Início arrow Novas
    
Menu Principal
Início
Quen somos e facemos
Contactar connosco
Arquivo
Forum do Sil
Novas
Ligazons
Imaxes
Blog de Fala Ceive
CiberIrmandade
Visitas Totais
Visitantes: 650535
Visitantes
Temos 1 convidado conectados


Novas
Históra xornalística berziana PDF Correo-e
Fala Ceive
Mércores, 26 de Novembro do 2008

A HISTORIA DOS XORNAIS BERCIANOS



Por Xabier Lago Mestre , Presidente de Fala Ceibe d´O Bierzo.



Vén de saír á rúa un novo libro de Santiago Castelao Diñeiro. Este autor ten xa varias publicacióis sobre fotografías de Vilafranca, o refraneiro berciano e mailas árbores singulares. Nesta ocasión descúbrenos a “Historia de la Prensa en El Bierzo”. De xeito sinxelo fai un rápido repaso polos xornais que se editaron na rexión berciana. Unicamente Santiago podería realizar este traballo, só el se preocupou de recompilar todas esas publicacióis de tanto valor histórico no seu arquivo privado.


Ler máis...
 
poesia para ver e para ler PDF Correo-e
Outras novas
Mércores, 26 de Novembro do 2008

para Ver/Ler em Compostela

 

 

 

Já levavamos tempo anunciando que a exposición "poesia para Ver/poesia para Ler" chegaria a Compostela. E agora podemos concretar datas. Do 27 de Novembro ao 27 de Dezembro, estará no Centro Social O Pichel, o local da Gentalha do Pichel. (a ver quando em Vila-Franca e Ponferrada, chegará)


 

Ler máis...
 
Preconceitos e prexuizos linguísticos PDF Correo-e
Fala Ceive
Sábado, 15 de Novembro do 2008

Prexuízos lingüísticos na rexión berciana

Xavier lago Mestr, Presidente de Fala Ceibe

A convivencia interlingüística na rexión d´O Bierzo non sempre se analiza coa obxectividade que precisamos. Velaí a necesidade de analizar esta cuestión idiomática baixo distintos puntos de vista, de cara a termos máis datos que nos axuden a resolver esta problemática actual. A seguir  veremos os que consideramos prexuízos lingüísticos, algúns tan asimilados socialmente aínda, para desmontar a súa débil argumentación.

 

Ler máis...
 
IV Ediçom da Escola Fermin Penzol no Eu-Návia PDF Correo-e
Novas do galego das Asturias
Mércores, 05 de Novembro do 2008

IV ESCOLA DE FORMAÇOM PERMANENTE FERMÍN PENZOL

 
Vai desenvolver os seus trabalhos no Auditório de Riba d'Eu (A Marinha/Eu-Návia), os dias  7 e 8 de Novembro de 2008
 
A sexta 7 de Novembro 


às 17H00  abertura da IV Escola de Formaçom Fermín Penzol por  Fernando Suárez, alcaide de Riba d'Eu e Xosé-Henrique Costas, da Universidade de Vigo, coordinador da Escola Fermín Penzol

 

Ler máis...
 
Lenguas a Escena PDF Correo-e
Fala Ceive
Mércores, 29 de Outubro do 2008

A Língua galega nos cenários de Ponferrada

Por Igor Lugris, membro de Fala Ceive

Mais um ano, volta o ciclo de Teatro 'Lenguas a Escena', que organiza a Escola Oficial de Idiomas de Ponferrada, em colaboraçom com o Teatro Bergidum, de Ponferrada.
Neste ciclo, encenam-se no Teatro obras nas diferentes línguas que podem ser cursadas na EOI, a um preço especial de só 3 euros a entrada. As representaçons som às 19.00h., agás a de língua galega, que tem lugar no horário habitual de representaçom, às 21.00h., dado que a direcçom do Teatro entende que é umha obra que pode ser vista sem nengum tipo de problemas, polo público habitual da sala. 
Ler máis...
 
O galego do Bierzo non limita coas nosas fronteiras, PDF Correo-e
Fala Ceive
Venres, 17 de Outubro do 2008

O DIALECTISMO COMARCAL BERCIANO AFASTADOR

 


Por Xabier Lago Mestre , Presidente de Fala Ceibe

A normalización social do idioma galego na rexión berciana ten ainda a resistencia dos defensores do dialectismo comarcal. Estes alegan que a lingua normalizada que vén de Galiza é allea ao que falan acotío. Dende logo que hai diferenzas entre o galego-berciano comarcal e o galego estándar, no léxico, fonética e morfosintaxe. Pero a realidade é que esas diferenzas teñen o mesmo valor filolóxico que o resto do dialectismo que poidamos atopar nas comarcas da Comunidade Autónoma de Galicia. Os falantes do idioma galego do noroeste peninsular sabemos da necesidade que había de fixar unha variedade supradialectal, a cal agora temos na dita normativa do galego. Precisamos dun idioma común, superador das diferenzas dialectais galegas, para evitar confusiois lingüísticas, propias das particularidades das falas dos distintos territorios. O idioma galego moderno debe facilitar ao máximo a comunicación e a comprensión entre os seus falantes. A falla da actual normativa do galego provocaría entre os diversos falantes problemas para entendermos, a nivel oral e escrito, entre os habitantes dos Ancares bercianos, A Mariña luguesa, Baixo Miño, A Fisterra e demais.
Ler máis...
 
O Berzianismo Político coa Língua Galega PDF Correo-e
Outras novas
Venres, 03 de Outubro do 2008

O BERCIANISMO POLÍTICO CO IDIOMA GALEGO,

Por Xabier Lago Mestre, Presidente da asociación Fala Ceibe do Bierzo.
  1. O BILINGÜISMO REXIONAL.-

    A situación estratéxica da nosa rexión, entre territórios con fortes identidades políticas e culturais, favoreceu a influencia secular destas n'O Bierzo.

    Como singularidade cultural máis destacada temos a presenza de tres idiomas, o castelán, o galego e o asturo-leonés (os dous últimos orixinários da rexión e muito próximos entre sin, como quase co-dialectos, e o castelán praticamente imposto no século XX).

Ler máis...
 
Nom as desfeitas do ambiente da nossa contorna PDF Correo-e
Fala Ceive
Mércores, 01 de Outubro do 2008

SALVEMOS A SERRA DE LASTRA!!!

A nova auto-estrada que se anda a projectar de Ponferrada ao Barco/Ourense, desenha-se para que por onde ela passar, pois que tem que ser umha desfeita. O impacto ambiental por estes pagos toma-se a chiste, eis a informaçom que via Made in Galiza, chega sobre a construçom de esta nova "infraestrutura" Ponferrada-Ourense, que segundo Tourinho, (esse homem, vai colocar-se na vanguarda das infraestruturas nom só no estado, mas em toda Europa), e o seu colega  José Ramon Corral vai-nos fazer lideres de infraestruturas na Europa.

Ler máis...
 
As searas comunais nos montes bercianos PDF Correo-e
Fala Ceive
Xoves, 18 de Setembro do 2008

AS SEARAS COMUNAIS NOS MONTES BERCIANOS

por Xavier Lago Mestre Preasidente de fala Ceive

Na economía rural  berciana tivo moita importancia a explotación do monte, como achega complementaría de recursos para as familias das aldeas das zonas altas. Durante séculos os veciños acudiron ao monte para acadaren variados produtos agrarios, gandeiros e forestais. Foi nas décadas do 60 e 70 do século XX cando a explotación comunal dos montes se  desmoronou por mor da emigración de xentes cara a Madrid, Catalunya, Euscadi e demais.

Ler máis...
 
Muitos nenos e nenas berzianos que querian non van ter galego PDF Correo-e
Fala Ceive
Martes, 16 de Setembro do 2008

MAIS DE MIL MAIS E PAIS SOLICITARON O ESTUDO DO GALEGO

 Tive lugar en Valladolid, a reunion da Comissón Mista de seguimento do convénio do ensino do galego. Segundo a Consellaria de Educación da Junta de CyL, este ano  solicitáron o estudo da língua galega os pais e mais de mais de mil crianzas de Infantil e de Primária no Berzo e na Seabra.

Infelizmente o ensino da lingua galega, própria do Berzo, depende da disponibilidade e do critério dos centros, e infelizmente son ainda muitos os centros onde se pon todo tipo de trabas, alén das que que a legalidade exixe, para ofertar a língua galega, ou a informaçción sobre ela, agacha-se como reiteradamente vimos denunciando publicamente desde Fala Ceive.

Ler máis...
 
Um Ceive no jornal Galicia Hoje PDF Correo-e
Outras novas
Xoves, 04 de Setembro do 2008

Ontem no "Galicia Hoxe"

 

Hoje, publicam no Galicia Hoxe o resultado dumha entrevista que figerom a Igor Lugris http://ovniseisoglossas.agal-gz.org, como introduçom ao monográfico que manham publicarám na "Revista das Letras":

"Lugrís, a quen GALICIA HOXE lle dedicará o suplemento Revista das Letras desta semana, é un deses escritores que lograron tecer, paseniño, con iniciativas cimentadas na forza da vontade e da inventiva e alén da industria cultural, as súas redes de leitores".

 IGOR LUGRIS, O COMPANHEIRO POETA QUE ORGULHA A TODOS OS CEIVES E BERZIANOS - e que vivam os vizinhos de Cabanas raras que o compartem no dia a dia

Pois, sob o titular "Crer en nós mesmos", recolhe a jornalista M. Dopico as suas reflexons sobre diferentes temas relacionados com a poesia, a literatura, a arte, a cultura em geral, com Galiza, etc...:

 "A literatura é, para Lugrís, un xeito de "interpretar o mundo. Non creo que sirva para transformalo, pero si para clarificalo, e iso pode ser a base para mudalo. Esta é a miña opción. Outros poetas teñen outras, tamén válidas. Creo que a poesía non debe procurar a beleza, senón a verdade. Pero non todo é compromiso. Tamén ten que ter unha parte atractiva, evocadora, que te anime a seguir adiante", comentou. As obras deste poeta amosan unha continuidade temática, que xira arredor de varios eixes. Un deles é o amor: os sentimentos, os corpos... que Lugrís conecta con cuestións sociais e políticas como a situación da lingua galega e a súa función alicerzadora da identidade: outra das súas inquedanzas, como a liberdade".

 Isto foi ontem e hoje pois mais muito mais como veredes ao seguir a notíciae estará acompanhando a quem já saiu até agora: Lucía Aldao, María do Carme Kruckenberg, Rafa Janeiro, Lupe Gómez, Carlos Lema, Xesús Constela, Ildásio Tavares,...

 

 

Ler máis...
 
Proposta de Fala Ceive para conveniar o Berzo e Galiza PDF Correo-e
Fala Ceive
Martes, 12 de Agosto do 2008

PROPUESTA DE CONVENIO DE COLABORACIÓN EN MATERIA LINGÜÍSTICA Y CULTURAL ENTRE LA XUNTA DE GALICIA Y EL CONSEJO DE EL BIERZO, DE LA ASOCIACIÓN CULTURAL FALA CEIBE DO BIERZO.

INTRODUCCIÓN.

Tras la última reforma del Estatuto de Autonomía de Castilla y León (2007), el idioma gallego sigue sin contar con el reconocimiento de cooficialidad, “gozará de respeto y protección la lengua gallega nos lugares en que habitualmente se utilice” (artículo 5.3). Además, existe en el reformado Estatuto de Autonomía otra referencia expresa a El Bierzo, “una ley de las Cortes de Castilla y León regulará la Comarca de El Bierzo, teniendo en cuenta sus singularidades y su trayectoria institucional” (artículo 46.3). Entre esas singularidades de la región berciana sin duda está la existencia secular de la lengua gallega. Por eso, la mención expresa del idioma propio de O Bierzo occidental debe estar presente en el contenido de la futura reforma del Estatuto de El Bierzo.

Por otra parte, la Comunidad Autónoma de Galicia aprobó la Lei de normalización lingüística de Galicia, en 1983, la cual indica que la Xunta de Galicia “fará uso do previsto no artigo 35 do Estatuto de Autonomía a fin de protexe-la lingua galega falada en territorios limítrofes coa Comunidade Autónoma” (art. 21.2, del título IV. Galego exterior). Está claro que dicho texto hace referencia implícita al idioma gallego de O Bierzo. El llamado Plano xeral de normalización lingüística de Galicia (septiembre de 2004) reserva un apartado “Área 2. Relacións con outros territorios de lingua galega”, con objetivos y medidas concretas para la promoción del gallego en O Bierzo. Posteriormente en numerosas resoluciones del Parlamento Galego se instaba a colaborar con las instituciones de la Comunidad Autónoma de Castilla y León para proteger y fomentar la lingua gallega de O Bierzo occidental. En este sentido, destacamos la más reciente, la resolución parlamentaria, a propuesta del BNG, y aprobada por unanimidad de los tres partidos, en junio de 2007, que pide la puesta en práctica de diversas medidas a favor del fomento de la lengua gallega en El Bierzo.

El Consejo de El Bierzo también ha aprobado varias resoluciones sobre el idIoma gallego, aprovechando la celebración del Día das Letras Galegas. Así, el ente berciano, en 2001, “recoñece a lingua galega como propia nas zonas da bisbarra fronteirizas con Galicia (…)”, mientras que en 2005, se indica que “pensamos que se debe facer un recoñecemento aínda máis explícito do idioma galego, facendo constar a mención expresa ás linguas da comarca: o castelán e o galego” en la Ley de la Comarca de El Bierzo. También se pide a la Junta de Castilla y León “que se considere dotar ó Consello de competencias en materia lingüística, e así protexer e fomentar este idioma en diversos ámbitos, como a administración, o ensino ou a toponimia (…)”.

Las declaraciones políticas de buenas intenciones deben dar paso a la ejecución de acciones concretas para iniciar el uso administrativo del idioma gallego por parte de las administraciones locales de esta región, a saber, Consejo de El Bierzo, ayuntamientos y pedanías. Está claro que las administraciones locales de El Bierzo carecen de medios personales, financieros y materiales para poner en práctica medidas de uso administrativo parcial del idioma gallego. Por eso la necesidad de establecer un convenio de colaboración entre el Consejo de El Bierzo, en el cual están representados todos los ayuntamientos de la región, con la Xunta de Galicia. Antecedentes de convenios de colaboración ya tenemos en los que se han establecido entre la Junta de Castilla y León y el Consejo Comarcal (2003), o los firmados entre la Xunta de Galicia y la junta de Castilla y León en materia de enseñanza del idioma gallego (2001 y 2007). Así pues, nada impide fijar ahora un convenio de colaboración entre la Xunta de Galicia y el Consejo de El Bierzo en materia lingüística y cultural. Seguidamente indicamos aspectos que podría contener ese futuro convenio institucional.

Ler máis...
 
Debate da proposta de Fala Ceive PDF Correo-e
Fala Ceive
Luns, 21 de Xullo do 2008

O Consello Comarcal analisa coa Xunta un convenio proposto por Fala Ceive para impulsar o galego

A asociación cultural Fala Ceive realizou unha proposta de colaboración entre a Xunta de Galiza e o Consello Comarcal do Bierzo para a promoción do galego a nivel administrativo nesta comarca.

O documento será entregue amañá martes( terza feira) dia 22 ao mediodía, na hospedería de San Nicolás de Vilafranca, a parlamentarios galegos encabezados polo presidente da comisión de Educación e Cultura, Bieito Lobeira, e a un grupo de conselleiros do Ente comarcal, encabezado polo seu presidente, José Luís Ramón. Ao acto tamén asistirán organizacións culturais berzianas para propor medidas que impulsen o galego na comarca, principalmente a través de actividades conxuntas e liñas de subvención que estimulen o seu uso.

Ler máis...
 
Entrevista em Com Voz Própria a Igor Lugris PDF Correo-e
Outras novas
Luns, 21 de Xullo do 2008

Entrevista com Voz Própria

O Voz Própria, a revista de NÓS-Unidade Popular, entrevista-o no seu último número, para falarem da situaçom lingüístico-cultural, mas também política, do Bierzo.

A seguir, vai na íntegra a entrevista, ainda que para algumha gente poda ser mais cómodo e atractivo aceder a ela no formato digital de fácil leitura que oferecem no seu web.

Ler máis...
 
O IES de Cacabelos segue contra os direitos dos seus estudantes PDF Correo-e
Fala Ceive
Mércores, 09 de Xullo do 2008

RESISTENCIAS DA DIRECCIÓN DO INSTITUTO BERGIDUM FLAVIUM DE CACABELOS Á MATRICULACIÓN NO IDIOMA GALEGO.

A Asociación cultural Fala Ceibe do Bierzo denuncia, ante os medios de comunicación, a Consellaría de Educación da Junta de Castilla e León e o Procurador do Común rexional, as resistencias actuais da Dirección do Instituto Bergidum Flavium de Cacabelos á matriculación da materia de lingua galega. Esta asociación está recibindo numerosas queixas de pais, nais e alunado sobre os obstáculos que pon a Dirección do centro ante o actual periodo de inscrición para o próximo curso 2008-09.

Ler máis...
 
Conflitividade no Marquesado de Vilafranca PDF Correo-e
Fala Ceive
Xoves, 26 de Xuńo do 2008

COÑECENDO A NOSA HISTÓRIA:

A CONFLITIVIDADE SOCIAL NO MARQUESADO DE VILAFRANCA NA IDADE MODERNA,
Por Xabier Lago Mestre, Presidente de Fala Ceibe do Bierzo.

Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver


Do marquesado de Vilafranca do Bierzo sabemos da forte problemática que tivo a súa creación, a fines do século XV, por mor da sucesión do condado de Lemos, e maila posterior partición deste dominio territorial en dúas partes, a galega e a berciana. Esta conflitividade señorial tivo como protagonistas ás casas de Lemos e Benavente, ademais dos Reis Católicos, xa no século XVI participou tamén nestas liortas a familia dos duques de Alba que dominaron o marquesado de Vilafranca. Pero hoxe non imos ver esta problemática señorial senón que analizaremos algúns fitos da chamada conflitividade social que tivo lugar no dito Marquesado berciano. Por desgracia aínda falta moito por estudar desta conflitividade social contra os señores. Isto é así porque as fontes históricas escritas que conservamos derivan dos poderosos (Coroa, señores laicos, monásticos e eclesiásticos), e non amosan interese por esta peculiar problemática social das clases populares.
Ler máis...
 
Imos escolher a cançom do verao PDF Correo-e
Outras novas
Venres, 30 de Maio do 2008

Participa no concurso para escolhermos a cançom galega do verao: boa música, alegria e festa na nossa língua.

Eu, fago a minha aposta, e animo a todo o mundo a votar no Projecto Mourente e o seu "Chuliboi", a melhor.
 
 
 
Ler máis...
 
Exposiçom de Remédios PDF Correo-e
Outras novas
Venres, 30 de Maio do 2008

Remédios collage

 

Esta sexta-feira, 30 de Maio, Reme Remédios inaugura a sua exposición de debuxos e collages “Carpeta Negra - Carpeta Verde”, na Galeria Dosmilvacas.arte, em Ponferrada (Avda. de Astorga, 7).
Visitem o seu blog. Ganhem no mínimo um minuto de vida fazendo-o. Paga a pena.

Ler máis...
 
Galiza e Berzo, unidade no século XV PDF Correo-e
Outras novas
Mércores, 21 de Maio do 2008

GALIZA E O BERZO: UNIDADE XURISDICIONAL E POLICIAL A FINS DO SÉCULO XV 

Por Xabier Lago Mestre, Presidente de Fala Ceibe do Bierzo.

O achádego de varios documentos da década dos 80 do século XV pemítenos saber máis das relaciois institucionais entre Galiza e maila rexión do Bierzo. Estes documentos refírense á unidade xurisdicional e policial para ámbolos dous territorios vecinos. Ante os problemas de orde pública rexistrada no reino de Galiza, a Raíña Isabel a Católica determina, mediante provisión de 7 de outubro de 1480, que os seus máis importantes oficiais neste reino, a saber, o Capitán e Xustiza Maior , Hernando de Acuña, e o Alcalde Maior, o licenciado Chinchilla, amplíen a súa xurisdición ao Bierzo.

Ler máis...
 
As Nosas letras na EOI de onferrada PDF Correo-e
Fala Ceive
Venres, 16 de Maio do 2008

AS NOSAS LETRAS NA EOI DE PONFERRADA

Ler máis...
 
Os manifestos para a manifestaçom do dia 18 PDF Correo-e
Outras novas
Mércores, 07 de Maio do 2008

O manifesto da AGAL

http://www.agal-gz.org/manifesto08/index.php 

http://www.agal-gz.org/modules.php?name=News&file=article&sid=4305

A NOSSA LÍNGUA É INTERNACIONAL
 
A Associaçom Galega da Língua (AGAL), com motivo da celebraçom do Dia das Letras, convoca todos os galegos e galegas a manifestarem-se o próximo 18 de Maio às 12 horas na Alameda de Compostela, em defesa da Língua da Galiza, que identifica o nosso Povo, e convida a fazê-lo de modo firme e cívico polos nossos direitos lingüísticos individuais e colectivos de acordo com as seguintes considerações:
Ler máis...
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 Seg. > Remate >>

Resultados 1 - 25 de 137
 
© 2008 Fala Ceive
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recońecemento-CompartirIgual 2.5