|
Visitas Totais |
|
Visitantes: 1399122
|
|
Visitantes |
|
Temos 11 convidados conectados |
|
|
|
Xoves, 06 de Marzo do 2008 |
POLO SISTEMA ELEITORAL BERZIANO
Por Xabier Lago Mestre (entrega nº dous) Seguimos coa análise das propostas que desde O Bierzo facemos á reforma da actual Lei do Consello Comarcal. Un dos temas máis controvertidos, a nivel político, é o da modificación do sistema eleitoral dos membros do Consello Comarca Berziano. O debate dialéctico agudíza-se ao se tratar o aspecto da eleición directa ou indirecta dos representantes berzianos. Os defensores da opción política a favor da actual eleición indirecta, seguindo o modelo das deputazois, non están dispostos a aprofundar na democracia participativa que supón a alternativa da eleición directa. |
|
Ler máis...
|
|
|
Luns, 03 de Marzo do 2008 |
SOBRE BILINGÜES E BILINGÜISMO (autorizada a reproduçom polo autor) Artigo do Presidente da AGAL : Alexandre Banhos Galicia Bilingue... Llevemos adelante una cruzada para defender que el español es nuestro idioma..... el gallego para qué? eso sobra, libertad si, no a su imposición. (Vigo Fevereiro 2008 Centro Cultural Caixanova) Eis a mensagem bem concisa e a(s) ideia(s) clara(s) e de jeito bem preciso Essa é a mensagem que está no lado escuro da associaçom Galicia Bilíngue, esse é o empático nome que o Partido Popular está usando, logo do fracaso de outras siglas, para mobilizar as bases mais reaccionárias e espanholistas, nom tanto na Galiza, senom também no resto do estado, pois a mensagem subliminal que leva o nome e o discurso que se acompanha, serve para amossar as ameaças que por aqui e a conta do idioma padece a sacrossanta unidade de Espanha, como diria o cardeal arcebispo de Madrid D. Rouco Varela; e todo isso contra unha política linguística do governo galego que infelizmente nom é muito diferente, que a própria que o Partido Popular véu desenvolvendo, durante os últimos quinze anos, no governo autonómico da Galiza. |
|
Ler máis...
|
|
|
Martes, 26 de Febreiro do 2008 |
CONTINÚAN Os PROBLEMAS DA LINGUA GALEGA NO INSTITUTO EUROPA
Por Xabier Lago Mestre, Presidente de Fala Ceive do Berzo. A Asociación Cultural Fala Ceive do Berzo de novo denúncia ao público os problemas da implantación normalizada do ensino da lingua galega no instituto Europa de Ponferrada. A nosa asociacion recebeu mais unha vez denuncias de membros da comunidade escolar de devandito centro, xa que preferen non dar a cara ante os medios de comunicación para evitar agravar o conflito educativo coa dirección do instituto. Agora ben, esta postura pública non impediu às mais e aos pais afectados acudir coas suas queixas ás autoridades educativas superiores.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Mércores, 20 de Febreiro do 2008 |
A TERRITORIALIDADE REXIONAL D’O BIERZO,
Por Xabier Lago Mestre, Presidente da Asociación Fala Ceive. Os políticos anunciáron-nos que en 2008 vai-se reformar a Lei do Consello Comarcal d’O Bierzo . Non é a primeira vez que prometen isso, mas os berzianos temos a necesidade de confiar de novo en que nesta ocasión si van a sério. Resulta conveniente iniciar canto antes o longo debate reformador para facer propostas ben acaídas as peculiaridades d'O Bierzo, e facermos iso desde O Bierzo. Nesta primeira entrega de artigos entramos na análise do modelo territorial que precisamos.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Venres, 15 de Febreiro do 2008 |
ESCREVE O ABECEDARIOProposta virada para “jogar com a literatura”
PGL – Em seu dia lançou o Cadáver Esquisito "Há umha certa luz incompreensível na distáncia"?, agora o escritor Ceive Igor Lugris, desde o Berzo, lança para o berzo e lém do mesmo um desafio: Escreve o abecedário!, iniciativa virada para “jogar com a literatura” de uma maneira bem simples: “escrever umha série de textos, com vontade literária, que contenham só palavras que comecem sempre pola mesma letra. E também, se és capaz ou queres tentá-lo, textos que contenham palavras que comecem por cada umha das letras do abecedário e colocadas obrigatoriamente por orde alfabética.” |
|
Ler máis...
|
|
|
Mércores, 06 de Febreiro do 2008 |
TEATRO DE NINGURES (RECENTE PRÉMIO MAX) APRESENTA EM PONFERRADA A SUA OBRA "EMIGRADOS"  Mais um ano, volta o ciclo de Teatro 'Lenguas a Escena', que organiza a Escola Oficial de Idiomas de Ponferrada, em colaboraçom com o Teatro Bergidum, de Ponferrada. Neste ciclo, representam-se no Teatro obras nas diferentes línguas que podem ser cursadas na EOI, a um preço especial de só 3 euros a entrada. As representaçons som às 19.00h., agás a de língua galega, que tem lugar no horário habitual de representaçom, às 21.00h., dado que a direcçom do Teatro entende que é umha obra que pode ser vista sem nengum tipo de problemas, polo público habitual da sala. O que nom se entende é que se realmente acredita em que isso é assim, porque é que nom programa esse Teatro mais obras na nossa língua, também língua autóctone do Bierzo, ao longo do ano? Mas bom, isso é outro cantar, ou contar. |
|
Ler máis...
|
|
| | << Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
| | Resultados 91 - 100 de 190 | |
|
|
|
|