|
Visitas Totais |
|
Visitantes: 1399103
|
|
Visitantes |
|
Temos 34 convidados conectados |
|
|
|
Novas
|
Fala Ceive
|
|
Venres, 30 de Decembro do 2011 |
|
O PROGRAMA PARA A PROMOMOCIÓN DO IDIOMA GALEGO CUMPRE DEZ ANOS, Polo coletivo cultural Fala Ceibe do Bierzo. O coletivo cultural Fala Ceibe do Bierzo dirixe-se aos meios e à opinion pública em xeral para informar sobre o ensino do galego. Neste curso 2011-2012 que acaba de comezar cumprem-se dez anos desde a implantazon do Programa para a Promoción do Idioma Galego. Ao longo destes anos produziu-se um notábel acrescemento do número de alunos matriculados em dito Programa na maioria dos centros educativos de secundária que o dam (IES Pai Sarmiento de Villafranca, IES Bergidum Flavium de Cacabelos, IES Europa de Ponferrada e IES Virxe da Aziñeira de Ponferrada), o que demonstra un crescente interese de pais e alunos por este Programa. Con tudo, este incremento vê-se ensombrecido pelo notábel descenso e até auséncia de alunado no primeiro ciclo da E.S.o no IES de Vilafranca. |
|
Ler máis...
|
|
|
Fala Ceive
|
|
Sábado, 24 de Decembro do 2011 |
Um Bom Natal e Feliz 2012!!!!!  http://blip.tv/file/4420406/ |
| |
|
|
Outras novas
|
|
Luns, 26 de Setembro do 2011 |
|
O vídeo é para nom perder, e apresenta a realidade da língua nossa -que é originária dum território que voa sobre as fronteiras de Javier de Burgos, quem nunca ao estabelecer as provincias tentou definir realidades regionais ou de outro tipo. |
|
|
Novas do galego das Asturias
|
|
Luns, 26 de Setembro do 2011 |
AS MENTIRAS DA PLATAFORMA EU-NAVIEGA XEIRA Mienten descaradamente en un panfleto de esa Plataforma Liderada pola asociación Xeira e como suposta resposta al proxecto da Federación de Asociaciois del Eo-Navia, lanza á rede e á prensa un panfleto feito sen ningún rigor. É chamadeira a utilización del xentilicio "eonaviega", termo tan odiado por esta xente e que solo se entende desde un control férreo por parte dos dirixentes da Academia da Lingua Asturiana. |
|
Ler máis...
|
|
|
Achado na imprensa
|
|
Xoves, 22 de Setembro do 2011 |
|
A REFORMA CONSTITUCIONAL DE ZAPATERO. por Alexandre Banhos Desde a aprovação da Constituição em vigor no estado espanhol, a do ano 1978, foram muitas as vozes e os temas onde segundo o melhor dos sentires públicos, havia que entrar a reformar. Não esqueçamos uma cousa, que infelizmente é desconhecida polas novas gerações. No pacto constitucional entre as forças do franquismo e as progressistas e nacionalistas (a chamada transição), o texto finalmente referendado tinha um caráter de mínimos, e assim era como se apresentava de cara a se obterem o máximo de apoios para o texto que finalmente veio à luz, que foi fruto mais do trabalho duma pequena comissão, que do Congresso constituinte. Durante todo o processo da sua elaboração foi utilizada a ameaça militar, como jeito de travar qualquer avanço que fosse para termos um estado onde o respeito e a igualdade entre as nações que o formam fosse um elemento fulcral de entendimento, de maneira que esse acordo logicamente tivesse em conta tudo aquilo que é o pouso duma velha e comum história, mas partindo duns mínimos de respeito mútuo democráticos. Aprovada a Constituição, pouco a pouco o trabalho das forças estatais foi a de sacralizar o texto. Além disso, o dificultoso da sua reforma em aspectos fulcrais e que eram de mais difícil consenso social – monarquia (Lei de sucessão franquista), prevalência da nação castelhana etc. – e que sob o rígido sistema de reforma do artigo 168 do título X do texto Constitucional, na prática impossibilitavam-se mudanças e fazia que o texto aparece-se como essa peça sagrada e imutável onde não se poderia mexer.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Fala Ceive
|
|
Martes, 09 de Agosto do 2011 |
|
O Bierzo xá http://sites.google.com/site/obierzoxa/ Nom deixedes de boatr de quando en vez alo umha olhadela |
|
|
Fala Ceive
|
|
Xoves, 30 de Xuńo do 2011 |
DEMANDAS SOBRE O ENSINO DO GALEGO NO BIERZO.colectivo cultural berziano : Fala Ceive Fala Ceive está a receber denúncias de pais, mais e alunado sobre coaciois para que non se pida a matéria de língua galega nos institutos de secundária. Chegaram-nos declaraciois de que isto está a acontecer no instituto de Vilafranca do Bierzo. Certos servidores públicos tratam de desinformar e confundir aos possíveis demandantes de galego. Asim indicam que a matéria de galego é mui difícil, que o seu estudo produz confuson à hora de aprender castellano e galego, e o pior de tudo, que o programa de galego está a ponto de desaparecer, e se vai desaparecer para que comeza-lo. |
|
Ler máis...
|
|
|
Fala Ceive
|
|
Xoves, 30 de Xuńo do 2011 |

ENVIA O TEU PROTESTO AOS IES DO BIERZO.
As diretivas galegofobas e grupos de profesores traballan para que non se estude a materia da nosa língua galega nos seus centros ¡CUMPRE A TUA AXUDA!. Eis webs e endereços para te pores em contato e deixar o teu protesto e queixa
Entra nas webs dos seguintes IES de Vilafranca do Bierzo: http://iespadresarmiento.centros.educa.jcyl.es/sitio/
IES de Cacabelos: http://iesbergidumflavium.centros.educa.jcyl.es/sitio/ IES Europa de Ponferrada: http://ieseuropa.centros.educa.jcyl.es/sitio/
Clica na icona "CONTACTO" para deixares a tua queixa sobre a oferta da matéria de língua galega.
TAMÉN PODES ENVIAR O TeU CORREiO ELECTRÓNICO aos seguintes centros berzianos:
Bergidum Flavium de Cacabelos
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
Padre Sarmiento de Vilafranca del Bierzo
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
Virgen de la Encina de Ponferrada
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
Europa de Ponferrada
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
Grazas polo voso apoio solidário
O Bierzo, xuño de 2011. |
|
|
Fala Ceive
|
|
Xoves, 19 de Maio do 2011 |
| IRMANDINHOS BERZIANOS e COMUNEROS LEONESES. | | | Por Xabier Lago Mestre, Presidente do coletivo Fala Ceive do Bierzo. O 23 de abril celebra-se a festa da C. A. de Castela e Leon comemorando a derrota da revolta dos Comuneros de Castela en 1521. Este acontecimento histórico serve-nos para reflexionarmos sobre o seu eco no Bierzo. A revolta comunera castelã non parece ter tido excesiva importáncia no noso territorio periférico. Defendemos esta tese de acordo com a falta de dados nas fontes históricas sobre esa revolta. Todo o contrario se pasa coa presenza dos irmandinhos no Bierzo. Os dados achados explicam a grande implicación dos berzianos na revolución irmandinha, non só iso, nalguns aspetos, o Bierzo foi um território fulcral desa revolución burguesa galaica, e por contraste estan ausentes ou muito minimizados os dados da participación no movimento comunero de Castela. | |
|
Ler máis...
|
|
|
Fala Ceive
|
|
Xoves, 19 de Maio do 2011 |
|
Eis um lugar cheio de interesse http://sites.google.com/site/obierzoxa/ |
|
|
Fala Ceive
|
|
Luns, 11 de Abril do 2011 |
|
PROPOSTAS ELEiTORAIS SOBRE O IDIOMA GALEGO PERANTE AS ELEICIOIS AUTONÓMICA E LOCAIS DE MAIO DE 2011. O colectivo cultural Fala Ceibe do Bierzo Apresenta diversas propostas sobre a língua galega aos partidos políticos. Ante a próxima celebración das eleiciois autonómicas e municipais, de maio de 2011, este colectivo elaborou un informe con medidas para a protección e o fomento do idioma galego do Bierzo. O obxetivo é que os partidos políticos asuman estas iniciativas culturais como próprias e que as integren dentro dos seus respeitivos programas eleitorais. O informe divídese en tres apartados dirixidos a distintas instituciois: 1º Consello Comarcal, 2º concellos e xuntas pedáneas, e 3º Comunidade Autónoma de Castela e León.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Fala Ceive
|
|
Sábado, 12 de Marzo do 2011 |
O passado 1 de Março estivo no Facho (Crunha) o vozeiro do colectivo “Fala Ceive” de Ponferrada, Xavier Lago Mestre, para nos falar sobre: “A Cultura galega na Regiom do Berzo - Os processos de Resistência lingüística estremeira” dentro do ciclo, Língua, Literatura e Naçom. O colectivo Fala Ceive tem participado em variadas actividades vindicativas em prol da língua e cultura galega no Berzo: celebraçom do Dia das letras galegas, recolhida de livros galegos para as bibliotecas municipais e escolares, demanda do ensino do galego nos centros escolares, reconhecimento legal da língua galega no Estatuto de Autonomia de Castela e Leom, e na Lei da Comarca do Berzo (2010), recuperaçom do sinal da TVG digital. Esta conduta em defesa de um dos direitos humanos mais fulcrais, o de ser, trai consigo no Berzo a perseguiçom e o acosso. E um só pode ser na liberdade e na cultura, na cultura que lhe própria, que lhe é de seu. |
|
Ler máis...
|
|
|
Fala Ceive
|
|
Mércores, 02 de Marzo do 2011 |
|
   
BASES GALEGUEIRAS DO COLECTIVO FALA CEIBE DO BIERZO. Un proxeto, polo que Fala Ceive trabalhou incansavelmente e para o que fixeramos públicas as bases para un acordo, agora já é umha realidade. lembrams o que era a base e cer ne do projeto | | |
Un grupo de asociacióis lingüísticas de Castela e León pretenden a creación dunha Plataforma de Asociaciones en Defensa del leonés y el gallego. Para a súa posta en práctica se quere fixar un manifesto fundacional. O colectivo cultural Fala Ceibe do Bierzo pretende animar ese debate amosando as nosas chamadas Bases Galegueiras. Como presuposto previo, este colectivo berciano declara que hai grandes diferencias reivindicativas entre as diversas asociacióis lingüísticas de Castela e León. Diverxencias que deberán ser previamente conciliadas con naturalidade para favorecer a unidade de acción nesta Comunidade Autónoma. |
|
|
Ler máis...
|
|
|
Fala Ceive
|
|
Mércores, 02 de Marzo do 2011 |
O BIERZO NA PERIFERIA DA GALIZA. 
Por Xabier Lago Mestre, Presidente do colectivo Fala Ceibe do Bierzo.
Os habitantes do Bierzo sentimos o que ben podemos chamar identidades complementares. Estamos dentro da Comunidade Autónoma de Castela e León, pertencemos á provincia de León, vivimos na rexión do Bierzo, declarada legalmente coma Comarca, e moitos sentímonos galegos tamén, pois non esquezamos que durante séculos o Bierzo foi uma parte mais da Galiza. Froito do cal xorde unha identidade colectiva complexa, castelá, leonesa, galega e berziana. Por suposto, nin que dicir ten que prima o sentimento bercianeiro sobre os demais. |
|
Ler máis...
|
|
|
Fala Ceive
|
|
Martes, 25 de Xaneiro do 2011 |
IDIOMA GALEGO PADRÓN E DIALECTISMO NO BIERZO Por Xabier Lago Mestre , do colectivo cultural Fala Ceibe do Bierzo. Hai uns días volvín falar co meu bon amigo Santi, o de Vilafranca, a persoa que máis sabe da historia local e da natureza do Bierzo oeste. Espetou, na nosa conversa telefónica, que el aposta pola fala berziana. Como fundamento desa declaración, dixo que el sempre busca as palabras locais no dicionario galego que lle regalei e que nunca as atopa salvo no www.estraviz.net. Outro día vexo na internet unha recompilación de termos, da comarca da Somoza berciana, feita por Ismael Poncelas, o cal anima, no seu escrito, á Real Academia Galega a recuperar esas verbas para o seu dicionario. |
|
Ler máis...
|
|
|
Fala Ceive
|
|
Martes, 18 de Xaneiro do 2011 |
AREA COMERCIAL DE PONFERRADA E O BIERZO
por Xabier Lago Mestre. Os habitantes da rexión berziana comprobamos a diário o poder de atración comercial, interno e externo, da cidade de Ponferrada. Os últimos estudos económicos reafirman esta ideia popular. O recente Anuário económico de La Caixa de 2010 resalta un ano máis o poder comercial centrípeto de Ponferrada. Partindo de que a cidade de Ponferrada ten 68736 habitantes, o citado estudo considera que a chamada Área comercial da capital berziana exerce a sua influéncia sobre outros 104.167 habitantes máis. A chamada gravitación direta de Ponferrada abranxe todos os municípios do Bierzo. Pero é que a sua influéncia comercial chega a outras comarcas viciñas, de León, Ourense, Lugo e as Astúrias. Asi incluímos os municípios de Villablino (10660 habitantes e a 66 km.), O Barco de Valdeorras (14213 h. e 43 km.), Rubiá (1585 h. e 37 km.), Carballeda de Valdeorras (1870 h. e 51 km.), Pedrafita (1298 h. e 49 km.), Becerreá (3250 h. e 76 km.), As Nogais (1381 h. e 67 km.) e Degaña (1233 h. e 84 km.). |
|
Ler máis...
|
|
|
Fala Ceive
|
|
Luns, 17 de Xaneiro do 2011 |
A RENACENCIA GALEGUEIRA NA REXIÓN DO BIERZO. A RENACENCIA GALEGUEIRA NO BIERZO,Por Xabier Lago Mestre, Presidente do colectivo cultural Fala Ceibe do Na Comunidade Autónoma de Galiza aínda segue sendo abraiante que haxa bercianos que reivindicamos a lingua galega máis aló do porto de Pedrafita. O certo é que dende as últimas décadas do século anterior hai un novo pulo social a prol da protección do galego.
Primerio foi a demanda de ensino do galego nos centros escolares da bisbarra. Moito houbo que bater nas portas da Junta de Castela e León para termos a autorización final. Froito dese traballo reivindicativo foron as primeiras resolucióis a prol do ensino do galego no Congreso dos Deputados (1997) e nas Cortes de Valladolid (2000). E aínda tivemos que agardar ata a sinatura do convenio de colaboración entre os Gobernos autonómicos de Galiza e de Castela e León (2001) para ter ensino do galego no curso seguinte. Hoxe a aprendizaxe deste idioma medra paseniño en todos os niveis educativos, agás na universidade. |
|
Ler máis...
|
|
|
Fala Ceive
|
|
Luns, 20 de Decembro do 2010 |
ADMITIDO O IDIOMA GALEGO NA LEI DA COMARCA DO BIERZO.O colectivo cultural Fala Ceive do Bierzo informa à cidadania sobre o recoñecimento definitivo do idioma galego na Lei da Comarca do Bierzo. Na passada terça-feira, a Comissão de Interior e Justica das Cortes de Castilla e León, admitiu uma emenda a favor desta língua galega. De forma unânime, os três partidos parlamentares, PP, PSOE e grupo misto, aprovaram o seguinte texto: "Na Comarca do Bierzo gozará de respeito e protecção a língua galega nos lugares em que habitualmente se utilize. A Comunidade de Castilla e León facilitará a participação da Comarca do Bierzo nas actuações que realize para a promoção da língua galega em seu âmbito territorial".
|
|
Ler máis...
|
|
|
Fala Ceive
|
|
Mércores, 17 de Novembro do 2010 |
RECUPERACIÓN DA TOPONIMIA GALEGO-BERCIANA POLOS CONCELLOS, Xabier Lago Mestre, Presidente do colectivo Fala Ceibe do Bierzo. Os municipios da rexión berziana teñen un rico patrimonio lingüístico en galego-berciano que non é suficientemente valorado polos seus concellos. Esta falta de conciencia política sobre a necesidade da súa protección está a posibilitar a súa perda. Convén lembrar que os concellos están obrigados a cumprir coa legalidade vixente, por iso háque reclamar-lles que executen os mandatos lingüísticos da Constitución Española (artigo 3.3, "A riqueza das distintas modalidades lingüísticas de España é un patrimonio cultural que será obxecto de especial respecto e protección"), coa Carta Europea de Linguas Rexionais ou Minoritarias e co propio Estatuto de Autonomía de Castela e León (art. 5.3, "Gozará de respecto e protección a lingua galega nos lugares en que habitualmente se utilice"). Esta normativa lingüística obriga a todas as administracións públicas, incluídos os concellos bercianos. A falta de conciencia política, respecto da necesidade de protección da lingua galego-berciana, está a permitir a súa perda parcial na nosa rexión. Estamos a falar do idioma galego que ten un carácter territorial, histórico e tradicional no Bierzo ocidental. O galego non foi recoñecido como oficial pero isto non impide unha actuación pública a favor destoutra lingua propria por parte dos entes locais, a saber, Comarca do Bierzo, municipios e pedanías. Isto poderíase facer no tema da recuperación da toponimia maior e menor, de maneira progresiva e con baixo custo material e económico, se se levar a cabo mediante a cooperación interinstitucional.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Fala Ceive
|
|
Venres, 15 de Outubro do 2010 |
PRESENTADAS EMENDAS A PROL DO GALEGO NA REFORMA DA LEI DA COMARCA DO BIERZO. O colectivo cultural Fala Ceibe do Bierzo informa, de que foron apresentadas dúas emendas sobre o recoñecemento do idioma galego na Lei da Comarca do Bierzo. O Partido Popular e o Grupo Mixto nas Cortes de Castela e León elaboraron as súas emendas a favor da lingua galega. Con todo sentimos a actitude política do Partido Socialista que ignorou calquer referéncia a este idioma na totalidade das suas 61 emendas. A emenda do Partido Popular indica que "a Comunidade Autónoma de Castela e León facilitará a participación da Comarca do Bierzo nas actuacións que realice para a promoción da lingua galega no seu ámbito territorial". Resulta pois, lóxico referirse á cooperación interinstitucional entre a Xunta autonómica e a Comarca berciana en materia lingüística respecto do galego.
|
|
Ler máis...
|
|
| | << Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Seg. > Remate >>
| | Resultados 1 - 25 de 202 | |
|
|
|
|