Início
    
Menu Principal
Início
Quen somos e facemos
Contactar connosco
Arquivo
Forum do Sil
Novas
Ligazons
Imaxes
Blog de Fala Ceive
CiberIrmandade
Recomendai-nos
O teu nome:

* O teu correo-e: 

* O correo-e do teu amigo: 

Mensaxe curta: 

Últimas descargas
Sobre a Ingenuidade Corrosiva
Língua de Vencedores e de vencidos
Direitos fundamentais na Faixa Leste
ETOPEIAS
Início da sesión





Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha
Visitas Totais
Visitantes: 1401690
Visitantes
Temos 10 convidados conectados


PEDIMOS E EXIXIMOS RESPEITO AOS NOMES DO BIERZO, OS NOSO TOPÓNIMOC
Domingo, 21 de Outubro do 2007

 

RESPEiTO POLA TOPONIMIA GALEGO-BERCIANA,

Por Xabier Lago Mestre, Presidenta da asociación Fala Ceibe do Bierzo.

Estes últimos días os medios de comunicación de Castela, León e O Bierzo comentaron unha nova relacionada cun problema de convivencia que había no centro escolar de Viladepaos.

O que fai curioso o caso, é que non atopamos coincidencia na denominación do citado colexio, "Campo da vila", "Campo de la vila" ou "Campo de la villa".

Dende logo o seu nome é Campo da vila, pero resulta abraiante tanto desbaraxuste á hora de dar co nome certo do dito centro. Para moitos xornalistas segue soando moi rariño asumir a existencia de nomes e palabras tale como son no galego d'O Bierzo, por iso hai que facer o esforzo normalizador por castelanizalas ¿non si?. Alguis defenden sen tino que no occidente da nosa rexión berciana non pervive, nen houbo xamais, toponimia en idioma galego, o que quedan son restos do "chapurreao", propio de falantes ignorantes que non saben castelao. Todo arcaísmo dialectal debe ser eliminado a través da corrección continua e contundente nos medios de comunicación ¡a prol da obxectividade informadora!.

Ler máis...
 
Sabermos do Eo-Návia
Venres, 19 de Outubro do 2007

Os eonaviegos de ABERTAL editan dous blogues sobre bibliografía e auto-colantes

Fala ceive disponibiliza a toso os ceives e berzianos esta interesante información 


Ler máis...
 
Fala Ceive e o proceso reclamador no Bierzo
Sábado, 17 de Xuño do 2006

FALA CEIBE: O PROCESO RECLAMADOR NO BIERZO (1998-2006).

Secretaría de comunicación de Fala Ceibe.

A Asociación cultural Fala Ceibe naceu en 1998 como reacción á negación por parte da Dirección Provincial de Educación de León a permitir o ensino da materia de galego no Instituto Álvaro de Mendaña de Ponferrada.

Este feito antigalego, contra a nosa identidade, permitiu tomar conciencia da necesidade que había de autoorganizarse para defender os nosos dereitos lingüísticos. Pola outra banda, Fala Ceibe concentrou as súas actividades reivindicativas en Ponferrada, intentábase así abrir unha nova fronte galeguista, distinta á tradicional que representaba o eixe Corullón-Vilafranca, e deste xeito contaxiar culturalmente ao resto da rexión berciana. Sabiamos ben que a proxección reclamativa dende Ponferrada demostraríase máis eficaz para a difusión ideolóxica, tanto no territorios comarcal e provincial coma nas Comunidades Autónomas de Castela e León e Galicia.


Ler máis...
 
Ao engate (ligue) na tua língua
Martes, 16 de Outubro do 2007
XÁ HÁ ESPAZO VIRTUAL PARA ENGATAR EN GALEGO CON PESOAS DE TODO O MUNDO
Fillos.org busca poñer en contacto a mozos e mozas de Galiza e da diáspora.

O maior portal da diáspora galega, Fillos.org, apresentou esta semana un novo servizo que permitirá que mozos e mozas ( e non tam mozos(as) de todo o mundo atopen amigos ou parella usando unicamente etiquetas en galego. A iniciativa eTIqueTAL.com, que conta co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta da Galiza, pretende contribuír á normalidade galega na internet, centrado nos galegçofonos originários do estado español e dispersos por todo o mundo e a marge dos muitos portais'de amizade e relacionamento que na nosa língu há no espazo lusófono como o popular yahooencontros, ou o popular hi5 em Portugal de amizade, ou o popularíssimo brasileiro orkut.

Ler máis...
 
Cooperacion a prol da língua galega do Berzo
Venres, 05 de Outubro do 2007

A COOPERACIÓN INTERINSTITUCIONAL POLO GALEGO-BERCIANO,

Por Xabier Lago Mestre, Presidente da Asociación Cultural Fala Ceibe do Bierzo.

A rexión berciana está arrodeada de territorios con fortes identidades culturais, razón pola cal recibiu influencias variadas ao longo da historia. Esas relaciois interterritoriais posibilitaron a existencia de tres linguas n´O Bierzo, a saber, castelá, ástur-llionesa e mailo galega. Alguis din que este último idioma pervive no occidente pola continuada inmigración de Galiza. O certo é que a diversa documentación medieval en galego dos mosteiros locais, así como o seu uso popular por unha comunidade de 35000 falantes, determinan a súa peculiar caracterización territorial e propia d´O Bierzo. Neste sentido pouco importa que este idioma se fale mellor ou peor, con máis ou menos castelanismos, se saiba escribir ou non, o seu dialectismo interno e demais. O único certo é que filoloxicamente o que falamos é galego.

Ler máis...
 
Elementos de medida do Berzo
Luns, 01 de Outubro do 2007

AS MEDIDAS TRADICIONAIS DA REXIÓN BERCIANA,

Por Xabier Lago Mestre, Presidente de Fala Ceibe do Bierzo.

As unidades de lonxitude ben poden ter a súa orixe nas de tipo antropométrico, pola súa relación coas dimensiois do corpo humano. Así temos as derivadas do pé, cóbado, man, dedos, pulgadas, etc. Tamén hai medidas equivalentes a acciois que podían realizar as persoas, é dicir, a distancia percorrida nun día, ou a cantidade de produto que se podía transportar e demais. Outras medidas tiñan que ver cos traballos que facían os animais (bueis, cabalos, mulas...) en colaboración coas persoas (superficie que araban por día...).

Ler máis...
 
<< Inicio < Ant. 11 12 13 14 15 16 17 18 19 Seg. > Remate >>

Resultados 111 - 120 de 190
 
Campañas
Advertisement
Google
AGAL
Sindicación
© 2012 Fala Ceive
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5