Visitándonos
Temos 17 convidados conectados
Visitas totais
Visitantes: 267580
|
 |
Inicio
|
Novas -
Web
|
|
Mércores, 26 de Novembro do 2008 |
A herdade que nós temos. Historia da prosa en galego do Eo-Navia (2008), de Suso Fernández Acevedo, trátase dun excelente estudio sobre a prosa da comarca del Eo-Navia desde a época medieval asta os nosos días, desde as diferentes tendencias e temáticas. Un libro, sen dulda fundamental para conocer este xénero literario, mui ben estruturado e sintetizado polo sou autor. |
|
|
Novas -
Web
|
|
Mércores, 05 de Novembro do 2008 |
Auditorio de Ribadeo (A Mariña), 7-8 de novembro de 2008Venres 7 de novembro, auditorio de Ribadeo17,00 Inauguración IV Escola de Formación Fermín PenzolFernando Suárez, alcalde de Ribadeo.Xosé-Henrique Costas, Universidade de Vigo, coordinador da Escola Fermín Penzol17,30 Conferencia inaugural: “Historia e escolma da prosa no Eo-Navia”, por Suso F. Acevedo, e presentación do libro A herdade que nós temos. Historia e escolma da prosa en galego no Eo-Navia.18,30 Recital de poetas de Galicia e da terra Eo-NaviaEva Moreda (A Veiga)Aurora G. Rivas (Santiso de Abres) Lucía Iglesias (San Martín de Ozcos) Quique de Roxíos (Boal) Belén Prieto (A Veiga) Xabier Xil Xardón (A Limia) Anxo Ratel (Val Miñor) Silvia Penas (Val do Fragoso)20,00 TeatroA casa de Bernarda Alba, pola Escola de Teatro de Ribadeo Sábado 8 de novembro, auditorio de Ribadeo9,30 Conferencia: “O teatro no Eo-Navia”, por Rita Bugallo10,30 Conferencia: “Fotografías antigas do Eo-Navia”, por Carlos X. Varela Aenlle e presentación da exposición en 20 paneis O Eo-Navia en imaxes12,00 Mesa redonda: “Presente e futuro da música tradicional en Galicia e no Occidente de Asturias”, moderada por Suso F. Acevedo e coas intervencións de:· Abel Menéndez, director da Escola de Música Tradicional de Santiso de Abres.· Xaquín Xesteira, membro de Treixadura Gaiteiros e profesor de gaita na Universidade Popular de Vigo.13,30 Homenaxe poético-musical a Fermín Penzol no cemiterio de Castropol.16,30 Visita guiada polas terras do Eo-Navia.21,00 Asistencia ao magosto popular nos Teixois-Taramundi.Organiza: Escola Fermín Penzol da Universidade de VigoColaboran: Concello de Ribadeo e A.C. San Tirso del Eo Inscricións:
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
Apelidos e nome....................................................................................Enderezo postal....................................................................................Teléfono........................................ Enderezo electrónico....................................................A inscrición é gratuíta.A asistencia aos actos programados é libre.Nota 1: A organización ofrécelle aos universitarios que se inscriban a posibilidade de se aloxaren gratuitamente nas trinta prazas cedidas polo Concello de Ribadeo.Nota 2: A organización agasallará cun exemplar do libro que se presenta (A herdade que nós temos. Historia e escolma da prosa en galego no Eo-Navia) a cada persoa inscrita nesta IV edición. |
|
|
Novas -
Web
|
|
Venres, 24 de Outubro do 2008 |
A Asociación cultural ABERTAL del Eo-Navia rexeita que organismos galegos como a Consellería de Industria, a Dirección Xeral de Turismo ou a Deputación de Lugo, entre outros, subvencione festivais musicais unde actúan grupos como “Skama la rede”, unidos ao nacionalismo radical asturiano que nega a existencia del galego de Asturias e con manifestaciois pasadas contrarias á cultura e lingua galegas del Eo-Navia. Parécenos un feito totalmente inaceptable que se contribúa a promocionar grupos contrarios á cultura galega alí onde exista. E estas actuacións son as relativas ao Festival Castañazo 2008 de Chantada, a Sala 600 de Melide e el Festival Arreaocabo de Celeiro (Viveiro). |
|
|
Novas -
Web
|
|
Venres, 24 de Outubro do 2008 |
Na colección “Os nosos Gaiteiros” de Edicións O Cumio da Asociación Galega de Gaiteiros editouse un dvd del gaiteiro Clemente Díaz López “O Ferreira”, de Ibias, e outro del gaiteiro José Rodríguez Santalla, máis conocido como José da Lagúa, tamén del concello de Ibias. http://www.cumio.com/catalogo.php?id_tipo=2 |
|
|
Novas -
Web
|
|
Venres, 24 de Outubro do 2008 |
A Asociación de Amigos de Antonio Raymundo Ibáñez “Marqués de Sargadelos” de Santalla de Ozcos convoca el VII Premio de Relato. A temática será de relatos inéditos, reais e ocorrentes baseados na recuperación del patrimonio cultural dos Ozcos e el Eo-Navia, costumes, lendas, refrais, cántigas, ditos, remedios, anécdotas, etc. Poderán presentarse en galego de Asturias ou en castelao.As categorías serán escolar e adultos. A extensión máxima en escolar será de 25 liñas en formato DIN A4, adultos 100 liñas en formato DIN A4 e poderán enviarse en soporte informático ou en DIN4, con orixinal e dúas copias. El prazo de entrega é asta el día 1 de decembre de 2008, mandando os traballos ao:Museo Casa Natal “Marqués de Sargadelos” 33776 Ferreirela de Baxo (Santalla de Ozcos). Teléfono 985 62 12 95.Os traballos non estarán asinados, facendo constar solo el título del relato, pseudónimo e a opción local, foráneo ou escolar. Nun sobre adxunto pechado indicarase: título, pseudónimo e datos del autor. |
|
|
Novas -
Web
|
|
Venres, 24 de Outubro do 2008 |
MATERIAS: Gaita Tradicional (dixitación aberta) - Vitor Otero Acordeón - Abel Pérez Percusión - Jorge Deaño. Baile Tradicional - Mónica Fernández Canto e Pandeireta - Mónica Fernández Piano - Abel Pérez Solfeo e Folclore - Abel Pérez Música e Movemento (pra menores de 7 anos) - Abel Pérez CURSOS DE INICIACIÓN: Zanfoña - Vitor Otero ACTO DE PRESENTACIÓN E CONCERTO el venres, 24 de Outubre de 2008, ás 9 da noite no Salón de Actos de Santiso de Abres. Prazo de MATRÍCULAS: entre el 24 de outubre e el 6 de novembre. Solicitando el impreso en
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
, el teléfono da xunta directiva el 620596612 ou el teléfono del director 650348123. |
|
| | << Inicio < Ant. 1 2 3 Seg. > Remate >>
| | Resultados 11 - 20 de 30 |
© 2010 ABERTAL
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.
|
|
|
|