa ten presenza na rede con outra serie de blogues tamén dedicados á difusión da literatura infantil. Nesta ocasión el que presenta son contos clásicos, tomados de mui diversas fontes (Esopo, Irmaos Grimm, Andersen, etc.) traducidos para eonaviego. El material ten uha dupla finalidade: duha banda, entreter cualquera persoa que teña gusto pola lectura e queira ler ou reler textos absolutamente clásicos na súa fala; del outra banda, servir como material de apoio a aquelos centros escolares que queiran usar tales contos, pois el acceso aos mesmos é de balde. Como toda experiencia de blogue, serve para que os eventuais lectores podan, cuando queiran, achegarse até el sito para ler del xeito que queiran. Os textos, xa que lougo, poden ser impresos doadamente. Convén sinalar que no caso de falares tan minoritarios como el noso, a existencia de blogues permite uha difusión sen igual, xa que os custos son nulos. Cualquera persoa que teña gana de traducir contos clásicos está convidada a participar no blogue. Os sous textos serán incluídos e el autor da tradución citado.
http://www.eonaviego.blogspot.com/ |
|
|
Novas -
Web
|
|
Luns, 07 de Abril do 2008 |
Despois dos estériles intentos de eliminar el topónimo histórico de Ría de Ribadeo por parte dos sectores da Academia da Lingua Asturiana, presidida por Ana Cano, e as súas asociaciois satélites no Eo-Navia e axudados mediaticamente polas continuas campañas del xornal provinciano de La Nueva España de Uviéu, el Consello Superior Xeográfico, despois de analizar e estudiar os diversos informes presentados chegou á conclusión que el topónimo oficial será Ría de Ribadeo. A Plataforma de Defensa da Ría celebrou este feito, que lle dá completamente a razón sobre esta cuestión, despois da publicación por parte da anterior Oficina de Política Lingüística del Principado dun suposto informe, chen de inexactitudes e falto de todo rigor científico e tratando de impoer outro topónimo unilateralmente. |
|
|
Novas -
Web
|
|
Martes, 04 de Marzo do 2008 |
El día 29 de febreiro celebrouse no salón de actos del Instituto de Tapia de Casarego un acto público sobre desenvolvemento coa proxección del documental “Asturias industrial” e uha charla-debate. El acto foi apoiado polas asociaciois Noada Lande, Salter Navia, Cultura contra el olvido, La Casa Azul e Ecoloxistas en Acción. |
|
|
Novas -
Web
|
|
Martes, 04 de Marzo do 2008 |
Organizado pola Asociación San Tirso del Eo, el día 21 de febreiro celebrouse el Día Internacional da Lingua Materna, proclamado pola UNESCO xa en 1999, pra conservar as linguas que desaparecen, como sucede coel galego falado no Eo-Navia. Houbo un programa de radio con nenos e maiores da Asociación San Salvador. |
|
|
Novas -
Web
|
|
Mércores, 06 de Febreiro do 2008 |
A organización MIAS autodisolveuse por discrepancias coel partido á que pertencían. Esta organización caracterizouse por ser uha das que luitou contra a Candidatura del Patrimonio Material Galego-Portugués (como así el poían nun dos sous folletos dun xeito totalmente insultante), polo tanto prós que defendemos el galego de Asturias é, sen dulda, uha búa nova a desaparición de organizaciois minoritarias que non respetan el galego de Asturias. |
|
| |
© 2008 ABERTAL
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.
|
|
|
|