|
|
Luns, 11 de Abril do 2011 |
|
PROPOSTAS ELEiTORAIS SOBRE O IDIOMA GALEGO PERANTE AS ELEICIOIS AUTONÓMICA E LOCAIS DE MAIO DE 2011. O colectivo cultural Fala Ceibe do Bierzo Apresenta diversas propostas sobre a língua galega aos partidos políticos. Ante a próxima celebración das eleiciois autonómicas e municipais, de maio de 2011, este colectivo elaborou un informe con medidas para a protección e o fomento do idioma galego do Bierzo. O obxetivo é que os partidos políticos asuman estas iniciativas culturais como próprias e que as integren dentro dos seus respeitivos programas eleitorais. O informe divídese en tres apartados dirixidos a distintas instituciois: 1º Consello Comarcal, 2º concellos e xuntas pedáneas, e 3º Comunidade Autónoma de Castela e León.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Sábado, 12 de Marzo do 2011 |
O passado 1 de Março estivo no Facho (Crunha) o vozeiro do colectivo “Fala Ceive” de Ponferrada, Xavier Lago Mestre, para nos falar sobre: “A Cultura galega na Regiom do Berzo - Os processos de Resistência lingüística estremeira” dentro do ciclo, Língua, Literatura e Naçom. O colectivo Fala Ceive tem participado em variadas actividades vindicativas em prol da língua e cultura galega no Berzo: celebraçom do Dia das letras galegas, recolhida de livros galegos para as bibliotecas municipais e escolares, demanda do ensino do galego nos centros escolares, reconhecimento legal da língua galega no Estatuto de Autonomia de Castela e Leom, e na Lei da Comarca do Berzo (2010), recuperaçom do sinal da TVG digital. Esta conduta em defesa de um dos direitos humanos mais fulcrais, o de ser, trai consigo no Berzo a perseguiçom e o acosso. E um só pode ser na liberdade e na cultura, na cultura que lhe própria, que lhe é de seu. |
|
Ler máis...
|
|
|
Mércores, 02 de Marzo do 2011 |
|
   
BASES GALEGUEIRAS DO COLECTIVO FALA CEIBE DO BIERZO. Un proxeto, polo que Fala Ceive trabalhou incansavelmente e para o que fixeramos públicas as bases para un acordo, agora já é umha realidade. lembrams o que era a base e cer ne do projeto | | |
Un grupo de asociacióis lingüísticas de Castela e León pretenden a creación dunha Plataforma de Asociaciones en Defensa del leonés y el gallego. Para a súa posta en práctica se quere fixar un manifesto fundacional. O colectivo cultural Fala Ceibe do Bierzo pretende animar ese debate amosando as nosas chamadas Bases Galegueiras. Como presuposto previo, este colectivo berciano declara que hai grandes diferencias reivindicativas entre as diversas asociacióis lingüísticas de Castela e León. Diverxencias que deberán ser previamente conciliadas con naturalidade para favorecer a unidade de acción nesta Comunidade Autónoma. |
|
|
Ler máis...
|
|
|
Mércores, 02 de Marzo do 2011 |
O BIERZO NA PERIFERIA DA GALIZA. 
Por Xabier Lago Mestre, Presidente do colectivo Fala Ceibe do Bierzo.
Os habitantes do Bierzo sentimos o que ben podemos chamar identidades complementares. Estamos dentro da Comunidade Autónoma de Castela e León, pertencemos á provincia de León, vivimos na rexión do Bierzo, declarada legalmente coma Comarca, e moitos sentímonos galegos tamén, pois non esquezamos que durante séculos o Bierzo foi uma parte mais da Galiza. Froito do cal xorde unha identidade colectiva complexa, castelá, leonesa, galega e berziana. Por suposto, nin que dicir ten que prima o sentimento bercianeiro sobre os demais. |
|
Ler máis...
|
|
|
Martes, 25 de Xaneiro do 2011 |
IDIOMA GALEGO PADRÓN E DIALECTISMO NO BIERZO Por Xabier Lago Mestre , do colectivo cultural Fala Ceibe do Bierzo. Hai uns días volvín falar co meu bon amigo Santi, o de Vilafranca, a persoa que máis sabe da historia local e da natureza do Bierzo oeste. Espetou, na nosa conversa telefónica, que el aposta pola fala berziana. Como fundamento desa declaración, dixo que el sempre busca as palabras locais no dicionario galego que lle regalei e que nunca as atopa salvo no www.estraviz.net. Outro día vexo na internet unha recompilación de termos, da comarca da Somoza berciana, feita por Ismael Poncelas, o cal anima, no seu escrito, á Real Academia Galega a recuperar esas verbas para o seu dicionario. |
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
|
| Resultados 11 - 20 de 190 |