spacer.png, 0 kB

Visitándonos

Temos 12 convidados conectados

Visitas totais

Visitantes: 267580

Sindícanos


sc_title.png, 0 kB
spacer.png, 0 kB
Inicio
Comunicado de ABERTAL PDF Imprimir Correo-e
Luns, 30 de Marzo do 2009
A Asociación Cultural ABERTAL do Eo-Navia, presidida polo académico Carlos Varela, quere manifestar o seu rexeitamento ás continuas manifestacións dun medio xornalístico asturiano e da asociación Xeira, de querer manipular e terxiversar a situación lingüística do galego de Asturias no Eo-Navia, pretendendo facelo desaparecer. Desde ABERTAL promoveremos o galego de Asturias, a súa protección e a súa cooficialidade e dentro da busca dun convenio entre ambas comunidades. Por outra parte estaremos atentos á política lingüística de Feijóo e pediremoslle os mesmos apoios que realizou Manuel Fraga no seu momento. Rexeitamos as acusacións da asociación Xeira, verdadeiro monicreque da ALLA, de “expansión e imposición” xa que queiran ou non o galego é unha lingua de Asturias e así o recoñece toda a lingüística e non un veterinario que, coa súa desfachatez se declara mesmo representante do pensar dos habitantes da Mariña Luguesa.
Por último, desde ABERTAL critícase e rexeita que nas aulas de galego de Asturias só se imparta a literatura e as ideas políticas de Xeira e se cometan abundantes aberracións nas unidades didácticas de natureza e xeografía o que denunciará ante as autoridades asturianas correspondentes.
 
Seg. >
spacer.png, 0 kB
spacer.png, 0 kB
spacer.png, 0 kB