|
Visitas Totais |
|
Visitantes: 1401689
|
|
Visitantes |
|
Temos 9 convidados conectados |
|
|
|
Luns, 06 de Novembro do 2006 |
FALA CEIBE NA 2ª ESCOLA PERMANENTE FERMÍN PENZOL
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
Fala Ceibe participou na Mesa redonda: “Presente e futuro das linguas de Castela-León”, que tivo lugar o sábado 28 de outubro en Vilafranca do Bierzo. Este acto formou parte do programa da 2ª Escola Permanente “Fermín Penzol”, organizada pola Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. A dita mesa estivo formada por Héctor García Xil, profesor da Universidade de León, especialista en asturleonés, Ricardo González Saavedra, Pte. do Consello Comarcal do Bierzo, Felipe Lubián, procurador socialista nas Cortes de Castela-León, Manuel Mañá, Presidente da asociación Xarmenta, e Xabier Lago, Presidente de Fala Ceibe do Bierzo. |
|
Ler máis...
|
|
|
Martes, 24 de Outubro do 2006 |
A OBSTACULIZAÇOM AO ENSINO DA NOSA LÍNGUA CONTINUA Mais umha vez, Fala Ceive tem que sair à rua, para denunciar um novo obstáculo no caminho, no longo caminho, de dignificaçom, e normalizaçom da língua e cultura galegas no Bierzo. Para além das campanhas publicitárias organizadas por um governo da "Xunta" da Comunidade Autónoma Galega que é incapaz de aplicar os seus próprios planos, leis e acordos; para além das declaraçons de intençons e promesas dumha "Junta" da Comunidade Autónoma de Castela e Leom que nom som mais que palavras vazias e sem compromiso; para alem das leis que supostamente defendem os direitos das pessoas galego-falantes do Bierzo; para além de tudo isso, está a realidade. E a realidade é que todo tipo de entraves e obstáculos som postos no proceso de normalizaçom lingüística. Neste caso, nos centros de ensino, onde a atitude de certos profesores, funcionários e direcçons de centros, junto com o desleixo (quando nom com a clara colaboraçom no boicote) dos responsáveis políticos, fai com que as promesas fiquem em papel molhado. O Bierzo segue a precisar da tua ajuda e colaboraçom. A luita galeguista no Bierzo sigue a precisar de toda a solidariedade e apoios que poda conseguir. Ajuda-nos na difusom desta denúncia por todos os meios possíveis. A continuaçom vai a traduçom da carta queixa ao Procurador do Comum, efectuada polo Presidente de Fala Ceive, D. Xabier Lago Mestre.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Luns, 23 de Outubro do 2006 |
II ESCOLA DE FORMACIÓN PERMANENTE FERMÍN PENZOLcelebrara-se nas localidades de Cacabelos e Vilafranca Os dias 27, 28 e 29 de outubro de 2006 Por segundo ano, a Universidade de Vigo, coa colaboración da Fundación Penzol (Fermín Penzol foi un galeguista berziano fondamente comprometido coa sua cultura), a Asociación Xarmenta, os concellos de Cacabelos e Vilafranca, o Consello Comarcal do Bierzo, e a Universidade de León, asi como destacados persoeiros de outros territórios da Faixa Leste, como o Eu-Návia, Portelas etc. organizan esta actividade formativa cheia de interese.
Este ano a xornada vai estar centrada dun xeito especial en homenaxear ao grande poeta berziano Fernandez Morales, e en tratar cuestións a ver coa cultura galega e a reforma en andamento do Estatuto da nosa Comunidade autónoma de Castela e León. Fala Ceive, participará na mesa redonda onde se van a expor os problemas das diversas línguas na Comunidade Autónoma de Castela e león
Outra vez, vai ser a ocasión para que muitos mozos e mozas berzianas, que aspiramos a garantir à nosa língua e cultura, o futuro que corresponde e nos pertence, podamos aprofundar en aspeitos da nosa história e cultura, que se nos tenta negar e ocultar |
|
Ler máis...
|
|
|
Xoves, 19 de Outubro do 2006 |
Ante a reforma do Estatuto de Autonomia de Castela e Leom Na passada sexta-feira 13 de Outubro a Associaçom Cultural Fala Ceive enviou aos grupos do PSOE e do PP das Cortes (Parlamento autonómico) de Castela e Leom as suas propostas para a reforma do Estatuto de Autonomia da Comunidade Autónoma de Castela e Leom, em relaçom com um maior reconhecimento da língua galega. No texto de Fala Ceive, realizam-se propostas concretas, que podem ser levadas adiante sem maiores problemas dentro do actual quadro jurídico-político, e que só precisam da vontade política dos partidos presentes as Cortes para sair adiante. Fala Ceive aposta claramente pola dignificaçom e promoçom da nossa língua e cultura no Bierzo e na Seabra, e para isso entende que a única possibilidade passa pola oficialidade da língua galega e polo seu reconhecimento nos textos legislativos autonómicos.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Venres, 13 de Outubro do 2006 |
IMPORTANCIA DO GALEGO D'O BIERZO NA HISTORIAPor Xabier Lago Mestre, Presidente de Fala Ceive
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
Constátase a existencia do idioma galego n'O Bierzo dende Idade Media. Os nosos mosteiros posúen parte da súa documentación medieval en galego. Tamén conservamos nesta lingua o foro dado a Vilafranca do Bierzo pola Coroa. Estes exemplos demostran a importancia do galego medieval, así como o seu carácter histórico e institucional. A presenza deste idioma con codificación escrita indica que compartía o carácter “oficial” co latín. O uso institucional do galego implicaba efectos xurídicos derivados da regulación de todo tipo de relaciois (compra-vendas, doaciois, foros enfitéuticos, testamentos, arrendamentos e demais) contidas na dita documentación. |
|
Ler máis...
|
|
|
Xoves, 28 de Setembro do 2006 |
O BIERZO E O IDIOMA GALEGOpor Xosé Lois García Para ninguén é novidade que unha boa parte dos habitantes do Bierzo falan galego. E no Bierzo poucos ignoran que este territorio, que era provincia, fora anexionado a León en 1833 polo ministro Javier de Burgos, co pretexto que o engadido era para equilibrar a economía e o territorio leonés. |
|
Ler máis...
|
|
| | << Inicio < Ant. 11 12 13 14 15 16 17 18 19 Seg. > Remate >>
| | Resultados 161 - 170 de 190 | |
|
|
|
|