|
Visitas Totais |
|
Visitantes: 1029777
|
|
Visitantes |
|
Temos 10 convidados conectados |
|
|
|
Venres, 05 de Outubro do 2007 |
A COOPERACIÓN INTERINSTITUCIONAL POLO GALEGO-BERCIANO,Por Xabier Lago Mestre, Presidente da Asociación Cultural Fala Ceibe do Bierzo.
A rexión berciana está arrodeada de territorios con fortes identidades culturais, razón pola cal recibiu influencias variadas ao longo da historia. Esas relaciois interterritoriais posibilitaron a existencia de tres linguas n´O Bierzo, a saber, castelá, ástur-llionesa e mailo galega. Alguis din que este último idioma pervive no occidente pola continuada inmigración de Galiza. O certo é que a diversa documentación medieval en galego dos mosteiros locais, así como o seu uso popular por unha comunidade de 35000 falantes, determinan a súa peculiar caracterización territorial e propia d´O Bierzo. Neste sentido pouco importa que este idioma se fale mellor ou peor, con máis ou menos castelanismos, se saiba escribir ou non, o seu dialectismo interno e demais. O único certo é que filoloxicamente o que falamos é galego.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Luns, 01 de Outubro do 2007 |
AS MEDIDAS TRADICIONAIS DA REXIÓN BERCIANA,Por Xabier Lago Mestre, Presidente de Fala Ceibe do Bierzo. As unidades de lonxitude ben poden ter a súa orixe nas de tipo antropométrico, pola súa relación coas dimensiois do corpo humano. Así temos as derivadas do pé, cóbado, man, dedos, pulgadas, etc. Tamén hai medidas equivalentes a acciois que podían realizar as persoas, é dicir, a distancia percorrida nun día, ou a cantidade de produto que se podía transportar e demais. Outras medidas tiñan que ver cos traballos que facían os animais (bueis, cabalos, mulas...) en colaboración coas persoas (superficie que araban por día...). |
|
Ler máis...
|
|
|
Mércores, 26 de Setembro do 2007 |
A ESPECIFICIDADE INSTITUCIONAL BERZIANA, Por Xavier Lago Mestre, Presidente da Associaçom Fala Ceive falaceibe@yahoo.és Continua o processo de reforma do Estatuto de Autonomia de Castela e Leom no Congresso dos Deputados. Um dos temas de debate é a ordenaçom, e concretizando mais o reconhecimento institucional do Berzo. Na proposta de reforma estatutária, aprovada polas Cortes regionais, já se incluía no preâmbulo a mençom "reconhece a pluralidade e singularidade dos seus territórios, entre os que se atopan realidades como a Comarca do Berzo cumha prolongada trajectória institucional (...)" |
|
Ler máis...
|
|
|
Luns, 24 de Setembro do 2007 |
Denuncian perante o Consello de Europa que o Estado vulnera dereitos lingüísticosO Observatorio de Dereitos Lingüísticos, Behatokia e o Observatori de la Llengua afirman que non se está a cumprir a Carta Europea das Linguas. Representantes das tres entidades reuníronse este xoves en Madrid cunha delegación do Comité de Expertos do Consello de Europa encargado de avaliar o cumprimento da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minorizadas. O Observatorio de Dereitos Lingüísticos, Behatokia e o Observatori de la Llengua denunciaron a “nula iniciativa” do Estado Español de cara a que se cumpran as directrices da Carta. |
|
Ler máis...
|
|
|
Luns, 24 de Setembro do 2007 |
Expertos do Consello de Europa interesan-se por avaliar a situación do galego no Bierzo O 11 de setembro unha delegación do Consello de Europa encargada de vixiar o cumprimento da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias reuniuse na Casa de Europa de Compostela cun grupo de representantes da asociación berziana irmá Xarmenta, encabezado polo seu secretario, Rafael Adán. Tras darlles a coñecer a presenza da lingua galega nesa zona da provincia de León e informalos das principais actividades da asociación, comentáronlles os principais atrancos, no tocante aos aspectos tratados na Carta, cos que se atopa o proceso de normalización na zona.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Luns, 24 de Setembro do 2007 |
AS GRANDES ÁRBORES DO BIERZO,Por Xabier Lago Mestre A beleza da rexión berciana no seu conxunto, velaí as serras que nos arrodean onde salientan as máis altas montañas, os regueiros e mais os ríos que percorren os nosos vales e comarcas, empecen ás veces ver outras fermosuras non menores. Así, cando nos metemos nun souto, entre tantos castiñeiros, non chegamos a comprender a importancia dos máis vellos exemplares arbóreos. Hoxe descubrimos a súa singularidade da man de Santiago Castelao Diñeiro, autor do libro "Castaños monumentales del Bierzo. Tradición y Cultura" (2007). Este amante da natureza berciana amósanos a súa completa visión de todo o relacionado coa cultura castiñeira. No seu breve libro, de 95 páxinas, comeza co análise das máis importantes árbores da rexión. Nas súas fotos apreciamos a impoñente altura do castiro O Campano, cos seus 29 metros, sito en Vilar de Aceiro, o impresionandte perímetro do tronco da pena do Subeiro (Gümil), ou a carocha aberta no castañeiro do Mallo (Hermide), e así outros tantos, ata un total que fain 20 exemplares únicos, a cal máis fermoso. |
|
Ler máis...
|
|
| | << Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
| | Resultados 81 - 90 de 156 | |
|
|
|
|