|
Visitas Totais |
|
Visitantes: 1401692
|
|
Visitantes |
|
Temos 10 convidados conectados |
|
|
|
Martes, 27 de Marzo do 2007 |
PETIZON DA NOSA ASOCIACIÓN A TODOS OS PARTIDOS POLÍTICOS OPARA AS ELEICIÓNS MUNICIPAIS E AUTONÓMICAS DE MAIO, DE INCLUSION NOS PROGRAMAS DOS DIREITOS LINGUÍSTICOS DOS FALANTES DE GALEGO, E O TRATAMENTO DO GALEGO, COMO LINGUA PRÓPRIA DOS NOSOS CONCELLOS E TERRITÓRIOS O documento con pormenor preciso, da autoria da nosa Asociación Fala Ceibe, tenta que nos programas de todos os partidos que se apresentan as eleicións municipais e autonómicas, se incluan os direitos linguísticos dos falantes de galego, como língua propria do noso território, e facer así realidade os obxectivos estabelecidos na Carta Europeia das Linguas Minorizadas, asumida polo estado español na sua totalidade en Febreiro do 2002, ainda que con limitacións territoriais. Asi mesmo tenta-se que no desenvolvemento futiro da autonomia do Berzo, esta, no campo linguístico, siga o modelo da Comarca catalá do Val de Aran |
|
Ler máis...
|
|
|
Martes, 27 de Marzo do 2007 |
PRESENTACIÓN del INFORME SOCIO-LINGÜÍSTICO DEL EO-NAVIAO Eo-Návia é a o território formado por 18 concelhos do ocidente de Astúrias que ten como língua própria o galego, magnificamente estudado na Tese doutoral de Xoan Babarro " O Galego de Astúrias". (publicada pola Fundación Barrié) O galego de Astúrias ten varias modalidades de falas dentro dele, o que o fai mui particular e ten tamén características que son comuns a toda a Faixa-Leste da língua galega. Ainda que goza de grande vitalidade e é usado de xeito mui importante en todo tipo de situaciois no território, neste momento sofre ameazas que son comuns a todo o galego e que nas Astúrias se cruzan con outro tipo de situaciói sociais. A Asociación eonaviega ABERTAL, comprometida na defensa, promoción e posta en valor e dignidade do galego en Astúrias, realizou un interesante e mui valioso traballo socio-linguístico sobre a situación actual da nosa língua nesa espazo, e dito traballo vai ser dado a coñecer este próximo sábado nun formoso acto, a realizar na vila eonaviega de Návia. Todos os ceives e amigos que desxen estar nese interesante encontro, xá saben SÁBADO 31 DE MARZO, ÁS 12 DA MAÑÁ, NA CASA DE CULTURA DE NAVIA
|
|
|
Domingo, 11 de Marzo do 2007 |
DELICIOSO TEXTO DO ANTERIOR PRESIDENTE DE FALA CEIVE, SOBRE UN TEMA SEMPRE PRESENTE NO MUNDO DA LITERATURA E DE XEITO ESPECIAL EN LITERATURAS COMO A NOSA QUE TENTAN CONTRIBUIR A CRIAZON DUN ESPAZO NOSO E ALARGADO DE CULTURA. "desfrutai"
por Alberto Gómez Bautista, anterior Presidente de Fala Ceive “De qual engano prendemos aqui, non sab´el-Rei parte:” Vaasco Pérez Pardal (s. XIII) Neste novo curso que comeza preséntanse novos e apasionantes reptos para a nosa lingua, pero alén de ser tempo de esperanza é tamén tempo de reivindicación de dereitos lingüísticos e de reflexionar. Son consciente de que os problemas do día a día de moita xente continúan, e moitos andan mais pendentes de reformas estatutarias ou de intrigas palacianas, e da repentina vontade de reforma constitucional por parte dos que hai meses atrás dicían que nela ninguén mexía, en fin, para que unha moza, poida ser a herdeira ao trono, acabando así con unha discriminación de séculos, o que non din é que esa reforma non vai acabar coa discriminación que sufrimos o resto dos cidadáns que, polo feito de non sermos da familia “x” ou termos o apelido “i grego”, estamos afastados de poder acceder a xefatura do Estado. |
|
Ler máis...
|
|
|
Venres, 09 de Marzo do 2007 |
ENTREVISTA CON CARLOS BELLO N'A NOSA TERRA Carlos Bello Stout ten as suas raices no Eu-Návia, concretamente em Taramunde, é leva muito tempo ligado à Fala Ceive, sendo um ceive entusiasta e comprometido. Gañou o certame sobre os direitos civis na Galiza, convocadio polo movemento polos direitos civis, coa colaborazon da Dirección Xeral da Xuventude e voluntariado do governo galego. O texto do traballo premiado tamén está disponibilizado nesta mesma páxina nosa no apartado de descargas. Polo seu interese e grazas a autorización d'A Nosa Terra, disponibilizamos a elucidativa entrevista que este competente advogado deu ao citado xornal. |
|
Ler máis...
|
|
|
Mércores, 07 de Marzo do 2007 |
O ESCRITOR BERZANO PAULO MERAIO BELASCO, PUBLICA UM NOVO LIVRO "ETOPEIAS"A editora electrónica lusa Arcos Online vem de publicar o livro ETOPEIAS do Ceive Paulo Meraio Belasco: 18 Etopeias – retratos com paisagem, que a editora apresenta com o slogan"Quando o feio se transforma em arte" .
É uma obra, no mínimo, invulgar. E isso nota-se desde logo no próprio prefácio, quando o autor afirma que “as etopeias devem ser lidas em doses de uma a uma” e que “entre elas deve passar um algo de tempo (minutos, horas, dias, semanas)”. Ao leitor, recomenda uma leitura lenta e compassada, sempre em pequenas doses, porque “a ingestom excessiva, ou mesmo uma errada administraçom, pode ser causa de envenenamento”. |
|
Ler máis...
|
|
|
Mércores, 28 de Febreiro do 2007 |
CUESTIONAN O ENSINO DO GALEGO N´O BIERZODENDE O LEONESISMO CULTURAL. A Asociación Cultural Fala Ceibe d´O Bierzo (www.ciberirmandade.org/falaceive) denuncia un novo ataque do leonesismo cultural cara ao ensino do galego n´O Bierzo. Segundo información de Diario de León, de 20 de febreiro de 2007, dúas organizaciois culturais leonesistas, a saber, Amigos del Patrimonio e Proidentidad Leonesa, aproveitaron a súa carta-queixa ante o Procurador do Común de Castela e León -figura semellante ao Valedor do Pobo Galego- para criticar aspectos relacionados co ensino do galego n´O Bierzo. O dito artigo xornalístico indica que estes colectivos criticaron que no currículo da materia de idioma galego aparezan os seguintes obxectivos escolares: "Identificación e interpretación de rasgos culturais pola lingua galega e a cultura castelá" ou "Comparación entre elementos sociais e culturais transmitidos pola lingua galega e maila cultura castelá". Estes grupos leonesistas rexeitan que se oculte a existencia da cultura leonesa entre eses obxectivos, ademais que se pretenda non só ensinar a lingua galega n´O Bierzo senón que tamén que se fale de "rasgos culturais" ou "elementos sociais e culturais" tansmitidos pola lingua galega. No fondo estes grupos leonesistas temen que se galeguice O Bierzo co pretexto do ensino do idioma galego. Por suposto non queren recoñecer que O Bierzo occidental comparte con Galiza a mesma historia, cultura, tradiciois e lingua dende a Idade Media ata a actualidade. |
|
Ler máis...
|
|
| | << Inicio < Ant. 11 12 13 14 15 16 17 18 19 Seg. > Remate >>
| | Resultados 141 - 150 de 190 | |
|
|
|
|