spacer.png, 0 kB

Visitándonos

Temos 1 convidado conectados

Visitas totais

Visitantes: 30917

Sindícanos


sc_title.png, 0 kB
spacer.png, 0 kB
Inicio
Un novo parque eólico no concello de Allande nuha área arqueolóxica.
Novas - Eo-Navia
Luns, 01 de Xuño do 2009
A comarca del Eo-Navia estase caracterizando por ser uha terra chía de parques eólicos, que xa produciron problemas políticos anteriormente como foi a perda da alcaldía de Santalla de Ozcos polo PSOE e el enfrontamento coel alcalde de Vilanova de Ozcos, partidario dos parques eólicos.
 
Agora el Principado autoriza un parque eólico nada máis e nada menos que no Carondio, no concello de Allande, nuha área de importante interese arqueolóxico, unde existen abundancia de mámoas, un dolmen como a Llastra da Filadoira, carreiros vellos como A Carreirega dos Gallegos, brañas e todo un entorno paisaxístico asta con sofreiras e fauna endémica, que nunca se conservou a pesar de aparecer no PORNA como proxecto de espacio protexido xunto al Valledor.
 
Tamén vemos que el alcalde de Allande, Mesa Pieiga, manifesta que coel que se gane coel parque poerá uha casa de cultura e un centro de vellos na capitalidade del concello. É dicir que os cuartos de los 51 molíos del parque non van ir nin siquera prá zona da Serra senón para usalos na capitalidade, el caciquismo e el oportunismo de sempre.
 
A bandeira del Eo-Navia xa está á venta.
Novas - Eo-Navia
Luns, 01 de Xuño do 2009
A bandeira del Eo-Navia, formada por dúas franxas verdes cruzadas por dúas bandas coloradas, xa se pode adquirir en tela.
A explicación del significado da bandeira pódese consultar en:
http://www.bandeiragalega.com/es/comarca/eo-navia.htm
Del mesmo xeito pódese descargar uha imaxe dela para poñer en páxinas web ou como salvapantallas.
Tamén se pode mercar na seguinte páxina:
http://tendagaliza.com/index.php?page=shop.product_details&flypage=shop.flypage&product_id=100&category_id=2&option=com_virtuemart&Itemid=1
Ou no enderezo:
TendaGaliza
Estrada de Xunqueira nº28 4ºB
32660- Allariz
e-mail:
santi@galicianshop. com
tel: 988 442 524 ou 697539638
 
A Asociación Cultural San Tirso del Eo consegue el Premio Escanda de Ouro 2009 en Aller.
Novas - Eo-Navia
Luns, 01 de Xuño do 2009
Os Humanitarios de Morea resaltaron el traballo da Asociación Cultural San Tirso del Eo de Santiso de Abres pola gran cantidade de actividades que fai polo ano, como el proxecto de transmisión oral, el arquivo da palabra, el día internacional da lingua materna e el encontro de portadores de tradición oral.
 
A potenciación da cultura local entre os máis novos e a participación social e cultural que promove a asociación no conceloo santiseiro foron outros dos valores que tuvo en conta el xurado para concederlle el premio.
 
A escritora Eva Moreda edita novo libro.
Novas - Eo-Navia
Luns, 01 de Xuño do 2009
“O país das bestas” é el novo libro da escritora veiguesa Eva Moreda. Uha novela que trata del mundo dos comuneiros e gandeiros na época da postguerra. A presentación del libro farase el día 4 na Coruña e el día 6 de xunio, sábado, na Casa das Letras de Ribadeo, ás 20:30.
 
Novo libro sobre a Ría de Ribadeo.
Novas - Eo-Navia
Luns, 01 de Xuño do 2009
Da autoría del escritor xixonés José María Fernández Díaz-Formenti, resulta ser uha achega al conocimiento da natureza da Ría de Ribadeo como un medio vivo e como guía prá identificación de especies.
 
El libro está financiado polo Principado de Asturias, el Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño, el Leader Plus, el Ceder Ozcos-Eo, a Asociación Ponte dos Santos, Eo Natura e a Unión Europea. El libro é de balde e repártese entre os escolares de toda a Ría de Ribadeo.
 
Comunicado de ABERTAL
Novas - Web
Luns, 30 de Marzo do 2009
A Asociación Cultural ABERTAL do Eo-Navia, presidida polo académico Carlos Varela, quere manifestar o seu rexeitamento ás continuas manifestacións dun medio xornalístico asturiano e da asociación Xeira, de querer manipular e terxiversar a situación lingüística do galego de Asturias no Eo-Navia, pretendendo facelo desaparecer. Desde ABERTAL promoveremos o galego de Asturias, a súa protección e a súa cooficialidade e dentro da busca dun convenio entre ambas comunidades. Por outra parte estaremos atentos á política lingüística de Feijóo e pediremoslle os mesmos apoios que realizou Manuel Fraga no seu momento. Rexeitamos as acusacións da asociación Xeira, verdadeiro monicreque da ALLA, de “expansión e imposición” xa que queiran ou non o galego é unha lingua de Asturias e así o recoñece toda a lingüística e non un veterinario que, coa súa desfachatez se declara mesmo representante do pensar dos habitantes da Mariña Luguesa.
Por último, desde ABERTAL critícase e rexeita que nas aulas de galego de Asturias só se imparta a literatura e as ideas políticas de Xeira e se cometan abundantes aberracións nas unidades didácticas de natureza e xeografía o que denunciará ante as autoridades asturianas correspondentes.
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 Seg. > Remate >>

Resultados 1 - 10 de 28
spacer.png, 0 kB
spacer.png, 0 kB
spacer.png, 0 kB