Início arrow Novas
    
Menu Principal
Início
Quen somos e facemos
Contactar connosco
Arquivo
Forum do Sil
Novas
Ligazons
Imaxes
Blog de Fala Ceive
CiberIrmandade
Visitas Totais
Visitantes: 650678
Visitantes
Temos 1 convidado conectados


Novas
Pedimento ao Parlamento Galego PDF Correo-e
Fala Ceive
Xoves, 15 de Xuño do 2006
PEDIMENTO AO PARLAMENTO GALEGO DE RESOLUCIÓN A PROL DO GALEGO
NO ESTATUTO DE CASTELA E LEÓN.

A Asociación Cultural Fala Ceibe do Bierzo, diríxese aos partidos políticos da Comunidade Autónoma de Galicia para que aproben unha Resolución do Parlamento Galego a prol da declaración de oficialidade da lingua galega no Estatuto de Autonomía de Castela e León. Lembramos que a Lei galega 3/1983 , de 15 de xuño, de Normalización Lingüística, no seu artigo 21, recoñoce “protexe-la lingua galega falada en territorios lindeiros coa Comunidade Autónoma”. Non cabe dúbida que esta Lei autonómica fai unha implícita mención aos 4 territorios de Navia-Eo, O Bierzo, As Portelas da Seabra zamorá e Val do Ellas cacereño, polos seus vincallos histórico, cultural e lingüístico con Galiza.

Ler máis...
 
Mui boa acolhida a nova web de Fala Ceive PDF Correo-e
Novas do web
Luns, 12 de Xuño do 2006
Som vários os portais , como por ex. o PGL, que se tem feito eco da nova web de Fala Ceive. Neste curto espaço de tempo desde que está no ciberespaço som muitas as  visitas recebida...
Ler máis...
 
A nova web de Fala Ceive PDF Correo-e
Novas do web
Martes, 06 de Xuño do 2006

Temos umha nova Web

Coa que aguardamos poder estar todos mais proximos e muito melhor informados do que ocorre no nosso mundo, no nosso universo berziano e nos seus arredores

Ler máis...
 
Ano de 1767; Provincia del Bierzo, Reyno de Galicia PDF Correo-e
Consello Comarcal Bierzo e CyL
Martes, 06 de Xuño do 2006

Ano 1767: Provincia del Vierzo, Reyno de Galicia

por Carlos Bello

A continuación reproducimos un documento orixinal sobre un Preito por unha corta de carballos na devesa de Cavachoín, da freguesia de Santalla do Bierzo, no ano 1767. Nel fixase que o lugar de Santalla do Bierzo, pertence ao Reino da Galiza.

Bibliografía:

GARCIA GONZÁLEZ, M.J.; El Bierzo a finales del siglo XVIII, Instituto de Estudios Bercianos, Ponferrada, 1998.

HIGUERA QUINDÓS, M.; Santalla del Bierzo: un pleito de 1767, Ponferrada, 1994.

Ler máis...
 
A reivindicación galegoberciana PDF Correo-e
Outras novas
Martes, 06 de Xuño do 2006

A MICROREIVINDICACIÓN GALEGOBERCIANA IGNORADA POLO ACADEMICISMO
   
 Chamamos microreivindicación á dinámica reclamativa a cotío feita de xeito constante e continuo polo movemento galegoberciano. No caso de Fala Ceibe incluímos nesa categorización diversas formas de activismo. Así se concretan no buzoneo casa por casa, pobo por pobo, barrio por barrio, cartas aos directores dos centros escolares, ao profesorado e ás asociacions de mais e pais, participación en foros bercianos para internautas, queixas ao Procurador do Común de Castela e León (o Defensor do Pobo rexional), entrevistas con políticos do pp, psoe, iu..., comunicados de prensa, actualización da nosa web www.falaceibe.tk, pequenas investigaciois filolóxicas, históricas, toponímicas, xurídicas, etc, turismo cultural que procura o contacto cos lugareños na súa lingua, recollida de libros galegos para doalos ás bibliotecas públicas e mailos centros escolares do Bierzo, pegada de carteis polas rúas, nas paradas dos autocarros, etc pintadas correctoras da toponimia, diálogo polémico vis a vis sobre dialectismo/normativización, actos culturais públicos, etcétera.

Ler máis...
 
A província do Bierzo no século XV PDF Correo-e
Consello Comarcal Bierzo e CyL
Martes, 06 de Xuño do 2006

A PROVINCIA DO BIERZO NO SÉCULO XV

Xabier Lago Mestre
 
Castelo de Ponferrada, un dos últimos lugares en resistir á invasión castelá dos RRCC.  
 A fins do século XV o conde de Lemos, Rodrigo, que tiña parte dos seus territorios no Bierzo, rebelouse contra os Reis Católicos. O condado de Lemos presentaba problemas sucesorios, e os Reis Católicos tomaron partido polos outros pretendentes, aliados da casa dos Pimentel de Benavente, inimigos estes dos condes galegos de Lemos. Rodrigo encastelouse e resistiu en Ponferrada, mentres que os Reis organizaron un exército castelao contra el que, tralas escaramuzas e negociaciois, conseguiu tomar o castelo e maila vila.

Ler máis...
 
Queixa ao Procurador do Comun PDF Correo-e
Fala Ceive
Martes, 06 de Xuño do 2006

QUEIXA AO PROCURADOR DO COMÚN SOBRE O ENSINO DO GALEGO NO BIERZO.

Fala Ceibe formula unha queixa ao Procurador do Común de Castela e León (Defensor do pobo rexional) referida ao ensino do galego nos centros escolares do Bierzo. Trátase do pedimento para que se oferte a materia de lingua galega nos cursos 3 ou 4 do ESO. Recordemos que actualmente se imparte este idioma dentro doutras materias –coñecemento do medio, plática e ciencias sociais-, e que algúns pais e mais con alumnado afectado se puxeron en contacto con esta asociación cultural para que demandemos que se oferte o ensino do galego, como materia propia, en 3 ou 4 do ESO.

Ler máis...
 
A política linguística das Cortes Xerais fronte à política das Cortes de CyL PDF Correo-e
Outras novas
Martes, 06 de Xuño do 2006

A POLÍTICA LINGÜÍSTICA NAS CORTES XERAIS  FRONTE Á POLÍTICA DAS CORTES DE CASTELA E LEÓN    

    Dende as últimas elecciois ás Cortes Xerais atopamos un importante troco no labor do Congreso e do Senado a prol das linguas do Estado. Abraian os datos sobre o número de proposiciois de lei e non de lei presentadas (22), preguntas parlamentarias (62), interpelaciois e mociois (18). Non se pode negar que a presencia dun Goberno estatal sen maioria absoluta favorece un maior debate lingüístico, feito que non aconteceu a este nivel co anterior Goberno de dereitas.


Ler máis...
 
As neuras anti-linguísticas da elite intelectual local PDF Correo-e
Outras novas
Martes, 06 de Xuño do 2006
AS NEURAS ANTILINGÜÍSTICAS DA ELITE INTELECTUAL LOCAL
    

Daríanos para un libro facer un seguimento polo miúdo das loucuras persoais da certa elite intelectual local contra da reivindicación lingüística do Bierzo. Entre eles salientamos a José A. Balboa de Paz, historiador de sona na comarca, que sempre que pode aproveita para atacar a Fala Ceibe, xa que non parece atopar razóns  ningunha para louvarnos. Nun artigo seu, publicado en Diario de León en agosto de 2003, arremeteu de novo contra a nosa organización xa que, segundo a súa peculiar argumentación académica, deixa clara a relación que “todos los defensores de lenguas minoritarias tienen con el nacionalismo (...)”. Por se alguén non chega a deducilo, refírese ao BNG e a Fala Ceibe, dous tal para cal, “en el caso de Fala Ceibe es evidente con el Bloque Nacionalista Galego (BNG)”. Que esto no es suficiente ataque infundado, pois aí vai máis carga de profundidade, “pero nunca podíamos pensar que llegara hasta extremos como el de hacer propaganda de la ideología separatista del nacionalismo vasco (...)”. ¡O demo leve fóra do Bierzo castelán aos galegos de Fala Ceibe!.


Ler máis...
 
Carta ao Procurador do Comun PDF Correo-e
Fala Ceive
Martes, 06 de Xuño do 2006

CARTA AO PROCURADOR DO COMÚN  SOBRE A FORMACIÓN DO PROFESORADO.

(Ponferrada, novembro 2004)

A Asociación cultural Fala Ceibe formula unha queixa ao Procurador do Común de Castela e León (Defensor do pobo rexional) relacionada coa formación específica do profesorado que imparte clases de galego no Bierzo.


Ler máis...
 
Mais doazois de libros PDF Correo-e
Fala Ceive
Martes, 06 de Xuño do 2006

Fala Ceibe leva repartidos miles de libros entre os colexios publicos e bibliotecas berzianas, esta foi unha das últimas.

FALA CEIVE DOA LIVROS Á BIBLIOTECA PÚBLICA E Á ESCOLA DE CINEMA DE PONFERRADA POR VALOR DE 1300 EUROS 

Na quarta-feira 24 de Novembro, a Associaçom Cultural Fala Ceive do Berzo, dentro da sua campanha de promoçom do livro galego e em galego entre as bibliotecas e centros de ensinanza da nossa comarca, realizou umha nova doaçom de livros, valorados em mais de 1300 euros.

Ler máis...
 
Denuncia consejeria de educación PDF Correo-e
Fala Ceive
Martes, 06 de Xuño do 2006

(PUBLICADO NO XORNAL BIERZODIGITAL.COM)

Fala Ceibe acusa a la Dirección Provincial de Educación de "ocultar deliberadamente" la oferta educativa de la lengua gallega en la guía del estudiante

La asociación cultural ha trasladado su queja al Procurador del Común, recordando su resolución de 2002, en la que "ya nos dio la razón a la hora de hacer una demanda informativa semejante".
Ler máis...
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 Seg. > Remate >>

Resultados 126 - 137 de 137
 
© 2008 Fala Ceive
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5