Início arrow Novas arrow Fala Ceive
    
Menu Principal
Início
Quen somos e facemos
Contactar connosco
Arquivo
Forum do Sil
Novas
Ligazons
Imaxes
Blog de Fala Ceive
CiberIrmandade
Visitas Totais
Visitantes: 600118
Visitantes
Temos 1 convidado conectados


Fala Ceive
PP e PSOE contra las lengua propias da CA , Leonés e Galego PDF Correo-e
Mércores, 18 de Abril do 2007

AS CORTES DE CASTELA E LEON NON FIXERON COMO DEBIAN UN BON TRABALLO CO NOVO ESTATUTO

El diputado del BNG, Francisco Rodríguez, criticó la posición restrictiva y discriminatoria de la Junta de Castilla y león, en el debate de admisión del nuevo estatuto para la región, de las lenguas propias de la comunidad el Leonés y el Gallego.

Ler máis...
 
Castela e Leon contra o Bierzo PDF Correo-e
Mércores, 18 de Abril do 2007

PP e PSOE CONTRA O RECOÑECIMENTO DA ESPECIFICIDADE DO BIERZO

 

O deputado do BNG Francisco Rodriguez SancheZ, denunciou que no novo estatuto se tenta  negar até a especificidade do Bierzo que a Lei do ano 1991 xa recoñecera.

Os debate poduciu-se no Congreso dos Deputados, na tramitación da admisión a debate do novo estatuto de autonomia de Castela e León elaborado polas Cortes de Castela e León, a continuación colamos a intervencion do deputado do grupo mixto ao respeito

Ler máis...
 
Carta de Fala Ceibe aos Partidos do Congreso PDF Correo-e
Domingo, 08 de Abril do 2007

CARTA AOS PARTIDOS DO CONGRESO DOS DEPUTADOS SOBRE AS DEMANDAS D´O BIERZO.

A Asociación Cultural Fala Ceibe d´O Bierzo remesa aos partidos políticos representados no Congreso dos Deputados (PSOE, PP, IU, CIU, PNV, BNG, ERC, Chunta Aragonesista e demais) este Informe con demandas d´O Bierzo, relacionadas coa reforma do Estatuto de Autonomía da Comunidade de Castela e León. Estas peticiois xa as enviamos no ano 2006 ás Cortes de Castela e León, durante a tramitación do proxecto de modificación do Estatuto de Autonomía, pero non foron incluídas no seu articulado. Agora contactamos cos partidos políticos do Congreso para que teñan conta das nosas demandas bercianas na dicha reforma estatutaria no Parlamento español.


Ler máis...
 
O Galego ten que estar no programa dos partidos políticos PDF Correo-e
Martes, 27 de Marzo do 2007

PETIZON DA NOSA ASOCIACIÓN A TODOS OS PARTIDOS POLÍTICOS OPARA AS ELEICIÓNS MUNICIPAIS E AUTONÓMICAS DE MAIO, DE INCLUSION NOS PROGRAMAS DOS DIREITOS LINGUÍSTICOS DOS FALANTES DE GALEGO, E O TRATAMENTO DO GALEGO, COMO LINGUA PRÓPRIA DOS NOSOS CONCELLOS E TERRITÓRIOS

      O  documento con pormenor preciso, da autoria da nosa Asociación Fala Ceibe, tenta que nos programas de todos os partidos que se apresentan as eleicións municipais e autonómicas, se incluan os direitos linguísticos dos falantes de galego, como língua propria do noso território, e facer así realidade os obxectivos estabelecidos na Carta Europeia das Linguas Minorizadas, asumida polo estado español na sua totalidade en Febreiro do 2002, ainda que con limitacións territoriais.

Asi mesmo tenta-se que no desenvolvemento futiro da autonomia do Berzo, esta, no campo linguístico, siga o modelo da Comarca catalá do Val de Aran

Ler máis...
 
A República das Palabras PDF Correo-e
Domingo, 11 de Marzo do 2007

DELICIOSO TEXTO DO ANTERIOR PRESIDENTE DE FALA CEIVE, SOBRE UN TEMA SEMPRE PRESENTE NO MUNDO DA LITERATURA E DE XEITO ESPECIAL EN LITERATURAS COMO A NOSA QUE TENTAN CONTRIBUIR A CRIAZON DUN ESPAZO NOSO E ALARGADO DE CULTURA. "desfrutai"

por Alberto Gómez Bautista, anterior Presidente de Fala Ceive 

 

De qual engano prendemos

aqui, non sab´el-Rei parte:”

Vaasco Pérez Pardal (s. XIII)

Neste novo curso que comeza preséntanse novos e apasionantes reptos para a nosa lingua, pero alén de ser tempo de esperanza é tamén tempo de reivindicación de dereitos lingüísticos e de reflexionar. Son consciente de que os problemas do día a día de moita xente continúan, e moitos andan mais pendentes de reformas estatutarias ou de intrigas palacianas, e da repentina vontade de reforma constitucional por parte dos que hai meses atrás dicían que nela ninguén mexía, en fin, para que unha moza, poida ser a herdeira ao trono, acabando así con unha discriminación de séculos, o que non din é que esa reforma non vai acabar coa discriminación que sufrimos o resto dos cidadáns que, polo feito de non sermos da familia “x” ou termos o apelido “i grego”, estamos afastados de poder acceder a xefatura do Estado.

Ler máis...
 
Arredor do autor da premiada analise "Direitos Linguísticos na Faixa Leste" PDF Correo-e
Venres, 09 de Marzo do 2007

ENTREVISTA CON CARLOS BELLO N'A NOSA TERRA

Carlos Bello Stout ten as suas raices no Eu-Návia, concretamente em Taramunde, é leva muito tempo ligado à Fala Ceive, sendo um ceive entusiasta e comprometido.

Gañou o certame sobre os direitos civis na Galiza, convocadio polo movemento polos direitos civis, coa colaborazon da Dirección Xeral da Xuventude e voluntariado do governo galego.

O texto do  traballo premiado tamén está disponibilizado nesta mesma páxina nosa no apartado de descargas.

Polo seu interese e grazas a autorización d'A Nosa Terra, disponibilizamos a elucidativa entrevista que este competente advogado deu ao citado xornal.

Ler máis...
 
Etpeias, o prazer da leitura PDF Correo-e
Mércores, 07 de Marzo do 2007

O ESCRITOR BERZANO PAULO MERAIO BELASCO, PUBLICA UM NOVO LIVRO "ETOPEIAS"

A editora electrónica lusa Arcos Online vem de publicar o livro ETOPEIAS do Ceive Paulo Meraio Belasco: 18 Etopeias – retratos com paisagem, que a editora apresenta com o slogan"Quando o feio se transforma em arte" .

É uma obra, no mínimo, invulgar. E isso nota-se desde logo no próprio prefácio, quando o autor afirma que “as etopeias devem ser lidas em doses de uma a uma” e que “entre elas deve passar um algo de tempo (minutos, horas, dias, semanas)”. Ao leitor, recomenda uma leitura lenta e compassada, sempre em pequenas doses, porque “a ingestom excessiva, ou mesmo uma errada administraçom, pode ser causa de envenenamento”.

Ler máis...
 
O leonesismo contra o galego? PDF Correo-e
Mércores, 28 de Febreiro do 2007

CUESTIONAN O ENSINO DO GALEGO N´O BIERZO

DENDE O LEONESISMO CULTURAL.

 

A Asociación Cultural Fala Ceibe d´O Bierzo (www.ciberirmandade.org/falaceive) denuncia un novo ataque do leonesismo cultural cara ao ensino do galego n´O Bierzo. Segundo información de Diario de León, de 20 de febreiro de 2007, dúas organizaciois culturais leonesistas, a saber, Amigos del Patrimonio e Proidentidad Leonesa, aproveitaron a súa carta-queixa ante o Procurador do Común de Castela e León -figura semellante ao Valedor do Pobo Galego- para criticar aspectos relacionados co ensino do  galego n´O Bierzo. O dito artigo xornalístico indica que estes colectivos criticaron que no currículo da materia de idioma galego aparezan os seguintes obxectivos escolares: "Identificación e interpretación de rasgos culturais pola lingua galega e a cultura castelá" ou "Comparación entre elementos sociais e culturais transmitidos pola lingua galega e maila cultura castelá". Estes grupos leonesistas rexeitan que se oculte a existencia da cultura leonesa entre eses obxectivos, ademais que se pretenda non só ensinar a lingua galega n´O Bierzo senón que tamén que se fale de "rasgos culturais" ou "elementos sociais e culturais" tansmitidos pola lingua galega. No fondo estes grupos leonesistas temen que se galeguice O Bierzo co pretexto do ensino do idioma galego. Por suposto non queren recoñecer que O Bierzo occidental comparte con Galiza a mesma historia, cultura, tradiciois e lingua dende a Idade Media ata a actualidade.

Ler máis...
 
A situacion xurídica do galego na Faixa-Leste PDF Correo-e
Luns, 05 de Febreiro do 2007

UN ESTUDO SOBRE A SITUACIÓN XURÍDICA DO GALEGO NO BIERZO E NO EO-NAVIA, GAÑA O CERTAME SOBRE DEREITOS CIVÍS EN GALIZA

O concurso foi convocado polo Movemento polos Dereitos Civís en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade da Xunta de Galiza

Tal e como adianta a páxina web do Movemento polos Dereitos Civís , o gañador do certame “Dereitos Civís en Galiza” é un estudo sobre o status quo dos dereitos lingüísticos das comarcas galegófonas situadas administrativamente fóra da Comunidade Autónoma de Galiza.

O traballo, que pode descargarse desde a mencionada páxina, leva por título “Dereitos lingüísticos na Faixa Oriental” e foi elaborado por Carlos Bello Stout. Integrante da asociación Fala Ceibe do Bierzo, é licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago coas especialidades de dereito público e dereito privado; e na actualidade cursa na USC un posgrao en Dereito Tributario así como o segundo ciclo da licenciatura en Ciencias Políticas e da Administración. O premio está dotado cunha cantidade en metálico correspondente á contía da súa matrícula universitaria.

Ler máis...
 
Recuperemos os nomes certos PDF Correo-e
Luns, 05 de Febreiro do 2007

OS NOMES DOS CONCELLOS BERCIANOS,

Por Xabier Lago Mestre.

O ano 2007 comeza coa delegación da materia de alteración do nome e troco de capitalidade dos concellos por parte da Junta de Castela e León na Comarca d´O Bierzo. Resulta lóxico que o Consello comarcal berciano, no que están representados todos os concellos, asuma parte das funciois relacionadas coas administraciois locais da nosa rexión que ata agora son competencias das instituciois superiores. Baseamos esta demanda no achegamento entre as nosas administraciois (comarca, concellos e pedanías), o que permite un trato directo e unha máis estreita cooperación, e en que comparten o mesmo espazo territorial e poboación.

A importancia da xestión desta dita materia delegada deriva de que agora os bercianos poderemos fixar os nomes dos nosos concellos raxando cun pasado de imposiciois lingüísticas. N´O Bierzo existen varios idiomas proprios dende a Idade Media, ástur-leonés e galego. Sendo tamén certo que a lingua ástur-leonesa se asentaba secularmente no oriente da nosa rexión, mentres que o galego fai o mesmo no occidente. Estes dous idiomas muito íntimamente relacionados, a pesar da súa comentada vinculación territorial, foron obxecto de minorización continuada por mor da progresiva imposición política do castelao que foi a língua xunguida ao poder estatal frente as línguas propias que non posuían recoñecemento legal pois non eran tidas en conta polas instituciois.

 

 

Ler máis...
 
Sobre a língua de António Fernandez Morales PDF Correo-e
Venres, 19 de Xaneiro do 2007

O DIALECTO BERCIANO DE ANTONIO FERNÁNDEZ Y MORALES.

Por Xabier Lago Mestre

En 1861 Antonio Fernández y Morales publicou "Ensayos poéticos en dialecto berciano" (reedición do Instituto de Estudos Bercianos, 2003). Libro que recolle diversos textos en lingua galega d´O Bierzo e que contén unha introducción do seu amigo Mariano Cubí i Soler, o cal lle animou a escribir a dita obra, baseada en parte en literatura oral da rexión. Da lectura conxunta, tanto desa dita introducción coma do prólogo do autor, poderemos comprender o pensamento compartido por estes dous compañeiros. Lembramos que a influencia deste libro ten sido grande. Así, o seu peculiar título serve de fundamento aos defensores da existencia do chamado dialecto berciano; casos de certo bercianismo político e cultural, e incluso para demandar la necesidad de "abordar la enseñanza escolar do ´subdialecto` berciano, así como normalizarlo (...)"(filólogo Manuel Gutiérrez Tunón, páx. 27). Pero a realidade é máis complexa. N´O Bierzo houbo e hai tres linguas en contacto (castelao, ástur-leonés e galego), e este plurilingüismo non pode reducirse a un sinxelo dialecto berciano, mediante a mestura histórica dos idiomas anteriores.



Ler máis...
 
FELICES FESTAS PDF Correo-e
Mércores, 27 de Decembro do 2006
FALA CEIVE
QUER NESTAS DATAS
 
FELICITAR A TODOS OS BERZIANOS E DEMAIS GENTE DE BOA VONTADE E GENEROSO CORAÇOM
 
QUE NOS VISITA
 

Os nossos melhores desejos no Natal e para o Ano 2008

 

E QUE OS SONHOS DE TODOS E TODAS, GRANDES E PEQUENOS SE CUMPRAM 

 

FalaCeive

 
Fala Ceive Protesta polo trato ao Galego na proposta de Estatuto de Autonomia da nosa Comunidade Aut PDF Correo-e
Luns, 04 de Decembro do 2006

PROTESTA ANTE O ESCASO RECOÑOCEMENTO DO GALEGO NO ESTATUTO DE CASTELA E LEON

A Asociación Cultural Fala Ceibe do Bierzo denuncia que no proxecto de Estatuto de Autonomía de Castela e León, aprobado o 29 de novembro, polas Cortes rexionais, non medrou o recoñecemento xurídico do idioma galego. Así pois mantense en dito proxecto o mesmo texto do actual Estatuto de Autonomía de 1999, "gozarán de respecto e protección a lingua galega nos lugares en que habitualmente se utilice" (novo artigo 5.3). Sen embargo, intrudúcese a seguinte novidade "o leonés será obxecto de protección específica por parte das instituciois polo seu particular valor dentro do patrimonio lingüístico da comunidade. A súa protección, uso e protección será obxecto de regulación" (artigo 5.2). Non se comprende esta distinta regulación estatutaria que se fai coas dúas linguas minoritarias de Castela e León.

Ler máis...
 
O Recoñecemento Institucional d'O Bierzo PDF Correo-e
Domingo, 26 de Novembro do 2006

O RECOÑECEMENTO INSTITUCIONAL DO BIERZO

Por Xabier Lago Mestre, Presidente da Asociación Cultural Fala Ceive do Berzo

Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver

No proxecto de Estatuto de Autonomía de Castela e León, en trámite no Parlamento autonómico, recoñecese no seu Preámbulo “la pluralidad y singularidad de sus territorios, entre los que se encuentran realidades como la Comarca de El Bierzo con una prolongada trayectoria institucional (...)”.  Xa que logo resulta mui oportuno facer esta distinción especial para este peculiar territorio periférico, non só polo seu devir institucional senon tamén pola variada caracterización xeográfica, histórica, xeo-funcional, socio-política, cultural e lingüística. Porén, nesta ocasión analisamos somente a especificidade institucional. Non imos facer referencia as vellas instituiciois medievais como o condado, a tenencia ou merindade d’O Bierzo; centrarmonos imos no  seguimento da provincia d’O Bierzo.

Ler máis...
 
O novo estatuto de Castela e Leon e o galego PDF Correo-e
Xoves, 09 de Novembro do 2006

GALEGO NO ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE CASTELA E LEÓN

Por Xabier Lago Mestre. Presidente de Fala Ceive

 

A presente reforma do Estatuto de Autonomía de Castela e León estase a tramitar con escaso debate social e certo escurantismo de cara á opinión pública. Isto non pode ser así cando hai temas tan importantes que nos afectan directamente. Neste caso queremos referirnos ao recoñemento estatutario das diversas linguas existentes nesta Comunidade Autónoma.

N´O Bierzo occidental existe o idioma galego como substituto do latin, dende a Idade Media é abondosa a documentación por ex. dos mosteiros de, (Carracedo, Espiñareda, Cruñego de Vilafranca e demáis). A Lingua galega que permanece viva na fala popular, a toponimia, a literatura oral, as tradiciois, as festas, a música, as formas máxico-relixiosas, etcétera. Na actualidade o ámbito territorial galego-berciano abrangue 18 concellos, e en menor medida outros 7 que vain dende Peranzais ata Benuza, pasando por Ponferrada, os cales fain de lindeiro oriental.
Ler máis...
 
Homenagem no Berzo a António Fernandez Morales PDF Correo-e
Luns, 06 de Novembro do 2006

HOMENAGEM NO BERZO A ANTONIO FERNÁNDEZ E MORALES

 

por Corral Iglesias, J. A
 
Nos dias 27, 28 e 29 de Outubro de 2006, a Universidade de Vigo , com acolaboraçom da Escola de Formaçom Permanente «Fermín Penzol», os concelhos de Cacabelos e Vilafranca, o Conselho Comarcal do Berzo, com as Associações Culturais «Xarmenta» e a «Escola de Gaitas de Vilafranca», bem como destacadas pessoas de outros territórios da Faixa Leste, como o Eu-Návia, Portelas etc. organizárom esta actividadeformativa cheia de interesse.

Ler máis...
 
Fala Ceive na 2ª Escola Fermin Penzol PDF Correo-e
Luns, 06 de Novembro do 2006

FALA CEIBE NA 2ª ESCOLA PERMANENTE FERMÍN PENZOL

Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver

Fala Ceibe participou na Mesa redonda: “Presente e futuro das linguas de Castela-León”, que tivo lugar o sábado 28 de outubro en Vilafranca do Bierzo. Este acto formou parte do programa da 2ª Escola Permanente “Fermín Penzol”, organizada pola Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. A dita mesa estivo formada por Héctor García Xil, profesor da Universidade de León, especialista en asturleonés, Ricardo González Saavedra, Pte. do Consello Comarcal do Bierzo, Felipe Lubián, procurador socialista nas Cortes de Castela-León, Manuel Mañá, Presidente da asociación Xarmenta, e Xabier Lago, Presidente de Fala Ceibe do Bierzo.

 

Ler máis...
 
Ajuda-nos a denunciar, difunde esta informaçom PDF Correo-e
Martes, 24 de Outubro do 2006

A OBSTACULIZAÇOM AO ENSINO DA NOSA LÍNGUA CONTINUA

Mais umha vez, Fala Ceive tem que sair à rua, para denunciar um novo obstáculo no caminho, no longo caminho, de dignificaçom, e normalizaçom da língua e cultura galegas no Bierzo. Para além das campanhas publicitárias organizadas por um governo da "Xunta" da Comunidade Autónoma Galega que é incapaz de aplicar os seus próprios planos, leis e acordos; para além das declaraçons de intençons e promesas dumha "Junta" da Comunidade Autónoma de Castela e Leom que nom som mais que palavras vazias e sem compromiso; para alem das leis que supostamente defendem os direitos das pessoas galego-falantes do Bierzo; para além de tudo isso, está a realidade. E a realidade é que todo tipo de entraves e obstáculos som postos no proceso de normalizaçom lingüística. Neste caso, nos centros de ensino, onde a atitude de certos profesores, funcionários e direcçons de centros, junto com o desleixo (quando nom com a clara colaboraçom no boicote) dos responsáveis políticos, fai com que as promesas fiquem em papel molhado.

O Bierzo segue a precisar da tua ajuda e colaboraçom. A luita galeguista no Bierzo sigue a precisar de toda a solidariedade e apoios que poda conseguir. Ajuda-nos na difusom desta denúncia por todos os meios possíveis.

A continuaçom vai a traduçom da carta queixa ao Procurador do Comum, efectuada polo Presidente de Fala Ceive, D. Xabier Lago Mestre.

Ler máis...
 
Xornadas de Formación cultural e galeguista PDF Correo-e
Luns, 23 de Outubro do 2006

 II ESCOLA DE FORMACIÓN PERMANENTE FERMÍN PENZOL

celebrara-se nas localidades de Cacabelos e Vilafranca

Os dias 27,  28 e 29 de outubro de 2006

Por segundo ano, a Universidade de Vigo, coa colaboración da Fundación Penzol (Fermín Penzol foi un galeguista berziano fondamente comprometido coa sua cultura), a Asociación Xarmenta,  os concellos de Cacabelos e Vilafranca, o Consello Comarcal do Bierzo, e a Universidade de León, asi como destacados persoeiros de outros  territórios da Faixa Leste, como o Eu-Návia,  Portelas etc. organizan esta actividade formativa cheia de interese.

Este ano a xornada vai estar centrada dun xeito especial en homenaxear ao grande poeta berziano Fernandez Morales, e en tratar cuestións a ver coa cultura galega e a reforma en andamento do Estatuto da nosa Comunidade autónoma de Castela e León. Fala Ceive, participará na mesa redonda onde se van a expor os problemas das diversas línguas na Comunidade Autónoma de Castela e león

Outra vez, vai ser a ocasión para que muitos mozos e mozas  berzianas, que aspiramos a garantir à nosa língua e cultura, o futuro que corresponde e nos pertence, podamos aprofundar en aspeitos da nosa história e cultura, que se nos tenta negar e ocultar

Ler máis...
 
Ante a reforma do Estatuto da CA de Castela e Leom PDF Correo-e
Xoves, 19 de Outubro do 2006

Ante a reforma do Estatuto de Autonomia de Castela e Leom

Na passada sexta-feira 13 de Outubro a Associaçom Cultural Fala Ceive enviou aos grupos do PSOE e do PP das Cortes (Parlamento autonómico) de Castela e Leom as suas propostas para a reforma do Estatuto de Autonomia da Comunidade Autónoma de Castela e Leom, em relaçom com um maior reconhecimento da língua galega.

No texto de Fala Ceive, realizam-se propostas concretas, que podem ser levadas adiante sem maiores problemas dentro do actual quadro jurídico-político, e que só precisam da vontade política dos partidos presentes as Cortes para sair adiante. Fala Ceive aposta claramente pola dignificaçom e promoçom da nossa língua e cultura no Bierzo e na Seabra, e para isso entende que a única possibilidade passa pola oficialidade da língua galega e polo seu reconhecimento nos textos legislativos autonómicos.

Ler máis...
 
O galego na história d'o Bierzo e a sua importáncia PDF Correo-e
Venres, 13 de Outubro do 2006

IMPORTANCIA DO GALEGO D'O BIERZO NA HISTORIA

Por Xabier Lago Mestre, Presidente de Fala Ceive
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver

Constátase a existencia do idioma galego n'O Bierzo dende Idade Media. Os nosos mosteiros posúen parte da súa documentación medieval en galego. Tamén conservamos nesta lingua o foro dado a Vilafranca do Bierzo pola Coroa. Estes exemplos demostran a importancia do galego medieval, así como o seu carácter histórico e institucional. A presenza deste idioma con codificación escrita indica que compartía o carácter “oficial” co latín. O uso institucional do galego implicaba efectos xurídicos derivados da regulación de todo tipo de relaciois (compra-vendas, doaciois, foros enfitéuticos, testamentos, arrendamentos e demais) contidas na dita documentación.



Ler máis...
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 Seg. > Remate >>

Resultados 26 - 50 de 63
 
© 2008 Fala Ceive
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5