Início arrow Novas arrow Fala Ceive
    
Menu Principal
Início
Quen somos e facemos
Contactar connosco
Arquivo
Forum do Sil
Novas
Ligazons
Imaxes
Blog de Fala Ceive
CiberIrmandade
Visitas Totais
Visitantes: 529011
Visitantes
Temos 1 convidado conectados


Fala Ceive
Debate da proposta de Fala Ceive PDF Correo-e
Luns, 21 de Xullo do 2008

O Consello Comarcal analisa coa Xunta un convenio proposto por Fala Ceive para impulsar o galego

A asociación cultural Fala Ceive realizou unha proposta de colaboración entre a Xunta de Galiza e o Consello Comarcal do Bierzo para a promoción do galego a nivel administrativo nesta comarca.

O documento será entregue amañá martes( terza feira) dia 22 ao mediodía, na hospedería de San Nicolás de Vilafranca, a parlamentarios galegos encabezados polo presidente da comisión de Educación e Cultura, Bieito Lobeira, e a un grupo de conselleiros do Ente comarcal, encabezado polo seu presidente, José Luís Ramón. Ao acto tamén asistirán organizacións culturais berzianas para propor medidas que impulsen o galego na comarca, principalmente a través de actividades conxuntas e liñas de subvención que estimulen o seu uso.

Ler máis...
 
O IES de Cacabelos segue contra os direitos dos seus estudantes PDF Correo-e
Mércores, 09 de Xullo do 2008

RESISTENCIAS DA DIRECCIÓN DO INSTITUTO BERGIDUM FLAVIUM DE CACABELOS Á MATRICULACIÓN NO IDIOMA GALEGO.

A Asociación cultural Fala Ceibe do Bierzo denuncia, ante os medios de comunicación, a Consellaría de Educación da Junta de Castilla e León e o Procurador do Común rexional, as resistencias actuais da Dirección do Instituto Bergidum Flavium de Cacabelos á matriculación da materia de lingua galega. Esta asociación está recibindo numerosas queixas de pais, nais e alunado sobre os obstáculos que pon a Dirección do centro ante o actual periodo de inscrición para o próximo curso 2008-09.

Ler máis...
 
Conflitividade no Marquesado de Vilafranca PDF Correo-e
Xoves, 26 de Xuño do 2008

COÑECENDO A NOSA HISTÓRIA:

A CONFLITIVIDADE SOCIAL NO MARQUESADO DE VILAFRANCA NA IDADE MODERNA,
Por Xabier Lago Mestre, Presidente de Fala Ceibe do Bierzo.

Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver


Do marquesado de Vilafranca do Bierzo sabemos da forte problemática que tivo a súa creación, a fines do século XV, por mor da sucesión do condado de Lemos, e maila posterior partición deste dominio territorial en dúas partes, a galega e a berciana. Esta conflitividade señorial tivo como protagonistas ás casas de Lemos e Benavente, ademais dos Reis Católicos, xa no século XVI participou tamén nestas liortas a familia dos duques de Alba que dominaron o marquesado de Vilafranca. Pero hoxe non imos ver esta problemática señorial senón que analizaremos algúns fitos da chamada conflitividade social que tivo lugar no dito Marquesado berciano. Por desgracia aínda falta moito por estudar desta conflitividade social contra os señores. Isto é así porque as fontes históricas escritas que conservamos derivan dos poderosos (Coroa, señores laicos, monásticos e eclesiásticos), e non amosan interese por esta peculiar problemática social das clases populares.
Ler máis...
 
As Nosas letras na EOI de onferrada PDF Correo-e
Venres, 16 de Maio do 2008

AS NOSAS LETRAS NA EOI DE PONFERRADA

Ler máis...
 
No Centenário da Cidade de Ponferrada PDF Correo-e
Sábado, 15 de Marzo do 2008

O CENTENARIO DA CIDADE DE PONFERRADA 

Xabier Lago Mestre, Presidente de Fala Ceive do Berzo.

Os moradores de Ponferrada estamos preparando os actos do centenario da declaración como cidade. Non é empresa fácil facer un programa de actos que gostar a todos e todas. Hai que destacar entre o feito a construción da ponte do Centenario e a restauración do castelo dos templarios. Dus importantes obras que teñen un grande futuro, xa que servirán para prestar mellores servizos públicos, ademais de reforzar a simboloxía colectiva desta cidade.
Ler máis...
 
Demandas berzianas en 1657 PDF Correo-e
Xoves, 06 de Marzo do 2008

DEMANDAS DO BERZO ÀS CÓRTES DO REINO DE CASTELA NA ÉPOCA DOS AUSTRIAS (1657)

Por Xabier Lago Mestre Presidente da Associacion do Berzo Fala Ceive

Só algunhas cidades da Coroa de Castela tiñan representación en Cortes por privilexio real. A cidade de León representaba a tres territorios veciños, a saber, Principado das Astúrias, Provincia do Bierzo e Partido de León. A cidade de Zamora representou quase dous séculos a Cruña, Betanzos, Mondoñedo, Lugo, Ourense, Tui e Santiago.

Os procuradores leoneses e zamoranos eran eleitos dentro do rexemento da capital, e por suposto defendían os intereses da elite aristocrática, da que formaban parte, e en segundo lugar os intereses de Leon e Zamora, e só raramente os dos dos citados territorios que representaban. Polo que as relacióis entre os representados (vilas e lugares) e os representantes nunca foron fluídas nen coordinadas, polo que as zonas raramente acudían coas suas peticióis aos seus procuradores da capital.

 

Ler máis...
 
Os defensores da "Liberdade" pon problemas ao galego PDF Correo-e
Martes, 26 de Febreiro do 2008

CONTINÚAN Os PROBLEMAS DA LINGUA GALEGA NO INSTITUTO EUROPA

Por Xabier Lago Mestre, Presidente de Fala Ceive do Berzo.

A Asociación Cultural Fala Ceive do Berzo de novo denúncia ao público os problemas da implantación normalizada do ensino da lingua galega no instituto Europa de Ponferrada. A nosa asociacion recebeu mais unha vez denuncias de membros da comunidade escolar de devandito centro, xa que preferen non dar a cara ante os medios de comunicación para evitar agravar o conflito educativo coa dirección do instituto. Agora ben, esta postura pública non impediu às mais e aos pais afectados acudir coas suas queixas ás autoridades educativas superiores.

 

Ler máis...
 
Luviám vibrou com a Mama Cabra PDF Correo-e
Domingo, 30 de Decembro do 2007

CONCERTO DE «Mamá Cabra» PARA APOIAREM O GALEGO EM LUVIÁM

Voltado para aproximar aos miúdos músico em directa na sua própria língua

A Fundaçom Via Galego foi a responsável pola organizaçom onte, 29 de Dezembro, a partir das 12h30 (GMT +1), da actuaçom musical do grupo Mamá Cabra, a decorrer na Casa do Povo da Câmara Municipal de Luviám (Comarca de Seabra-Portelas), município  de Samora.
 
Ler máis...
 
O berzianismo político e a língua galega PDF Correo-e
Xoves, 13 de Decembro do 2007

O BERCIANISMO POLÍTICO CO IDIOMA GALEGO,

Por Xabier Lago Mestre, Presidente de Fala Ceive do Bierzo.

1. O BILINGÜISMO REXIONAL.-

A situación estratéxica da nosa rexión, entre territorios con fortes identidades políticas e culturais, favoreceu a influencia secular destas no Bierzo. Como singularidade cultural máis destacada temos a presenza de tres idiomas, o castelán, o galego e o astur-leonés. Na actualidade o astur-leonés do Bierzo está ao bordo da extinción polo illamento cunha comunidade lingüística afín de referencia (en León, Asturias, Zamora...). Todo o contrario acontece co galego que ve favorecido pola estreita veciñanza con Galiza. Ademais a pertenza ao amplo dominio idiomático galego-portugués-brasileiro favorece a participación nos procesos de normalización lingüística comúns.
a cultura galego-berciana desenvólvese secularmente no occidente da nosa rexión. Así o ámbito territorial etnogallego esténdese polos municipios de: Candín, A Veiga de Espiñareda, Vilafranca do Bierzo, A Veiga de Valcarce, Valboa, Trabadelo, Barxas, Oencia, Corullón, Sobrado, Arganza, Cacabelos, Camponaraia, Viladecais-Toural, Carracedelo, Carucedo, Borreis e A Ponte Domíngo Flórez; pero ademais, territorio parcialmente galego atopamos en: Peranzais, Fabeiro, Sancedo, Cabanas, Ponferrada, Priaranza do Bierzo e Benuza.
Ler máis...
 
O que nos fai seguir PDF Correo-e
Mércores, 21 de Novembro do 2007

O QUE NOS FAI SEGUIR

por Alberto Gómez Bautista. Membro da asociación Fala Ceibe da que foi o anterior Presidente e actualmente está como profesor na Universidade Lusófona de Lisboa.

 

 

Nun dos capítulos da serie televisiva “Band of Brothers” (irmáns de sangue) o nono capítulo concretamente, titulado Why we figth? (Por que combatemos?) onde se nos amosan as dúbidas e o cansazo deste bando ou grupos de soldados que protagonizan esta teleserie cando chegan a Alemaña, é nesa altura da guerra e nese país, onde descobren un campo de concentración y exterminio Nazi. Hai se decataron de porque combatían. A todos nós, nas diferentes facetas da vida, e salvando as diferencias, nos aborda esta cuestión. Para os que amamos a lingua galega é fácil encontrar unha resposta. Eu encontreina (en Vilafranca do Bierzo) unha vez que me abordou esta dúbida ollando para unha crianza que lle berraba amigabelmente a outros nenos incitándolles a xogar con el. Cada un ve a causa das súas causas nas mais inimaxinábeis situacións.

Ler máis...
 
Nova protesta de Fala Ceive ante o Procurador do Comun PDF Correo-e
Luns, 05 de Novembro do 2007

NOVA QUEIXA SOBRE O ESTUDO DO GALEGO NO INSTITUTO EUROPA DE PONFERRADA ANTE O PROCURADOR DO COMÚN.

A Asociación Cultural Fala Ceibe ( Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ) do Bierzo enviou este verán de 2007 unha queixa á Oficina do Procurador do Común de Castela e León sobre certas irregularidades detectadas no ensino da lingua galega no instituto  "Europa" de Ponferrada.
 
A queixa concreta respecto ao instituto "Europa" referíase a que na documentación de matriculación ignorábase a opción de poder estudar a materia de Xeografía e Historia dos cursos de segundo, terceiro e cuarto de ESO en lingua galega. Denunciamos que non se ofrecese expresamente na documentación aos afectados, alumnado, pais e nais, a posiblidad de optar polo ensino voluntario de galego. Ao non haber un lugar expreso na documentación para optar libremente pola devandita materia, obrígase aos demandantes de galego a indicar en calquer lugar da documentación de matriculación o seu desexo de optar polo estudo de devandito idioma.
Ler máis...
 
PEDIMOS E EXIXIMOS RESPEITO AOS NOMES DO BIERZO, OS NOSO TOPÓNIMOC PDF Correo-e
Domingo, 21 de Outubro do 2007

 

RESPEiTO POLA TOPONIMIA GALEGO-BERCIANA,

Por Xabier Lago Mestre, Presidenta da asociación Fala Ceibe do Bierzo.

Estes últimos días os medios de comunicación de Castela, León e O Bierzo comentaron unha nova relacionada cun problema de convivencia que había no centro escolar de Viladepaos.

O que fai curioso o caso, é que non atopamos coincidencia na denominación do citado colexio, "Campo da vila", "Campo de la vila" ou "Campo de la villa".

Dende logo o seu nome é Campo da vila, pero resulta abraiante tanto desbaraxuste á hora de dar co nome certo do dito centro. Para moitos xornalistas segue soando moi rariño asumir a existencia de nomes e palabras tale como son no galego d'O Bierzo, por iso hai que facer o esforzo normalizador por castelanizalas ¿non si?. Alguis defenden sen tino que no occidente da nosa rexión berciana non pervive, nen houbo xamais, toponimia en idioma galego, o que quedan son restos do "chapurreao", propio de falantes ignorantes que non saben castelao. Todo arcaísmo dialectal debe ser eliminado a través da corrección continua e contundente nos medios de comunicación ¡a prol da obxectividade informadora!.

Ler máis...
 
Cooperacion a prol da língua galega do Berzo PDF Correo-e
Venres, 05 de Outubro do 2007

A COOPERACIÓN INTERINSTITUCIONAL POLO GALEGO-BERCIANO,

Por Xabier Lago Mestre, Presidente da Asociación Cultural Fala Ceibe do Bierzo.

A rexión berciana está arrodeada de territorios con fortes identidades culturais, razón pola cal recibiu influencias variadas ao longo da historia. Esas relaciois interterritoriais posibilitaron a existencia de tres linguas n´O Bierzo, a saber, castelá, ástur-llionesa e mailo galega. Alguis din que este último idioma pervive no occidente pola continuada inmigración de Galiza. O certo é que a diversa documentación medieval en galego dos mosteiros locais, así como o seu uso popular por unha comunidade de 35000 falantes, determinan a súa peculiar caracterización territorial e propia d´O Bierzo. Neste sentido pouco importa que este idioma se fale mellor ou peor, con máis ou menos castelanismos, se saiba escribir ou non, o seu dialectismo interno e demais. O único certo é que filoloxicamente o que falamos é galego.

Ler máis...
 
ESPECIFICIDADE INSTITUCIONAL BERZIANA. PDF Correo-e
Mércores, 26 de Setembro do 2007

A ESPECIFICIDADE INSTITUCIONAL BERZIANA,

Por Xavier Lago Mestre, Presidente da  Associaçom Fala Ceive

falaceibe@yahoo.és

Continua o processo de reforma do Estatuto de Autonomia de Castela e Leom no Congresso dos Deputados. Um dos temas de debate é a ordenaçom, e concretizando mais o reconhecimento institucional do Berzo. Na proposta de reforma estatutária, aprovada polas Cortes regionais, já se incluía no preâmbulo a mençom "reconhece a pluralidade e singularidade dos seus territórios, entre os que se atopan realidades como a Comarca do Berzo cumha prolongada trajectória institucional (...)"
Ler máis...
 
O ensino da língua galega no curso 2007-08 no Bierzo e Sanábria PDF Correo-e
Martes, 18 de Setembro do 2007

O ENSINO DA LÍNGUA GALEGA NO CURSO 2007-08

Por Xabier Lago Mestre, Presidente da asociación Fala Ceive do Bierzo.

A comezos do ano 2002 os bercianos pudemos optar libremente polo ensino da lingua galega nas primeiras etapas da educación non universitaria. No curso seguinte a sua aprendizaxe estendíase tamén aos institutos e á Escola Oficial de Línguas de Ponferrada.

Aos poucos a poboazón foi tomando conciencia da importancia do boa aprendizaxe deste idioma proprio da nosa rexión. Así se constata no acrescentamento anual de alunado e no número de centros educativos que o oferecen nos. Convén tamén lembrar que os centros privados concertados xa poden incorporarse ao programa de ensino desta lingua, tal e como indica expresamente o Protocolo xeral de colaboración asinado entre a Xunta de Galicia e a Xunta de Castela e León (agosto de 2006).

Ler máis...
 
O Bierzo No Catastro de Ensenada PDF Correo-e
Venres, 31 de Agosto do 2007

AS DIVISIOIS ADMINISTRATIVAS DA REXIÓN BERCIANA NO SÉCULO XVIII, SEGUNDO CATASTRO DE ENSENADA.

por Xabier Lago Mestre , Presidente de Fala Ceibe do Bierzo.

No século XVIII fixéronse distintos vecindarios no Estado español para ter unha mellor información fiscal do conxunto da poboación. Neste caso analizaremos o censo de 1759 coñecido co nome do seu promotor, o marqués de Ensenada. Nosoutros utilizaremos os seus datos para presentar as divisiois administrativas da Provincia do Bierzo.
Ler máis...
 
Segue-se a travar a língua galega no Berzo PDF Correo-e
Martes, 03 de Xullo do 2007

FALA CEIVE DENÚNCIA DE NOVO ANTE O “PROCURADOR DEL COMÚN”.OS PROBLEMAS DA LINGUA GALEGA  EM LICEUS DE PONFERRADA

A Associaçom Cultural Fala Ceive do Bierzo, informavos sobre os novos obstáculos que se estam a pôr ao estudo da língua galega em alguns liceus de Ponferrada. Actualmente, o alunado, os pais e as maes estam a realizar os trámites preceptivos de matriculaçom nos centros educativos do Bierzo. Algumhas pessoas dirigirom-se a Fala Ceive para denunciar irregularidades na matriculaçom, no que se refere à impossibilidade de optar pola matéria de língua galega.

Ler máis...
 
O Parlamento Galego apoia o galego exterior PDF Correo-e
Sábado, 16 de Xuño do 2007

APROBADA POR UNANIMIDADE, UNHA PROPOSICION NON DE LEI NO PARLAMENTO GALEGO, EN APOIO DO GALEGO DAS COMARCAS GALEGOFALANTES PERTENCENTES ÀS COMUNIDADES AUTÓNOMAS DAS ASTÚRIAS E CASTELA-LEON

A proposición non de lei aprobada por unanimidade, nasceu no grupo parlamentar do BNG, e foi consensuada cos grupos do Partido Popular e PSOE.

Nela recoñece-se a competéncia de promoción e defensa dos direitos linguisticos dos moradores das comarcas desta faixa no leste exterior à Galiza, aos governos desas comunidades autónomas.

O impulso que se propón desde a Galiza, é o de apoio a esas autoridades fornecendo-lles materiais e outros médios mediante convénios de colaboración para que sexan esas autoridades às que leven a cabo o que en direito corresponde,  o respeito aos direitos linguísticos dos territórios e das xentes galegófonas, e a sua promoción, tal como ben mandado na orde constitucional e lexislativa na que vivemos.

 

Ler máis...
 
O livro em galego presente na XI feira do livro de Ponferrada graças a associaçom irmã XARMENTA PDF Correo-e
Mércores, 25 de Abril do 2007

A LITERATURA E OS LIVROS GALEGOS REPRESENTADOS NA XI FEIRA DO LIVRO DE PONFERRADA

Por segundo ano consecutivo, Xarmenta incluiu balcom galego no evento

O dia 23 de Abril, finalizava a XI Feira do Livro de Ponferrada, que decorreu na mais populosa vila do Berzo desde o passado dia 19.

Na ediçom deste ano houve até 20 balcões, e por segundo ano consecutivo, graças à associaçom Xarmenta houve um balcom específico para a língua e a literatura galegas, que dava especial destaque a mesma.

Ler máis...
 
Propostas de emendas ao estatuto de Castela e León. aos partidos do Congreso e do Senado PDF Correo-e
Domingo, 22 de Abril do 2007

PROPOSTA EMENDAS AO ESTATUTO DE CASTELA E LEÓN DE FALA CEIBE D´O BIERZO. 

A Asociación Cultural Fala Ceibe do Bierzo enviou dúas emendas ao proxecto de Lei Orgánica de reforma do Estatuto de Autonomía de Castela e León, que se tramita na Comisión Constitucional do Congreso dos Deputados. As dúas emendas teñen relación c´O El Bierzo; a primeira sobre maior protección xurídica do idioma galego e a segunda sobre o recoñecemento institucional do Consello Xeral. Estas propostas serán remesadas aos partidos políticos con representación na dita Comisión Constitucional. 


Ler máis...
 
Politicos bercianos, procesion de caladiños PDF Correo-e
Venres, 20 de Abril do 2007

EL BIERZO EN LA TOMA EN CONSIDERACIÓN ESTATUTARIA,

Por Xabier Lago Mestre, Presidente de Fala Ceibe do Bierzo.

El 17 de abril último tuvo lugar en el Congreso la Toma en Consideración de la propuesta de reforma del Estatuto Autonomía de Castilla y León. Los distintos partidos representados en la Cámara Alta expresaron sus opiniones sobre esta nueva modificación estatutaria. Los medios de comunicación informaron de manera resumida sobre lo allí acontecido. Por eso lo que ahora toca es incidir en lo que los políticos dijeron de El Bierzo. Lo cierto es que, para sorpresa de muchos, las referencias a nuestro territorio estuvieron presentes a lo largo del debate estatutario.
Ler máis...
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 Seg. > Remate >>

Resultados 1 - 25 de 59
 
© 2008 Fala Ceive
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5