|
A asociación ABERTAL presenta uha queixa á Biblioteca de Asturias “Ramón Pérez de Ayala” en Uviéu. |
|
|
|
|
Venres, 25 de Xaneiro do 2008 |
A asociación ABERTAL solicitou á Biblioteca de Asturias “Ramón Pérez de Ayala” que os libros del galego de Asturias estuvesen incluídos no apartado de “literatura ou lingua galegas”, e non en asturiano e español, como vén acontecendo en muitas destas institucións (Bibliotecas, Universidade de Uviéu, etc.). Despós da queixa alguhas das obras apareceron nun novo apartado chamado “lingua gallego-asturiana” e non se subsanaron os erros existentes nos ficheiros. Del mesmo xeito a asociación ABERTAL recibiu un escrito da Directora da Biblioteca de Asturias Milagros García Rodríguez unde se informa que a queixa é trasladada á Dirección Xeral de Promoción Cultural e Política Lingüística pró sou conocemento.
|