Início
    
Menu Principal
Início
Quen somos e facemos
Contactar connosco
Arquivo
Forum do Sil
Novas
Ligazons
Imaxes
Blog de Fala Ceive
CiberIrmandade
Recomendai-nos
O teu nome:

* O teu correo-e: 

* O correo-e do teu amigo: 

Mensaxe curta: 

Últimas descargas
Sobre a Ingenuidade Corrosiva
Língua de Vencedores e de vencidos
Direitos fundamentais na Faixa Leste
ETOPEIAS
Início da sesión





Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha
Visitas Totais
Visitantes: 1399122
Visitantes
Temos 13 convidados conectados


O Medúlio está no Berzo
Mércores, 09 de Setembro do 2009

Estivo o Medulio na Serra da Lastra?

Tarsicio Carballo e o Partido do Bierzo reivindica a zona da Serra de Lastra como o lugar onde se produciu a última e tráxica batalha dos galaicos e dos romanos.

Despois de dous mil anos, segue-se a desconhecer onde se atopa o Monte Medulio, lugar onde os últimos guerreiros galaicos, cántabros e astures se suicidaran para evitar seren conquistados polas lexións romanas de Caio Furnio e Publio Carisio, no ano 22 antes de Cristo.

Contan as crónicas do historiador romano Floro que os indíxenas, ao ver chegada a fin da súa resistencia, antes que seren escravos preferiron darem-se morte a lume e ferro no medio dunha comida, cun veneno extraído do teixo. E iso aconteceu no Medúlio.

Ler máis...
 
Queremos seguir vendo a TVG
Martes, 01 de Setembro do 2009

FALA CEIVE RECLAMA QUE OS BERZIANOS PODAMOS SEGUIR VENDO A TELEVISON GALEGA

 

Fala Ceive do Berzo informa de que a desaparición da televisión analóxica impedirá ver as actuais as emisiois da Televisión Pública Galega (TVG) no Berzo. Recordamos que durante anos os berzianos desfrutamos e gostamos da TVG. Os berzianos, galego-falantes ou non, conectamo-nos con ela para ver os Telexornais, Luar para os maiores, Xabarín para os pequenos, as retrasmisiois dos partidos de futebol e demais. Deste xeito os berzianos galego-falantes pudemos gozar do único medio de comunicación televisivo que serviu para fomentar e prestixiar o noso idioma próprio do Berzo ocidental.
Ler máis...
 
Fala Ceive quer um dia das nosas letras para António Fernandez Morales pero non no 2010
Luns, 22 de Xuño do 2009

AS NOSAS LETRAS NO 2010 A RICARDO CARVALHO CALERO, pedimos o que de estar vivo entre nós pediria António Fernández Morales

ANTONIO FERNÁNDEZ MORALES (Astorga, 17-09-1817 - Cacabelos, 15-08-1896), é um grande das nosas letras galegas, nosas, como berzianos que somos,  e muito temos achegado a elas.  Fala Ceive todos os anos rende homenaxe a Fernandez Morales na sua derradeira morada o cimetério de Cacabelos, a ese grande home fulcral na recuperación escrita da nosa língua galega no Berzo e na Galiza toda.
Fala Ceive quer que un dia das nosas letras galegas sexa dedicado a Fernandez Morales e que o sexa bem pronto, mas non quer que sexa o ano 2010, polas mesmas razois que non o quereria a gallardia de Fernández Morales, pois no 2010 cumpren-se 100 anos do nascimento de Ricardo Carvalho Calero e os vinte anos do seu pasamento, e Carvalho Calero e um monstruo das nosas letras, do estudo da nosa cultura, da história da nosa língua,  de demonstrar a intimidade orixinária, e non tam só, do galaico oriental e do galaico ocidental é dicer do galego e do leonês. Fernandez Morales coa gallardia que era conatural a sua pesoa tamén estaria pedindo o ano 2010 que fose o ano Ricardo Carvalho Calero.
 
Fala Ceive soma-se a campaña da Fundaçom Artábria, da cidade berce de a quen aguardamos sexan dedicadas as letras do 2010.
Ler máis...
 
FALA CEIVE APRESENTA QUEIXA AO PROCURADOR DO COMUN
Luns, 22 de Xuño do 2009

QUEJA POR LA FALTA DE PROMOCIÓN DEL GALLEGO, POR EL CONSEJO COMARCAL DE EL BIERZO, ANTE EL PROCURADOR DEL COMÚN DE CYL.

 La Asociación cultural Fala Ceibe do Bierzo formula queja ante el Procurador del Común de Castilla y León (Defensor del pueblo autonómico) por la falta de promoción del gallego por el Consejo Comarcal de El Bierzo. Basamos nuestra queja en los siguientes fundamentos de hecho y de derecho.

Ler máis...
 
Um Ceive denuncia a política linguística da Galiza
Luns, 08 de Xuño do 2009

Con premeditación e aleivosía

Somos galegos de forma natural, biolóxica e cultural, humana. Porque non se nace só ser humano, sobre todo nácese madrileño, irlandés, galego... Nácese dun parentesco e dunha identidade, o nacemento incorpora unha identidade natural e cultural; marcada mesmo no noso nome e apelidos. Facemos parte dun grupo e dunha comunidade, neste lugar, e desde sempre, o galego é o noso idioma propio e a nosa marca cultural, o galego brota de Galiza como a auga dunha fonte, isto é a realidade.

Ler máis...
 
Para a melliora do ensino da língua galega no Berzo
Venres, 29 de Maio do 2009

DEMANDAS, SOBRE O ENSINO DO GALEGO, PARA O CURSO ACADÉMICO 2009-2010 DE FALA CEIB

A Asociación cultural Fala Ceibe do Bierzo diríxese á cidadanía berziana, à Consejería de Educación de la Junta de Castilla e León, e ao Procurador do Común de Castilla e León e os medios de comunicación para informarlles da actual problemática escolar do ensino da materia de Lingua Galega no Bierzo. Seguidamente indicaremos os puntos principais e máis conflitivos da aprendizaxe do galego, segundo as variadas demandas da comunidade escolar, pais, mais, profesorado e alumnado afectado.
Ler máis...
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Resultados 51 - 60 de 190
 
Campañas
Advertisement
Google
AGAL
Sindicación
© 2012 Fala Ceive
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5