Início arrow Novas
    
Menu Principal
Início
Quen somos e facemos
Contactar connosco
Arquivo
Forum do Sil
Novas
Ligazons
Imaxes
Blog de Fala Ceive
CiberIrmandade
Visitas Totais
Visitantes: 561709
Visitantes
Temos 1 convidado conectados


Novas
Luviám vibrou com a Mama Cabra PDF Correo-e
Fala Ceive
Domingo, 30 de Decembro do 2007

CONCERTO DE «Mamá Cabra» PARA APOIAREM O GALEGO EM LUVIÁM

Voltado para aproximar aos miúdos músico em directa na sua própria língua

A Fundaçom Via Galego foi a responsável pola organizaçom onte, 29 de Dezembro, a partir das 12h30 (GMT +1), da actuaçom musical do grupo Mamá Cabra, a decorrer na Casa do Povo da Câmara Municipal de Luviám (Comarca de Seabra-Portelas), município  de Samora.
 
Ler máis...
 
O berzianismo político e a língua galega PDF Correo-e
Fala Ceive
Xoves, 13 de Decembro do 2007

O BERCIANISMO POLÍTICO CO IDIOMA GALEGO,

Por Xabier Lago Mestre, Presidente de Fala Ceive do Bierzo.

1. O BILINGÜISMO REXIONAL.-

A situación estratéxica da nosa rexión, entre territorios con fortes identidades políticas e culturais, favoreceu a influencia secular destas no Bierzo. Como singularidade cultural máis destacada temos a presenza de tres idiomas, o castelán, o galego e o astur-leonés. Na actualidade o astur-leonés do Bierzo está ao bordo da extinción polo illamento cunha comunidade lingüística afín de referencia (en León, Asturias, Zamora...). Todo o contrario acontece co galego que ve favorecido pola estreita veciñanza con Galiza. Ademais a pertenza ao amplo dominio idiomático galego-portugués-brasileiro favorece a participación nos procesos de normalización lingüística comúns.
a cultura galego-berciana desenvólvese secularmente no occidente da nosa rexión. Así o ámbito territorial etnogallego esténdese polos municipios de: Candín, A Veiga de Espiñareda, Vilafranca do Bierzo, A Veiga de Valcarce, Valboa, Trabadelo, Barxas, Oencia, Corullón, Sobrado, Arganza, Cacabelos, Camponaraia, Viladecais-Toural, Carracedelo, Carucedo, Borreis e A Ponte Domíngo Flórez; pero ademais, territorio parcialmente galego atopamos en: Peranzais, Fabeiro, Sancedo, Cabanas, Ponferrada, Priaranza do Bierzo e Benuza.
Ler máis...
 
A rexion berciana e os seus limtes PDF Correo-e
Outras novas
Domingo, 02 de Decembro do 2007

OS LIMITES PERMEABLES DA REXIÓN BERCIANA

Por Xabier Lago Mestre, Presidente de Fala Ceibe do Bierzo.

Os limites xeográficos do Bierzo son máis doados de recoñecer. Estamos arrodeados por serras montañosas que marcan os lindeiros coas rexiois veciñas (Castela, León, Asturias e Galiza). Pola outra banda, coñecemos ben os confíns do Bierzo nos distintos períodos históricos. Así, durante o antigo réxime -séculos XVI ao XVIII-, a provincia do Bierzo incluía tamén a xurisdicíón de Lucillo (na Somoza astorgana), a Cabreira Alta na gobernación da Cabreira e o norte de Valdeorras na merindade de Aguiar, mentres que restaban fóra os concellos de Laceana, Ribas do Sil de Arriba e de Abaixo (actuais municipios de Palacios e Páramos respectivamente). A posterior provincia de Vilafranca do Bierzo abranguía a comarca de Valdeorras, A Cabreira Baixa e os concellos de Páramo e Palacios, amais de terras estremas en Visuña, porto de Manzanal e Cruz de Ferro.

Ler máis...
 
O futuro reconstrue-se sobre a memória é dizer a história verdadeira PDF Correo-e
Outras novas
Xoves, 22 de Novembro do 2007

Memória para construir futuro

Coincidindo com o Dia Internacional da Non Violéncia contra as Mulheres, a Estrela Vermelha de cinco pontas, que engloba a diversos sectores da esquerda anticapitalista do Bierzo, entre os quais está a esquerda independentista representada por NÓS-UP, convoca umha nova jornada de homenagem e debate, sob a palavra de orde "Memória para construir futuro".

Ler máis...
 
O que nos fai seguir PDF Correo-e
Fala Ceive
Mércores, 21 de Novembro do 2007

O QUE NOS FAI SEGUIR

por Alberto Gómez Bautista. Membro da asociación Fala Ceibe da que foi o anterior Presidente e actualmente está como profesor na Universidade Lusófona de Lisboa.

 

 

Nun dos capítulos da serie televisiva “Band of Brothers” (irmáns de sangue) o nono capítulo concretamente, titulado Why we figth? (Por que combatemos?) onde se nos amosan as dúbidas e o cansazo deste bando ou grupos de soldados que protagonizan esta teleserie cando chegan a Alemaña, é nesa altura da guerra e nese país, onde descobren un campo de concentración y exterminio Nazi. Hai se decataron de porque combatían. A todos nós, nas diferentes facetas da vida, e salvando as diferencias, nos aborda esta cuestión. Para os que amamos a lingua galega é fácil encontrar unha resposta. Eu encontreina (en Vilafranca do Bierzo) unha vez que me abordou esta dúbida ollando para unha crianza que lle berraba amigabelmente a outros nenos incitándolles a xogar con el. Cada un ve a causa das súas causas nas mais inimaxinábeis situacións.

Ler máis...
 
Porque a democracia espanhola gosta do silêncio? PDF Correo-e
Outras novas
Martes, 20 de Novembro do 2007

A democracia espanhola gosta do silêncio

Por Igor Lugris,  de Fala Ceive 

A verdade é que já o cenário se vinha preparando nos últimos dias, nas últimas semanas: perante o evidente descrédito da monarquia e dos membros da Casa Real espanhola entre amplas e diversas camadas da populaçom do Estado espanhol, nos sectores melhor informados trás o demolidor informe realizado polo jornal conservador británico The Times o passado verao sobre as  suas finanças e economia e sobre todo visibilizadas no estado espanhol depois do 'affaire' com a publicaçom satírica El Jueves, e agravada polo facto das queimas de fotografias do Bourbon em diferentes pontos do Estado, especialmente nos Países Cataláns, a maquinaria do sistema pujo-se a funcionar para fazer ressurgir a imagem do rei espanhol.

Ler máis...
 
Homenagem ao Quico, Recuperando a memória PDF Correo-e
Outras novas
Venres, 16 de Novembro do 2007

Homenagem ao Quico e a Guerrilha anti-franquista

Este Sábado, 17 de Novembro, a Associaçom de Vizinhas e Vizinhos da Malhadina  Campa-Branca de Cabanas Raras, organiza um acto sobre a recuperaçom da Memória Histórica, que terá lugar a partir das 18.30h. no Local Social da Campa-Branca.

No acto, contaremos com a presença do ex-guerrilheiro anti-fascista Francisco Martínez López, Quico, natural de Cabanas Raras, quem foi membro do grupo guerrilheiro de Girom, e que nos falará da sua experiência e da sua análise sobre os acontecimentos de aquela época.
Ler máis...
 
Convocatória de prazas de profesor de galego PDF Correo-e
Outras novas
Mércores, 14 de Novembro do 2007

Convocatória de prazas de profesorado interino

A Consellaria de Educación de Castela e León convoca mediante  Resolución de 8 de noviembre de 2007, de la Dirección Provincial de León  con carácter rexional, proceso para a elaborazón de listas ampliadas de aspirantes a ocupar postos docentes en rexime de interinidade na especialidade de galego, pertencentes ao Corpo de Mestres.

 A resolución acompaña-se dos anexos solicitude e beremo

 O prazo de solicitude finaliza o dia 17 de Dezembro 

 

Ler máis...
 
Nova protesta de Fala Ceive ante o Procurador do Comun PDF Correo-e
Fala Ceive
Luns, 05 de Novembro do 2007

NOVA QUEIXA SOBRE O ESTUDO DO GALEGO NO INSTITUTO EUROPA DE PONFERRADA ANTE O PROCURADOR DO COMÚN.

A Asociación Cultural Fala Ceibe ( Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ) do Bierzo enviou este verán de 2007 unha queixa á Oficina do Procurador do Común de Castela e León sobre certas irregularidades detectadas no ensino da lingua galega no instituto  "Europa" de Ponferrada.
 
A queixa concreta respecto ao instituto "Europa" referíase a que na documentación de matriculación ignorábase a opción de poder estudar a materia de Xeografía e Historia dos cursos de segundo, terceiro e cuarto de ESO en lingua galega. Denunciamos que non se ofrecese expresamente na documentación aos afectados, alumnado, pais e nais, a posiblidad de optar polo ensino voluntario de galego. Ao non haber un lugar expreso na documentación para optar libremente pola devandita materia, obrígase aos demandantes de galego a indicar en calquer lugar da documentación de matriculación o seu desexo de optar polo estudo de devandito idioma.
Ler máis...
 
Os berzianos estamos a treinar para gañar no futuro PDF Correo-e
Novas da Galiza
Luns, 05 de Novembro do 2007

A SELECCION GALEGA DE BILHARDA CAMPIOA NO CAMPIONATO INTERNACIONAL CANTÁBRICO

A Final tivo lugar na localidade Eunaviega de Castrilhom, entre as seleciois asturiana e galega, sendo a final gaña pola equipa galega. Varios membros da equipa Astura queixaron-se do erro de escoller uha localidade eunaviega como lugar de encontro da final, mas a cousa tinña a sua lóxica cuando a equipa asturiá estava composta de xeito fundamental por eunaviegos.

Ler máis...
 
PEDIMOS E EXIXIMOS RESPEITO AOS NOMES DO BIERZO, OS NOSO TOPÓNIMOC PDF Correo-e
Fala Ceive
Domingo, 21 de Outubro do 2007

 

RESPEiTO POLA TOPONIMIA GALEGO-BERCIANA,

Por Xabier Lago Mestre, Presidenta da asociación Fala Ceibe do Bierzo.

Estes últimos días os medios de comunicación de Castela, León e O Bierzo comentaron unha nova relacionada cun problema de convivencia que había no centro escolar de Viladepaos.

O que fai curioso o caso, é que non atopamos coincidencia na denominación do citado colexio, "Campo da vila", "Campo de la vila" ou "Campo de la villa".

Dende logo o seu nome é Campo da vila, pero resulta abraiante tanto desbaraxuste á hora de dar co nome certo do dito centro. Para moitos xornalistas segue soando moi rariño asumir a existencia de nomes e palabras tale como son no galego d'O Bierzo, por iso hai que facer o esforzo normalizador por castelanizalas ¿non si?. Alguis defenden sen tino que no occidente da nosa rexión berciana non pervive, nen houbo xamais, toponimia en idioma galego, o que quedan son restos do "chapurreao", propio de falantes ignorantes que non saben castelao. Todo arcaísmo dialectal debe ser eliminado a través da corrección continua e contundente nos medios de comunicación ¡a prol da obxectividade informadora!.

Ler máis...
 
Sabermos do Eo-Návia PDF Correo-e
Novas do galego das Asturias
Venres, 19 de Outubro do 2007

Os eonaviegos de ABERTAL editan dous blogues sobre bibliografía e auto-colantes

Fala ceive disponibiliza a toso os ceives e berzianos esta interesante información 


Ler máis...
 
Ao engate (ligue) na tua língua PDF Correo-e
Outras novas
Martes, 16 de Outubro do 2007
XÁ HÁ ESPAZO VIRTUAL PARA ENGATAR EN GALEGO CON PESOAS DE TODO O MUNDO
Fillos.org busca poñer en contacto a mozos e mozas de Galiza e da diáspora.

O maior portal da diáspora galega, Fillos.org, apresentou esta semana un novo servizo que permitirá que mozos e mozas ( e non tam mozos(as) de todo o mundo atopen amigos ou parella usando unicamente etiquetas en galego. A iniciativa eTIqueTAL.com, que conta co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta da Galiza, pretende contribuír á normalidade galega na internet, centrado nos galegçofonos originários do estado español e dispersos por todo o mundo e a marge dos muitos portais'de amizade e relacionamento que na nosa língu há no espazo lusófono como o popular yahooencontros, ou o popular hi5 em Portugal de amizade, ou o popularíssimo brasileiro orkut.

Ler máis...
 
Cooperacion a prol da língua galega do Berzo PDF Correo-e
Fala Ceive
Venres, 05 de Outubro do 2007

A COOPERACIÓN INTERINSTITUCIONAL POLO GALEGO-BERCIANO,

Por Xabier Lago Mestre, Presidente da Asociación Cultural Fala Ceibe do Bierzo.

A rexión berciana está arrodeada de territorios con fortes identidades culturais, razón pola cal recibiu influencias variadas ao longo da historia. Esas relaciois interterritoriais posibilitaron a existencia de tres linguas n´O Bierzo, a saber, castelá, ástur-llionesa e mailo galega. Alguis din que este último idioma pervive no occidente pola continuada inmigración de Galiza. O certo é que a diversa documentación medieval en galego dos mosteiros locais, así como o seu uso popular por unha comunidade de 35000 falantes, determinan a súa peculiar caracterización territorial e propia d´O Bierzo. Neste sentido pouco importa que este idioma se fale mellor ou peor, con máis ou menos castelanismos, se saiba escribir ou non, o seu dialectismo interno e demais. O único certo é que filoloxicamente o que falamos é galego.

Ler máis...
 
Elementos de medida do Berzo PDF Correo-e
Outras novas
Luns, 01 de Outubro do 2007

AS MEDIDAS TRADICIONAIS DA REXIÓN BERCIANA,

Por Xabier Lago Mestre, Presidente de Fala Ceibe do Bierzo.

As unidades de lonxitude ben poden ter a súa orixe nas de tipo antropométrico, pola súa relación coas dimensiois do corpo humano. Así temos as derivadas do pé, cóbado, man, dedos, pulgadas, etc. Tamén hai medidas equivalentes a acciois que podían realizar as persoas, é dicir, a distancia percorrida nun día, ou a cantidade de produto que se podía transportar e demais. Outras medidas tiñan que ver cos traballos que facían os animais (bueis, cabalos, mulas...) en colaboración coas persoas (superficie que araban por día...).

Ler máis...
 
ESPECIFICIDADE INSTITUCIONAL BERZIANA. PDF Correo-e
Fala Ceive
Mércores, 26 de Setembro do 2007

A ESPECIFICIDADE INSTITUCIONAL BERZIANA,

Por Xavier Lago Mestre, Presidente da  Associaçom Fala Ceive

falaceibe@yahoo.és

Continua o processo de reforma do Estatuto de Autonomia de Castela e Leom no Congresso dos Deputados. Um dos temas de debate é a ordenaçom, e concretizando mais o reconhecimento institucional do Berzo. Na proposta de reforma estatutária, aprovada polas Cortes regionais, já se incluía no preâmbulo a mençom "reconhece a pluralidade e singularidade dos seus territórios, entre os que se atopan realidades como a Comarca do Berzo cumha prolongada trajectória institucional (...)"
Ler máis...
 
Os direitos linguísticos dos galegos e galegas ...ainda lonxe do seu recoñecimento PDF Correo-e
Novas da Galiza
Luns, 24 de Setembro do 2007

Denuncian perante o Consello de Europa que o Estado vulnera dereitos lingüísticos

O Observatorio de Dereitos Lingüísticos, Behatokia e o Observatori de la Llengua afirman que non se está a cumprir a Carta Europea das Linguas.

Representantes das tres entidades reuníronse este xoves en Madrid cunha delegación do Comité de Expertos do Consello de Europa encargado de avaliar o cumprimento da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minorizadas. O Observatorio de Dereitos Lingüísticos, Behatokia e o Observatori de la Llengua denunciaron a “nula iniciativa” do Estado Español de cara a que se cumpran as directrices da Carta.
Ler máis...
 
O Consello de Europa e os direitos linguisticos no Bierzo PDF Correo-e
Outras novas
Luns, 24 de Setembro do 2007

Expertos do Consello de Europa interesan-se por avaliar a situación do galego no Bierzo

O 11 de setembro unha delegación do Consello de Europa encargada de vixiar o cumprimento da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias reuniuse na Casa de Europa de Compostela cun grupo de representantes da asociación berziana irmá Xarmenta, encabezado polo seu secretario, Rafael Adán.

Tras darlles a coñecer a presenza da lingua galega nesa zona da provincia de León e informalos das principais actividades da asociación, comentáronlles os principais atrancos, no tocante aos aspectos tratados na Carta, cos que se atopa o proceso de normalización na zona.
Ler máis...
 
As Grandes Árvores Berzianas PDF Correo-e
Outras novas
Luns, 24 de Setembro do 2007

AS GRANDES ÁRBORES DO BIERZO,

Por Xabier Lago Mestre

A beleza da rexión berciana no seu conxunto, velaí as serras que nos arrodean onde salientan as máis altas montañas, os regueiros e mais os ríos que percorren os nosos vales e comarcas, empecen ás veces ver outras fermosuras non menores. Así, cando nos metemos nun souto, entre tantos castiñeiros, non chegamos a comprender a importancia dos máis vellos exemplares arbóreos. Hoxe descubrimos a súa singularidade da man de Santiago Castelao Diñeiro, autor do libro "Castaños monumentales del Bierzo. Tradición y Cultura" (2007). Este amante da natureza berciana amósanos a súa completa visión de todo o relacionado coa cultura castiñeira.

No seu breve libro, de 95 páxinas, comeza co análise das máis importantes árbores da rexión. Nas súas fotos apreciamos a impoñente altura do castiro O Campano, cos seus 29 metros, sito en Vilar de Aceiro, o impresionandte perímetro do tronco da pena do Subeiro (Gümil), ou a carocha aberta no castañeiro do Mallo (Hermide), e así outros tantos, ata un total que fain 20 exemplares únicos, a cal máis fermoso.
Ler máis...
 
O ensino da língua galega no curso 2007-08 no Bierzo e Sanábria PDF Correo-e
Fala Ceive
Martes, 18 de Setembro do 2007

O ENSINO DA LÍNGUA GALEGA NO CURSO 2007-08

Por Xabier Lago Mestre, Presidente da asociación Fala Ceive do Bierzo.

A comezos do ano 2002 os bercianos pudemos optar libremente polo ensino da lingua galega nas primeiras etapas da educación non universitaria. No curso seguinte a sua aprendizaxe estendíase tamén aos institutos e á Escola Oficial de Línguas de Ponferrada.

Aos poucos a poboazón foi tomando conciencia da importancia do boa aprendizaxe deste idioma proprio da nosa rexión. Así se constata no acrescentamento anual de alunado e no número de centros educativos que o oferecen nos. Convén tamén lembrar que os centros privados concertados xa poden incorporarse ao programa de ensino desta lingua, tal e como indica expresamente o Protocolo xeral de colaboración asinado entre a Xunta de Galicia e a Xunta de Castela e León (agosto de 2006).

Ler máis...
 
Os territórios estremeiros na TVG PDF Correo-e
Novas da Galiza
Luns, 10 de Setembro do 2007

 O DOCUMENTÁRIO FRONTEIRAS PAGA A PENA OLHA-LO

Realiza um percurso polas regiões estremeiras galegófonas das Astúrias e Castela e Leom batendo o ponto sobre qual a comunidade cultural à que devem pertencer

PGL.- Já está na rede o documentário Fronteiras, realizado por Rubén Pardiñas e que se emitiu na TVG o passado 25 de Julho, Dia da Pátria.

Na fita recolhem-se declarações de vizinhos das diferentes terras visitadas, mas também de personagens de projecçom pública como Héctor Silverio (académico da RAG no Berzo), Marisa Cela (Associaçom de Gaitas de Vila Franca), Xosé Manuel Beiras, Manuel Fraga, Xosé Luís Méndez Ferrín, Anxo Angueira, Maurício Castro, Xavier Frías, Ramón d'Andrés, Xosé Manuel Barreiro ou Ana Cano (presidenta da Academia de la Llingua Asturiana, ALLA).
Ler máis...
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 Seg. > Remate >>

Resultados 26 - 50 de 126
 
© 2008 Fala Ceive
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5