|
Visitas Totais |
|
Visitantes: 1453109
|
|
Visitantes |
|
Temos 19 convidados conectados |
|
|
|
Xoves, 15 de Xuño do 2006 |
|
PEDIMENTO AO PARLAMENTO GALEGO DE RESOLUCIÓN A PROL DO GALEGO NO ESTATUTO DE CASTELA E LEÓN.
A Asociación Cultural Fala Ceibe do Bierzo, diríxese aos partidos políticos da Comunidade Autónoma de Galicia para que aproben unha Resolución do Parlamento Galego a prol da declaración de oficialidade da lingua galega no Estatuto de Autonomía de Castela e León. Lembramos que a Lei galega 3/1983 , de 15 de xuño, de Normalización Lingüística, no seu artigo 21, recoñoce “protexe-la lingua galega falada en territorios lindeiros coa Comunidade Autónoma”. Non cabe dúbida que esta Lei autonómica fai unha implícita mención aos 4 territorios de Navia-Eo, O Bierzo, As Portelas da Seabra zamorá e Val do Ellas cacereño, polos seus vincallos histórico, cultural e lingüístico con Galiza.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Luns, 12 de Xuño do 2006 |
|
Som vários os portais , como por ex. o PGL, que se tem feito eco da nova web de Fala Ceive. Neste curto espaço de tempo desde que está no ciberespaço som muitas as visitas recebida... |
|
Ler máis...
|
|
|
Martes, 06 de Xuño do 2006 |
|
Temos umha nova Web Coa que aguardamos poder estar todos mais proximos e muito melhor informados do que ocorre no nosso mundo, no nosso universo berziano e nos seus arredores |
|
Ler máis...
|
|
|
Martes, 06 de Xuño do 2006 |
|
Ano 1767: Provincia del Vierzo, Reyno de Galicia por Carlos Bello A continuación reproducimos un documento orixinal sobre un Preito por unha corta de carballos na devesa de Cavachoín, da freguesia de Santalla do Bierzo, no ano 1767. Nel fixase que o lugar de Santalla do Bierzo, pertence ao Reino da Galiza. Bibliografía: GARCIA GONZÁLEZ, M.J.; El Bierzo a finales del siglo XVIII, Instituto de Estudios Bercianos, Ponferrada, 1998. HIGUERA QUINDÓS, M.; Santalla del Bierzo: un pleito de 1767, Ponferrada, 1994. |
|
Ler máis...
|
|
|
Martes, 06 de Xuño do 2006 |
|
A MICROREIVINDICACIÓN GALEGOBERCIANA IGNORADA POLO ACADEMICISMO Chamamos microreivindicación á dinámica reclamativa a cotío feita de xeito constante e continuo polo movemento galegoberciano. No caso de Fala Ceibe incluímos nesa categorización diversas formas de activismo. Así se concretan no buzoneo casa por casa, pobo por pobo, barrio por barrio, cartas aos directores dos centros escolares, ao profesorado e ás asociacions de mais e pais, participación en foros bercianos para internautas, queixas ao Procurador do Común de Castela e León (o Defensor do Pobo rexional), entrevistas con políticos do pp, psoe, iu..., comunicados de prensa, actualización da nosa web www.falaceibe.tk, pequenas investigaciois filolóxicas, históricas, toponímicas, xurídicas, etc, turismo cultural que procura o contacto cos lugareños na súa lingua, recollida de libros galegos para doalos ás bibliotecas públicas e mailos centros escolares do Bierzo, pegada de carteis polas rúas, nas paradas dos autocarros, etc pintadas correctoras da toponimia, diálogo polémico vis a vis sobre dialectismo/normativización, actos culturais públicos, etcétera. |
|
Ler máis...
|
|
|
Martes, 06 de Xuño do 2006 |
|
A PROVINCIA DO BIERZO NO SÉCULO XV Xabier Lago Mestre Castelo de Ponferrada, un dos últimos lugares en resistir á invasión castelá dos RRCC. A fins do século XV o conde de Lemos, Rodrigo, que tiña parte dos seus territorios no Bierzo, rebelouse contra os Reis Católicos. O condado de Lemos presentaba problemas sucesorios, e os Reis Católicos tomaron partido polos outros pretendentes, aliados da casa dos Pimentel de Benavente, inimigos estes dos condes galegos de Lemos. Rodrigo encastelouse e resistiu en Ponferrada, mentres que os Reis organizaron un exército castelao contra el que, tralas escaramuzas e negociaciois, conseguiu tomar o castelo e maila vila.
|
|
Ler máis...
|
|
| | << Inicio < Ant. 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seg. > Remate >>
| | Resultados 181 - 190 de 192 | |
|
|
|
|