Início arrow Novas
    
Menu Principal
Início
Quen somos e facemos
Contactar connosco
Arquivo
Forum do Sil
Novas
Ligazons
Imaxes
Blog de Fala Ceive
CiberIrmandade
Visitas Totais
Visitantes: 600128
Visitantes
Temos 1 convidado conectados


Novas
Os territórios estremeiros na TVG PDF Correo-e
Novas da Galiza
Luns, 10 de Setembro do 2007

 O DOCUMENTÁRIO FRONTEIRAS PAGA A PENA OLHA-LO

Realiza um percurso polas regiões estremeiras galegófonas das Astúrias e Castela e Leom batendo o ponto sobre qual a comunidade cultural à que devem pertencer

PGL.- Já está na rede o documentário Fronteiras, realizado por Rubén Pardiñas e que se emitiu na TVG o passado 25 de Julho, Dia da Pátria.

Na fita recolhem-se declarações de vizinhos das diferentes terras visitadas, mas também de personagens de projecçom pública como Héctor Silverio (académico da RAG no Berzo), Marisa Cela (Associaçom de Gaitas de Vila Franca), Xosé Manuel Beiras, Manuel Fraga, Xosé Luís Méndez Ferrín, Anxo Angueira, Maurício Castro, Xavier Frías, Ramón d'Andrés, Xosé Manuel Barreiro ou Ana Cano (presidenta da Academia de la Llingua Asturiana, ALLA).
Ler máis...
 
O Bierzo No Catastro de Ensenada PDF Correo-e
Fala Ceive
Venres, 31 de Agosto do 2007

AS DIVISIOIS ADMINISTRATIVAS DA REXIÓN BERCIANA NO SÉCULO XVIII, SEGUNDO CATASTRO DE ENSENADA.

por Xabier Lago Mestre , Presidente de Fala Ceibe do Bierzo.

No século XVIII fixéronse distintos vecindarios no Estado español para ter unha mellor información fiscal do conxunto da poboación. Neste caso analizaremos o censo de 1759 coñecido co nome do seu promotor, o marqués de Ensenada. Nosoutros utilizaremos os seus datos para presentar as divisiois administrativas da Provincia do Bierzo.
Ler máis...
 
Desputas Históricas de Bercianos PDF Correo-e
Outras novas
Mércores, 15 de Agosto do 2007

A QUEIMA DA DEVESA DO FABEIRO NO ANO 1510. DESPUTAS ENTRE CARRACEDO E PONFERRADA (1ª PARTE)

Por Xabier Lago Mestre (Presidente da Asociación Fala Ceive)
 
No Arquivo Geral de Simancas (Valladolid) conserva-se documentaçom histórica relacionada coa Idade Moderna d'O Berzo. Nesta ocasiom imos a analisar a referida a un conflito que houve entre o mosterio de Carracedo e o concelho de Ponferrada. A razom desta desputa estivo num incéndio que aconteceu na devessa do Fabeiro en Agosto de 1510. Esta devessa comprende o amplo terreno que ha entre o mosteiro de Carracedo e o concelho de Ponferrada, a propriedade desta zona por parte das duas institituições fue objecto de desputas judiciais durante séculos.
Ler máis...
 
Recuperando a nossa memória histórica, a do Berzo PDF Correo-e
Outras novas
Mércores, 08 de Agosto do 2007

O SÁBADO DIA 11 REALIZAM-SE VARIAS ACTIVIDADES RECUPERADORAS DA NOSSA MEMÓRIA HISTÓRICA E DE ACTIVIDADE FRATERNAL E CONCIENCIADORA

A estrela vermelha caminha polo Bierzo, eis:

Ler máis...
 
Xeira, un instrumento de certo asturianismo contra o galego PDF Correo-e
Novas do galego das Asturias
Xoves, 02 de Agosto do 2007

As mentiras da Plataforma Eonaviega de Xeira

Carlos Xesús Varela Alenlle, presidente da asociación ABERTAL do Eu-Návia, que luita pola defensa dos direitos linguísticos dos galegofonos asturianos nese território ocidental das Astúrias, denuncia un panfleto da plataforma Xeira terxiversador da realidade e como o mesmo responde a decisióis da Academia da Llingua Asturiana. Eis o seu interesante e clarificador comunicado:
Ler máis...
 
O espírito dos ceives nun asturiano PDF Correo-e
Outras novas
Luns, 30 de Xullo do 2007

IVAN CUEVAS UN ASTURIANO NEOFALANTE DE GALEGO E COMPROMETIDO COA LINGUA ASTURIANA

IVAN CUEVAS é asturiano, pero xa leva un tempo vivindo na burbulla compostelá, falando galego con soltura e escribindo en varios medios de comunicación e en varias normativas a un tempo.

 

Falouse moito nos últimos tempos do galego exterior e fixéronse varios traballos, estudos e achegamentos ao galego, por exemplo, do Eo-Navia. Iván Cuevas (Xixón, 1982) coñece ben o galego que se fala nesta zona, pero el é dun chisco máis alá. Naceu en Xixón hai vintecinco anos, mais hai uns sete que veu a Compostela, a estudar. Naquela altura xa falaba asturiano, e aprendeu o galego nun brinco, comezou a estudalo e hoxe ten varios traballos publicados na nosa lingua... El é un dos chamados neofalantes de galego, que ademais non ten problemas para arrincar falando e escribindo esturiano ou castelán.

Ao comezo non, mais após os primeiros tentos, resultoulle ben doado falar e escribir galego, e agora mesmo escribe en varias normativas distintas -na ILG e máis na AGAL, controlando tamén o portugués padrão-. É xornalista e fáltalle un nada para ser lingüista.

En asturiano tamén ten publicado varios traballos na revista da
Academia de la Llingua Asturiana, como un sobre un grupo asturianista que operaba en Barcelona nos 70. Fóra diso tamén publicou traducións á súa lingua, e algunha cousiña de creación literaria aquí ou acolá.

Ler máis...
 
O português segunda língua estrangeira do Berzo PDF Correo-e
Outras novas
Mércores, 18 de Xullo do 2007

SOM MUITAS AS RAZOIS PARA O PORTUGUÊS SER SEGUNDA LÍNGUA ESTRANGEIRA NO BERZO

Na Galiza a AGAL e outras organizaçoes de todo tipo andam a impulsionar camapanhas a prol do português como segunda língua estrangeira no ensino, língua da que se tiram muitas vantagens, tanto de tipo pedagógico, como económicas como propedeúticas, essas mesmas razoes som válidas para o Berzo e as Portelas-Seabra ou o Eu-Návia,  mas nom só uha comunidade autónoma como a Estremadura está já fazendo um importante esforço neste sentido, polo interesse da proposta reproduzimos a carta do Presidente da AGAL aos centros de ensino secundário da Galiza

 

Ler máis...
 
Segue-se a travar a língua galega no Berzo PDF Correo-e
Fala Ceive
Martes, 03 de Xullo do 2007

FALA CEIVE DENÚNCIA DE NOVO ANTE O “PROCURADOR DEL COMÚN”.OS PROBLEMAS DA LINGUA GALEGA  EM LICEUS DE PONFERRADA

A Associaçom Cultural Fala Ceive do Bierzo, informavos sobre os novos obstáculos que se estam a pôr ao estudo da língua galega em alguns liceus de Ponferrada. Actualmente, o alunado, os pais e as maes estam a realizar os trámites preceptivos de matriculaçom nos centros educativos do Bierzo. Algumhas pessoas dirigirom-se a Fala Ceive para denunciar irregularidades na matriculaçom, no que se refere à impossibilidade de optar pola matéria de língua galega.

Ler máis...
 
No pasamento de Eva Gonzalez PDF Correo-e
Outras novas
Martes, 26 de Xuño do 2007

DEIXOU-NOS A ESCRITORA BERZIANA EVA GONZALEZ

Foi-se tan silenciosa como tiña vivido, aos seus 89 anos, no seu Palácio de Sil natal, Eva González, con certeza a voz cimeira das letras asturo-leonesas berzianas.

Eva Gonzalez a comezos da década dos oitenta do século pasado impulsada polo cámbio político tido no estado, e que fixo vir a luz a vindicación linguística de direitos muito negados como os dos falantes de asturo-leonés, deu-se a coñecer como poeta e como recolledora das tradizóis orais berzianas.

O asturo-leonés é como o galego-portugués língua orixinária e própria do Berzo, ademais as duas línguas son mui próximas entre sin, nasceron xuntas do latin galaico e comparten  grande parte do seu vocabulário e estruturas gramaticais; para os berzianos e berzianas dumha ou outra língua, esta nunca foi elemento de separación, cada un falaba na sua galega ou asturo-leonesa sendo para todos absolutamente transparente a comunicación, sen sentimento de separazón. A introduzon polo estado dumha língua alleia, a castellana,  produciu efeitos perversos de minorización e negación linguística.

Ler máis...
 
Ramón d'Andres rexeita ajudas, diz, eu non fago nada e para iso nada necesito PDF Correo-e
Novas do galego das Asturias
Martes, 26 de Xuño do 2007

Abertal acusa á Oficina Lingüística de Asturias de non cumprir o seu paple defendendo os direitos linguísticos no Eo-Navia

Ramón d'Andrés chefe deste departamento, criticou as medidas do Parlamento en apoio dos galegofalantes, esquecendo que o Parlamento Galego, non aprobou nengunha medida de apoio ao galego do Eo-Návia, somente de apoio as autoridades políticas de Astúrias que ten a obriga de garantir e protexer eses dereitos.

Rmón d'Andrés non fai nada polo galego de Asturias e tampouco sobre o asturo-leonés, asturiano ou bable segundo distintas denominacióis usadas, e a oferta de axuda e de facilitar médios a ele para o seu labor considera-o unha intromisión.

Ler máis...
 
O Parlamento Galego apoia o galego exterior PDF Correo-e
Fala Ceive
Sábado, 16 de Xuño do 2007

APROBADA POR UNANIMIDADE, UNHA PROPOSICION NON DE LEI NO PARLAMENTO GALEGO, EN APOIO DO GALEGO DAS COMARCAS GALEGOFALANTES PERTENCENTES ÀS COMUNIDADES AUTÓNOMAS DAS ASTÚRIAS E CASTELA-LEON

A proposición non de lei aprobada por unanimidade, nasceu no grupo parlamentar do BNG, e foi consensuada cos grupos do Partido Popular e PSOE.

Nela recoñece-se a competéncia de promoción e defensa dos direitos linguisticos dos moradores das comarcas desta faixa no leste exterior à Galiza, aos governos desas comunidades autónomas.

O impulso que se propón desde a Galiza, é o de apoio a esas autoridades fornecendo-lles materiais e outros médios mediante convénios de colaboración para que sexan esas autoridades às que leven a cabo o que en direito corresponde,  o respeito aos direitos linguísticos dos territórios e das xentes galegófonas, e a sua promoción, tal como ben mandado na orde constitucional e lexislativa na que vivemos.

 

Ler máis...
 
A Lusofonia tamém é criação dos homens e mulheres do Berzo PDF Correo-e
Outras novas
Martes, 22 de Maio do 2007

A NOSSA TERRA E A NOSSA LINGUA BERÇO DA LUSOFONIA

A língua galega que nos é própria aos berzianos, nasceu na Galiza, um territória que ia do rio Douro à mar Cantábrica e de Fisterra aos Montes de Leão.

O nosso Berzo até Filipe II seguiu formando parte da Galiza. Porém trás o trunfo na batalha de Toro sobre as tropas portuguesas e galaicas, impulsou a Rainha Isabel a católica, as guerras de retaliação contra dos galegos, começando assim o que em palavras do cronista Zurita, foi a doma e castração do Reino da Galiza; sendo nessa luita que se pugeram os primeiros elementos para a separação do Berzo da Galiza.

Mas nom por isso, o Berzo renuncia a ser parte originária tamém da lusofonia e sentir-se orgulhoso de personagens como Valério do Bérzio, ou o berziano que foi grande navegador de Portugal Rodrigo do Bérzio, e seguimos a sentirmos o valor de publicações como esta que viu luz no dia no que começa a nossa temporada das letras (17 de Maio Dia das Letras Galegas ao 10 de Junho dia de Luis Vaz de Camões e os Lusiadas), que nom se limita tão só aos actos que fazem os alunos e alunas nas suas escolas e aulas ou no seu mundo familiar e de amigos, ou a retórica citação polo Conselho do Berzo.

A editora on-line, Arcos OnLine comemora o Dia das Letras Galegas com o lançamento das actas do V Colóquio Anual da Lusofonia, já disponível para descarga aqui.  Também tem agendado para hoje o lançamento da nova etapa do seu portal Arcos OnLine.
Ler máis...
 
Encontro artístico e mais em Ponferrada PDF Correo-e
Outras novas
Luns, 14 de Maio do 2007

alimentARTE

Encontro artístico literário e gastronómico em Ponferrada

Esta página de Fala Ceive apoia o evento "alimentARTE" que organiza o blog  Ovnis e Isoglosas (http://www.agal-gz.org/blogues/index.php/ovnis/), e à Galeria de Arte Dosmilvacas.arte de Ponferrada.

Ler máis...
 
O livro em galego presente na XI feira do livro de Ponferrada graças a associaçom irmã XARMENTA PDF Correo-e
Fala Ceive
Mércores, 25 de Abril do 2007

A LITERATURA E OS LIVROS GALEGOS REPRESENTADOS NA XI FEIRA DO LIVRO DE PONFERRADA

Por segundo ano consecutivo, Xarmenta incluiu balcom galego no evento

O dia 23 de Abril, finalizava a XI Feira do Livro de Ponferrada, que decorreu na mais populosa vila do Berzo desde o passado dia 19.

Na ediçom deste ano houve até 20 balcões, e por segundo ano consecutivo, graças à associaçom Xarmenta houve um balcom específico para a língua e a literatura galegas, que dava especial destaque a mesma.

Ler máis...
 
Propostas de emendas ao estatuto de Castela e León. aos partidos do Congreso e do Senado PDF Correo-e
Fala Ceive
Domingo, 22 de Abril do 2007

PROPOSTA EMENDAS AO ESTATUTO DE CASTELA E LEÓN DE FALA CEIBE D´O BIERZO. 

A Asociación Cultural Fala Ceibe do Bierzo enviou dúas emendas ao proxecto de Lei Orgánica de reforma do Estatuto de Autonomía de Castela e León, que se tramita na Comisión Constitucional do Congreso dos Deputados. As dúas emendas teñen relación c´O El Bierzo; a primeira sobre maior protección xurídica do idioma galego e a segunda sobre o recoñecemento institucional do Consello Xeral. Estas propostas serán remesadas aos partidos políticos con representación na dita Comisión Constitucional. 


Ler máis...
 
Politicos bercianos, procesion de caladiños PDF Correo-e
Fala Ceive
Venres, 20 de Abril do 2007

EL BIERZO EN LA TOMA EN CONSIDERACIÓN ESTATUTARIA,

Por Xabier Lago Mestre, Presidente de Fala Ceibe do Bierzo.

El 17 de abril último tuvo lugar en el Congreso la Toma en Consideración de la propuesta de reforma del Estatuto Autonomía de Castilla y León. Los distintos partidos representados en la Cámara Alta expresaron sus opiniones sobre esta nueva modificación estatutaria. Los medios de comunicación informaron de manera resumida sobre lo allí acontecido. Por eso lo que ahora toca es incidir en lo que los políticos dijeron de El Bierzo. Lo cierto es que, para sorpresa de muchos, las referencias a nuestro territorio estuvieron presentes a lo largo del debate estatutario.
Ler máis...
 
PP e PSOE contra las lengua propias da CA , Leonés e Galego PDF Correo-e
Fala Ceive
Mércores, 18 de Abril do 2007

AS CORTES DE CASTELA E LEON NON FIXERON COMO DEBIAN UN BON TRABALLO CO NOVO ESTATUTO

El diputado del BNG, Francisco Rodríguez, criticó la posición restrictiva y discriminatoria de la Junta de Castilla y león, en el debate de admisión del nuevo estatuto para la región, de las lenguas propias de la comunidad el Leonés y el Gallego.

Ler máis...
 
Castela e Leon contra o Bierzo PDF Correo-e
Fala Ceive
Mércores, 18 de Abril do 2007

PP e PSOE CONTRA O RECOÑECIMENTO DA ESPECIFICIDADE DO BIERZO

 

O deputado do BNG Francisco Rodriguez SancheZ, denunciou que no novo estatuto se tenta  negar até a especificidade do Bierzo que a Lei do ano 1991 xa recoñecera.

Os debate poduciu-se no Congreso dos Deputados, na tramitación da admisión a debate do novo estatuto de autonomia de Castela e León elaborado polas Cortes de Castela e León, a continuación colamos a intervencion do deputado do grupo mixto ao respeito

Ler máis...
 
Carta de Fala Ceibe aos Partidos do Congreso PDF Correo-e
Fala Ceive
Domingo, 08 de Abril do 2007

CARTA AOS PARTIDOS DO CONGRESO DOS DEPUTADOS SOBRE AS DEMANDAS D´O BIERZO.

A Asociación Cultural Fala Ceibe d´O Bierzo remesa aos partidos políticos representados no Congreso dos Deputados (PSOE, PP, IU, CIU, PNV, BNG, ERC, Chunta Aragonesista e demais) este Informe con demandas d´O Bierzo, relacionadas coa reforma do Estatuto de Autonomía da Comunidade de Castela e León. Estas peticiois xa as enviamos no ano 2006 ás Cortes de Castela e León, durante a tramitación do proxecto de modificación do Estatuto de Autonomía, pero non foron incluídas no seu articulado. Agora contactamos cos partidos políticos do Congreso para que teñan conta das nosas demandas bercianas na dicha reforma estatutaria no Parlamento español.


Ler máis...
 
O Galego ten que estar no programa dos partidos políticos PDF Correo-e
Fala Ceive
Martes, 27 de Marzo do 2007

PETIZON DA NOSA ASOCIACIÓN A TODOS OS PARTIDOS POLÍTICOS OPARA AS ELEICIÓNS MUNICIPAIS E AUTONÓMICAS DE MAIO, DE INCLUSION NOS PROGRAMAS DOS DIREITOS LINGUÍSTICOS DOS FALANTES DE GALEGO, E O TRATAMENTO DO GALEGO, COMO LINGUA PRÓPRIA DOS NOSOS CONCELLOS E TERRITÓRIOS

      O  documento con pormenor preciso, da autoria da nosa Asociación Fala Ceibe, tenta que nos programas de todos os partidos que se apresentan as eleicións municipais e autonómicas, se incluan os direitos linguísticos dos falantes de galego, como língua propria do noso território, e facer así realidade os obxectivos estabelecidos na Carta Europeia das Linguas Minorizadas, asumida polo estado español na sua totalidade en Febreiro do 2002, ainda que con limitacións territoriais.

Asi mesmo tenta-se que no desenvolvemento futiro da autonomia do Berzo, esta, no campo linguístico, siga o modelo da Comarca catalá do Val de Aran

Ler máis...
 
Apresentazon do Informe socio-linguístico do Eo-Návia PDF Correo-e
Novas do galego das Asturias
Martes, 27 de Marzo do 2007

PRESENTACIÓN del INFORME SOCIO-LINGÜÍSTICO DEL EO-NAVIA

O Eo-Návia é a o território formado por 18 concelhos do ocidente de Astúrias que ten como língua própria o galego, magnificamente estudado na Tese doutoral de Xoan Babarro " O Galego de Astúrias". (publicada pola Fundación Barrié)

O galego de Astúrias ten varias modalidades de falas dentro dele, o que o fai mui particular e ten tamén características que son comuns  a toda a Faixa-Leste da língua galega.

Ainda que goza de grande vitalidade e é usado de xeito mui importante en todo tipo de situaciois no território, neste momento sofre ameazas que son comuns a todo o galego e que nas Astúrias se cruzan con outro tipo de situaciói sociais.

 A Asociación eonaviega ABERTAL, comprometida na defensa, promoción e posta en valor e dignidade do galego en Astúrias, realizou un interesante e mui valioso traballo socio-linguístico sobre a situación actual da nosa língua nesa espazo, e dito traballo vai ser dado a coñecer este próximo sábado nun formoso acto, a realizar na vila eonaviega de Návia.

Todos os ceives e amigos que desxen estar nese interesante encontro, xá saben

 SÁBADO 31 DE MARZO, ÁS 12 DA MAÑÁ, NA CASA DE CULTURA DE NAVIA

 


 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 Seg. > Remate >>

Resultados 51 - 75 de 131
 
© 2008 Fala Ceive
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5