spacer.png, 0 kB

Visitándonos

Temos 1 convidado conectados

Visitas totais

Visitantes: 197236

Sindícanos


sc_title.png, 0 kB
spacer.png, 0 kB
Inicio
Comunicado de ABERTAL sobre a TVG PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 21 de Novembro do 2009
A asociación ABERTAL do Eo-Navia, presidida polo académico Carlos Varela, apoia a petición do Goberno Galego para que se vexa o sinal da TVG na comarca do Eo-Navia pola TDT, postura defendida por todas as forzas galegas e polo Presidente Zapatero, dada a importancia que ten esta canle de televisión na recuperación da lingua galega no Eo-Navia e a superación da descriminación que sofre o Occidente de Asturias. Do mesmo xeito celebramos a boa acollida da petición por parte da gran maioría dos alcaldes do Eo-Navia, sexan da forza que sexan, xa que responde a unha clara demanda social. Pedimos ao Goberno do Principado que asine un convenio coa Xunta de Galicia, para que no mesmo sentido poida verse a TPA na Mariña e na parte oriental galega e non se deixe levar polas actitudes de imposición cultural e comunicativa dos sectores máis radicais e marxinais do asturianismo político, con manifestacións tan ridículas como as da Academia da Lingua Asturiana, do deputado de Esquerda Unida Francisco Javier García Valledor ou as desafortunadas declaracións da alcadesa de El Franco, Cecilia Pérez. Nun tempo en que se disolven as fronteiras e que se produce unha maior oferta audiovisual que conduce a unha maior liberdade informativa, actitudes de persoas e institucións que se opoñen á liberdade dos cidadáns na libre elección de información nunca deben ser tidas en conta por antidemocráticas.
 
Seg. >
spacer.png, 0 kB
spacer.png, 0 kB
spacer.png, 0 kB