spacer.png, 0 kB

Visitándonos

Temos 3 convidados conectados

Visitas totais

Visitantes: 267573

sc_title.png, 0 kB
spacer.png, 0 kB
Inicio arrow Abertal
ABERTAL PDF Imprimir Correo-e
Martes, 23 de Xaneiro do 2007
A asociación cultural ABERTAL nace no ano 2003 coel compromiso de velar pola defensa da lingua e cultura galegas da comarca del Eo-Navia. E inscribiuse nese mesmo ano coel número 7.444 no Rexistro de Asociaciois del Principado de Asturias.
A nosa asociación desenvolve preferentemente a súa actividade nos dezanove concellos eonaviegos: Taramundi, Santiso de Abres, A Veiga, Castropol, Tapia de Casarego, El Franco, Coaña, Navia, Villaión, Boal, Eilao, Pezós, Allande, San Martín de Ozcos, Santalla de Ozcos, Vilanova de Ozcos, Grandas de Salime, Ibias e Negueira de Muñiz; e en todos aquelos foros que tein como obxectivo a defensa del patrimonio lingüístico e cultural eonaviego.
ABERTAL ten como fin a consecución da cooficialidade da lingua galega de Asturias como riqueza indiscutible del patrimonio cultural asturiano e a súa vez servir de ponte e instauración de relaciois con todo el mundo cultural galego-portugués del que sen dulda se considera e forma parte.
Esta asociación apoiará todas aquelas iniciativas sociais e culturais que os sous membros consideren acordes cos sous plantexamentos programáticos e colaborará especialmente con aquelas asociaciois irmás del Bierzo e As Portelas, coas vecías de Galiza e Portugal, coas asociaciois de defensa da lingua asturleonesa que reconozan a existencia del galego de Asturias e outras que promoven a defensa de minorías lingüísticas europeas.  
Polo último sempre servirá de apoio pra todas aquelas instituciois que devecen apoiar a nosa cultura e a Nosa Terra: el Eo-Navia.
 
spacer.png, 0 kB
spacer.png, 0 kB
spacer.png, 0 kB