|
Mércores, 21 de Novembro do 2007 |
O QUE NOS FAI SEGUIRpor Alberto Gómez Bautista. Membro da asociación Fala Ceibe da que foi o anterior Presidente e actualmente está como profesor na Universidade Lusófona de Lisboa. Nun dos capítulos da serie televisiva “Band of Brothers” (irmáns de sangue) o nono capítulo concretamente, titulado Why we figth? (Por que combatemos?) onde se nos amosan as dúbidas e o cansazo deste bando ou grupos de soldados que protagonizan esta teleserie cando chegan a Alemaña, é nesa altura da guerra e nese país, onde descobren un campo de concentración y exterminio Nazi. Hai se decataron de porque combatían. A todos nós, nas diferentes facetas da vida, e salvando as diferencias, nos aborda esta cuestión. Para os que amamos a lingua galega é fácil encontrar unha resposta. Eu encontreina (en Vilafranca do Bierzo) unha vez que me abordou esta dúbida ollando para unha crianza que lle berraba amigabelmente a outros nenos incitándolles a xogar con el. Cada un ve a causa das súas causas nas mais inimaxinábeis situacións. |
|
Ler máis...
|
|
|
Martes, 20 de Novembro do 2007 |
A democracia espanhola gosta do silêncioPor Igor Lugris, de Fala Ceive A verdade é que já o cenário se vinha preparando nos últimos dias, nas últimas semanas: perante o evidente descrédito da monarquia e dos membros da Casa Real espanhola entre amplas e diversas camadas da populaçom do Estado espanhol, nos sectores melhor informados trás o demolidor informe realizado polo jornal conservador británico The Times o passado verao sobre as suas finanças e economia e sobre todo visibilizadas no estado espanhol depois do 'affaire' com a publicaçom satírica El Jueves, e agravada polo facto das queimas de fotografias do Bourbon em diferentes pontos do Estado, especialmente nos Países Cataláns, a maquinaria do sistema pujo-se a funcionar para fazer ressurgir a imagem do rei espanhol. |
|
Ler máis...
|
|
|
Venres, 16 de Novembro do 2007 |
Homenagem ao Quico e a Guerrilha anti-franquista Este Sábado, 17 de Novembro, a Associaçom de Vizinhas e Vizinhos da Malhadina Campa-Branca de Cabanas Raras, organiza um acto sobre a recuperaçom da Memória Histórica, que terá lugar a partir das 18.30h. no Local Social da Campa-Branca. No acto, contaremos com a presença do ex-guerrilheiro anti-fascista Francisco Martínez López, Quico, natural de Cabanas Raras, quem foi membro do grupo guerrilheiro de Girom, e que nos falará da sua experiência e da sua análise sobre os acontecimentos de aquela época.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Mércores, 14 de Novembro do 2007 |
Convocatória de prazas de profesorado interinoA Consellaria de Educación de Castela e León convoca mediante Resolución de 8 de noviembre de 2007, de la Dirección Provincial de León con carácter rexional, proceso para a elaborazón de listas ampliadas de aspirantes a ocupar postos docentes en rexime de interinidade na especialidade de galego, pertencentes ao Corpo de Mestres. A resolución acompaña-se dos anexos solicitude e beremo O prazo de solicitude finaliza o dia 17 de Dezembro |
|
Ler máis...
|
|
|
Luns, 05 de Novembro do 2007 |
NOVA QUEIXA SOBRE O ESTUDO DO GALEGO NO INSTITUTO EUROPA DE PONFERRADA ANTE O PROCURADOR DO COMÚN.A Asociación Cultural Fala Ceibe (
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
) do Bierzo enviou este verán de 2007 unha queixa á Oficina do Procurador do Común de Castela e León sobre certas irregularidades detectadas no ensino da lingua galega no instituto "Europa" de Ponferrada. A queixa concreta respecto ao instituto "Europa" referíase a que na documentación de matriculación ignorábase a opción de poder estudar a materia de Xeografía e Historia dos cursos de segundo, terceiro e cuarto de ESO en lingua galega. Denunciamos que non se ofrecese expresamente na documentación aos afectados, alumnado, pais e nais, a posiblidad de optar polo ensino voluntario de galego. Ao non haber un lugar expreso na documentación para optar libremente pola devandita materia, obrígase aos demandantes de galego a indicar en calquer lugar da documentación de matriculación o seu desexo de optar polo estudo de devandito idioma. |
|
Ler máis...
|
|
|
Luns, 05 de Novembro do 2007 |
A SELECCION GALEGA DE BILHARDA CAMPIOA NO CAMPIONATO INTERNACIONAL CANTÁBRICOA Final tivo lugar na localidade Eunaviega de Castrilhom, entre as seleciois asturiana e galega, sendo a final gaña pola equipa galega. Varios membros da equipa Astura queixaron-se do erro de escoller uha localidade eunaviega como lugar de encontro da final, mas a cousa tinña a sua lóxica cuando a equipa asturiá estava composta de xeito fundamental por eunaviegos. |
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
|
| Resultados 71 - 80 de 156 |