|
Martes, 26 de Xuño do 2007 |
Abertal acusa á Oficina Lingüística de Asturias de non cumprir o seu paple defendendo os direitos linguísticos no Eo-Navia Ramón d'Andrés chefe deste departamento, criticou as medidas do Parlamento en apoio dos galegofalantes, esquecendo que o Parlamento Galego, non aprobou nengunha medida de apoio ao galego do Eo-Návia, somente de apoio as autoridades políticas de Astúrias que ten a obriga de garantir e protexer eses dereitos. Rmón d'Andrés non fai nada polo galego de Asturias e tampouco sobre o asturo-leonés, asturiano ou bable segundo distintas denominacióis usadas, e a oferta de axuda e de facilitar médios a ele para o seu labor considera-o unha intromisión. |
|
Ler máis...
|
|
|
Sábado, 16 de Xuño do 2007 |
APROBADA POR UNANIMIDADE, UNHA PROPOSICION NON DE LEI NO PARLAMENTO GALEGO, EN APOIO DO GALEGO DAS COMARCAS GALEGOFALANTES PERTENCENTES ÀS COMUNIDADES AUTÓNOMAS DAS ASTÚRIAS E CASTELA-LEONA proposición non de lei aprobada por unanimidade, nasceu no grupo parlamentar do BNG, e foi consensuada cos grupos do Partido Popular e PSOE. Nela recoñece-se a competéncia de promoción e defensa dos direitos linguisticos dos moradores das comarcas desta faixa no leste exterior à Galiza, aos governos desas comunidades autónomas. O impulso que se propón desde a Galiza, é o de apoio a esas autoridades fornecendo-lles materiais e outros médios mediante convénios de colaboración para que sexan esas autoridades às que leven a cabo o que en direito corresponde, o respeito aos direitos linguísticos dos territórios e das xentes galegófonas, e a sua promoción, tal como ben mandado na orde constitucional e lexislativa na que vivemos. |
|
Ler máis...
|
|
|
Martes, 22 de Maio do 2007 |
A NOSSA TERRA E A NOSSA LINGUA BERÇO DA LUSOFONIA A língua galega que nos é própria aos berzianos, nasceu na Galiza, um territória que ia do rio Douro à mar Cantábrica e de Fisterra aos Montes de Leão. O nosso Berzo até Filipe II seguiu formando parte da Galiza. Porém trás o trunfo na batalha de Toro sobre as tropas portuguesas e galaicas, impulsou a Rainha Isabel a católica, as guerras de retaliação contra dos galegos, começando assim o que em palavras do cronista Zurita, foi a doma e castração do Reino da Galiza; sendo nessa luita que se pugeram os primeiros elementos para a separação do Berzo da Galiza. Mas nom por isso, o Berzo renuncia a ser parte originária tamém da lusofonia e sentir-se orgulhoso de personagens como Valério do Bérzio, ou o berziano que foi grande navegador de Portugal Rodrigo do Bérzio, e seguimos a sentirmos o valor de publicações como esta que viu luz no dia no que começa a nossa temporada das letras (17 de Maio Dia das Letras Galegas ao 10 de Junho dia de Luis Vaz de Camões e os Lusiadas), que nom se limita tão só aos actos que fazem os alunos e alunas nas suas escolas e aulas ou no seu mundo familiar e de amigos, ou a retórica citação polo Conselho do Berzo. A editora on-line, Arcos OnLine comemora o Dia das Letras Galegas com o lançamento das actas do V Colóquio Anual da Lusofonia, já disponível para descarga aqui. Também tem agendado para hoje o lançamento da nova etapa do seu portal Arcos OnLine. |
|
Ler máis...
|
|
|
Domingo, 22 de Abril do 2007 |
PROPOSTA EMENDAS AO ESTATUTO DE CASTELA E LEÓN DE FALA CEIBE D´O BIERZO. A Asociación Cultural Fala Ceibe do Bierzo enviou dúas emendas ao proxecto de Lei Orgánica de reforma do Estatuto de Autonomía de Castela e León, que se tramita na Comisión Constitucional do Congreso dos Deputados. As dúas emendas teñen relación c´O El Bierzo; a primeira sobre maior protección xurídica do idioma galego e a segunda sobre o recoñecemento institucional do Consello Xeral. Estas propostas serán remesadas aos partidos políticos con representación na dita Comisión Constitucional.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Luns, 14 de Maio do 2007 |
alimentARTE Encontro artístico literário e gastronómico em Ponferrada Esta página de Fala Ceive apoia o evento "alimentARTE" que organiza o blog Ovnis e Isoglosas (http://www.agal-gz.org/blogues/index.php/ovnis/), e à Galeria de Arte Dosmilvacas.arte de Ponferrada. |
|
Ler máis...
|
|
|
Mércores, 25 de Abril do 2007 |
A LITERATURA E OS LIVROS GALEGOS REPRESENTADOS NA XI FEIRA DO LIVRO DE PONFERRADA Por segundo ano consecutivo, Xarmenta incluiu balcom galego no evento O dia 23 de Abril, finalizava a XI Feira do Livro de Ponferrada, que decorreu na mais populosa vila do Berzo desde o passado dia 19. Na ediçom deste ano houve até 20 balcões, e por segundo ano consecutivo, graças à associaçom Xarmenta houve um balcom específico para a língua e a literatura galegas, que dava especial destaque a mesma. |
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Ant. 11 12 13 14 15 16 17 18 19 Seg. > Remate >>
|
| Resultados 131 - 140 de 190 |