Início arrow Novas arrow Fala Ceive
    
Menu Principal
Início
Quen somos e facemos
Contactar connosco
Arquivo
Forum do Sil
Novas
Ligazons
Imaxes
Blog de Fala Ceive
CiberIrmandade
Visitas Totais
Visitantes: 650721
Visitantes
Temos 1 convidado conectados


Fala Ceive
Petizon de axuda a todos os amigos e amigas PDF Correo-e
Luns, 18 de Setembro do 2006

PEDIMENTO DE AXUDA PARA UN MAIOR RECOÑECEMENTO ESTATUTARIO DO GALEGO. 

Contamos convosco e as vosas colaboraciois 

A Asociación cultural Fala Ceibe, diríxese á cidadanía d'O Bierzo e da Galiza en pedimento de axuda para demandar ante as Cortes de Castela e León unha maior protección da lingua galega na reforma do Estatuto de Autonomía desta Comunidade Autónoma. Pretendemos máis recoñemento legal para o galego de O Bierzo e da Alta Seabra que permita a necesaria normalización lingüística, que debe acompañar o recoñecemento de un direito básico constitucional, como son os direitos linguísticos, nestes dous territorios. Neste sentido a declaración de oficialidade do galego debe ter lugar no devandito Estatuto de Autonomía, o cal permitiría o uso administrativo deste idioma nas instituciois públicas. Ademáis é lexítimo e xusto que todas as comunidades galego-falantes do noroeste peninsular (Galiza, Navia-Eo, O Bierzo e A Alta Seabra) teñan recoñecidos iguais dereitos lingüísticos, para salvar as discriminaciois que sofren os habitantes dos tres territorios estremeiros con idioma galego sen declaración de oficialidade.    

Ler máis...
 
Festas patronais de Ponferrada vindicativas PDF Correo-e
Sábado, 16 de Setembro do 2006

AS FESTAS PATRONAIS DE PONFERRADA, FALA CEIBE FIXOAS VINDICATIVAS

Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver


Aproveitando as festas patronais de Ponferrada, e o entusiasmo festeirio e vindicativo de moitos ceives, fixemos un chisco de activismo vindicativo. Así continuamos co noso tradicional recurso de introducir nas caixas dos correos, materiais de Fala Ceibe en varios concellos, neste caso foron os de Ponferrada, Camponaraia, Cacabelos, Vilafranca e Toural dos Vaos.
Ler máis...
 
Parabens a Escola de gaitas de Vila Franca por este seu 1º quarto de século PDF Correo-e
Venres, 15 de Setembro do 2006

Escola de Gaitas de Vila Franca: 25 anos de trabalhos e ilusoes

A Escola de Gaitas de Vila Franca do Berzo, celebra esta fim de semana o seu 25 Aniversário com um concerto no que contaram com a presença dos gaiteiros de Treixadura

Ler máis...
 
A nossa(s) língua(s) avanza(m) no Berzo PDF Correo-e
Mércores, 13 de Setembro do 2006

A nossa(s) língua(s) avanza(m) no Berzo

Por Igor Lugris

Partidários dumha ou outra normativa para a nossa língua, conscientes ou nom de falarmos a mesma língua no aquém e no além Minho, o que devemos fazer é felicitarmo-nos porque, contra vento e maré, fazendo frente a mil e umha dificuldades e atrancos, a(s) nossa(s) língua(s) avança(m) no Berzo.
[+...]


Ler máis...
 
No Berzo!, Promesas, mentiras e factos reais PDF Correo-e
Luns, 28 de Agosto do 2006

Promesas, mentiras e factos reais

Onte mesmo, falavamos sobre a renovaçom do convénio "del gallego", e criticavamos que todo se resumira, finalmente, na esperança de que a vontade da "Ghunta" de Castela e Leom em permitir o ensino da nossa língua na nossa regiom nom tivera fim. De certo, na próxima quarta-feira, quando o conselheiro de educaçom da "Ghunta", Francisco Javier Álvarez Guisasola, e a conselheira da Junta, Laura Elena Sánchez Piñón, assinem o novo acordo, todo serám fotos, declaraçons de boas intençons, promesas. Propaganda. Pura e dura propaganda. E agitaçom, claro. Que a realpolitik nom está rifada com a agitprop (isso já o descobrirom os políticos profesionais há muito tempo). Mas será tudo, realmente, umha grande mentira.

Ler máis...
 
O próximo mércores (quarta feira) assinam Catela e Galiza o acordo sobre o ensino da língua na CyL PDF Correo-e
Luns, 28 de Agosto do 2006

O próximo mércores (quarta feira)  assinam as CCAA de Catela e Galiza o convênio sobre o ensino da língua na CA de Castela e leom.

 Fala Ceive, felicita-se pola renovaçom deste convênio que era uha constante reclamaçom nossa, porém achamos que o mesmo nom cobre todas as eivas que se vinham detectando na aplicaçom do anterior. 

Ler máis...
 
O GALEGO HISTÓRICO DO BIERZO ( I ) PDF Correo-e
Sábado, 19 de Agosto do 2006

O GALEGO HISTÓRICO DO BIERZO ( I ),

Por Xabier Lago Mestre, Presidente de Fala Ceive.

A presenza do galego no Bierzo está constatada desde a Idade Media. Na documentación conservada dos mosteiros bercianos de Sta. Mª de Carracedo, Santo Andrés de Espiñareda, Sta. Mª de Crunego e San Francisco de Vilafranca atopamos multitude de referencias escritas en galego. Os ditos cenobios e os outros máis galegos (Samos, Celanova, Meira ou Sobrado) que tamén tiveron intereses territoriais no Bierzo, utilizaron con total normalidade esta lingua autóctona e propria na súa actividade administrativa, tanto interna como externa. A pesar disto, salientamos que a meirande parte das relaciois sociais, agropecuarias e comerciais en xeral foron ágrafas, xa que a poboación labrega só usaba o galego oral, porque descoñecía a súa codificación escrita, polo que carecemos da correspondente constancia documental.


Ler máis...
 
Impiden de estudar galego no IES de Cacabelos PDF Correo-e
Luns, 24 de Xullo do 2006

IMPIDEN ESTUDAR GALEGO NO INSTITUTO DE CACABELOS

 


A asociación Fala Ceibe denuncia os atrancos que está a sofrir a lingua galega no IES Bergidum Flavium de Cacabelos, xa que, tal como nos comunica un pai posto en contacto connosco, non se lles está a permitir aos alumnos de 4º de ESO escoller a optativa de Lengua y Cultua Gallega, e o que aínda é máis grave, no sobre de matrícula non se lles informa tampouco da posibilidade de escoller Ciencias Sociais en galego en 4º, a pesar de que existe o compromiso de informar aos pais desta posibilidade e de que no sobre da matrícula ten que ir unha autorización para que os pais que o desexen a cubran.


Ler máis...
 
Fala Ceibe Pide a Revisión do Acordo Interautonómico para o ensino do Galego no Bierzo PDF Correo-e
Martes, 04 de Xullo do 2006

FALA CEIBE DO BIERZO PIDE A REVISIÓN DO ACORDO INTERAUTONÓMICO PARA O ENSINO DO GALEGO NO BIERZO.

A Asociación Cultural Fala Ceibe do Bierzo  lembra que o Acordo de Cooperación para a promoción do idioma galego en O Bierzo, sinado entre a Xunta de Galicia e maila Junta de Castela e León (Vilafranca do Bierzo, 18 de xullo de 2001), ten  unha duración de 5 anos, polo que está a punto de cumprir a súa vixencia. Razón pola que  reclamamos ás dúas administraciois implicadas, non a sinxela prórroga automática senón unha revisión do texto xurídico que actualice o seu contido. Neste sentido engadimos algunhas propostas que consideramos de interese. 

Ler máis...
 
Informe do Conselho Consultivo das Astúrias PDF Correo-e
Luns, 26 de Xuño do 2006

Mal pintam as cousas para o Asturo-leonês nas Astúrias (e para o galego)

Um Conselho Consultivo de Comunidade Autónoma, vem ocupar na comunidade autónoma, o role que ao Consello de Estado fixam as leis do estado.

Um conselho consultivo tem que centrar as suas analises  nos aspeitos jurídicos da proposta consultada. É dizer em se vai contra o ordenamento, se se ajustar a ele ou que questões haveria que remover para que fora válida, se puder se-lo.

Os informes dos Conselhos Consultivos podem ser preceptivos e voluntários.

Os conselhos Consultivos forom criados nas CC.AA. com o visto e praz do T. Constitucional, dada a existência de inumeros ditames preceptivos que a saturaçom do Conselho de Estado (estatal) acabava por fazer irregulares ao faltar o elemento preceptivo (e por tanto imprecindível) do informe.

Ler máis...
 
15 anos do Consello Comarcal do Bierzo. Festa rachada PDF Correo-e
Venres, 23 de Xuño do 2006
O sábado 24, é a festa do Consello Comarcal do Bierzo

O Consello Comarcal do Bierzo cumpre 15 anos e celebra-o con unha festa. Os actos comezan as 10:30 horas nos salois do Ponferrada Park.

É muito o que debemos festexar pola existéncia deste Consello comarcal, e pola pronta incoporación ao mesmo de Palacios de Sil, e pola non mui lonxana incorporación de La Baña e Castrillo de Cabreira.

Alén diso, debemos reclamar que o Bierzo teña un tratamento específico no novo estatuto de Castela e León, que estexa no estatuto novo co relevo que corresponde, que as competéncias do Consello Comarcal teñan polo menos o alcance das do Consello do Val de Aran na Cataluña, e que a língua galega como língua própria do Bierzo, asi como de outras zonas da nosa Comunidade Autónoma (As Portelas) teña o debido recoñecemento. Pois os direitos linguísticos, son direitos básicos das pesoas, e ten que ser debidamente recoñecidos seguindo as recomendaciois para a nosa comunidade do Consello da Europa.

Ler máis...
 
O galego Proibido de Lubian PDF Correo-e
Mércores, 21 de Xuño do 2006

A Mesa agasalla unha caixa de DVDs e banda deseñada aos escolares de Lubián e exíxelle á Junta de Castilla y León que finalice a 'intolerábel prohibición' do galego

A Junta de Castilla y León avala a prohibición de falar galego na escola de Lubián

No 2002, un neno e unha nena recibiron o castigo no colexio de escribir 200 veces “No hablaré gallego en clase”

Na escola de Lubián, concello galego-falante pertencente á provincia de Zamora, os nenos e as nenas teñen prohibido falar galego. A situación non é nova, pois xa no ano 2002 unhas familias denunciaran aos medios de comunicación que un neno e unha nena recibiran o castigo por parte do profesor de escribir duascentas veces “No hablaré gallego en clase”.


Ler máis...
 
Pedimento ao Parlamento Galego PDF Correo-e
Xoves, 15 de Xuño do 2006
PEDIMENTO AO PARLAMENTO GALEGO DE RESOLUCIÓN A PROL DO GALEGO
NO ESTATUTO DE CASTELA E LEÓN.

A Asociación Cultural Fala Ceibe do Bierzo, diríxese aos partidos políticos da Comunidade Autónoma de Galicia para que aproben unha Resolución do Parlamento Galego a prol da declaración de oficialidade da lingua galega no Estatuto de Autonomía de Castela e León. Lembramos que a Lei galega 3/1983 , de 15 de xuño, de Normalización Lingüística, no seu artigo 21, recoñoce “protexe-la lingua galega falada en territorios lindeiros coa Comunidade Autónoma”. Non cabe dúbida que esta Lei autonómica fai unha implícita mención aos 4 territorios de Navia-Eo, O Bierzo, As Portelas da Seabra zamorá e Val do Ellas cacereño, polos seus vincallos histórico, cultural e lingüístico con Galiza.

Ler máis...
 
Queixa ao Procurador do Comun PDF Correo-e
Martes, 06 de Xuño do 2006

QUEIXA AO PROCURADOR DO COMÚN SOBRE O ENSINO DO GALEGO NO BIERZO.

Fala Ceibe formula unha queixa ao Procurador do Común de Castela e León (Defensor do pobo rexional) referida ao ensino do galego nos centros escolares do Bierzo. Trátase do pedimento para que se oferte a materia de lingua galega nos cursos 3 ou 4 do ESO. Recordemos que actualmente se imparte este idioma dentro doutras materias –coñecemento do medio, plática e ciencias sociais-, e que algúns pais e mais con alumnado afectado se puxeron en contacto con esta asociación cultural para que demandemos que se oferte o ensino do galego, como materia propia, en 3 ou 4 do ESO.

Ler máis...
 
Carta ao Procurador do Comun PDF Correo-e
Martes, 06 de Xuño do 2006

CARTA AO PROCURADOR DO COMÚN  SOBRE A FORMACIÓN DO PROFESORADO.

(Ponferrada, novembro 2004)

A Asociación cultural Fala Ceibe formula unha queixa ao Procurador do Común de Castela e León (Defensor do pobo rexional) relacionada coa formación específica do profesorado que imparte clases de galego no Bierzo.


Ler máis...
 
Mais doazois de libros PDF Correo-e
Martes, 06 de Xuño do 2006

Fala Ceibe leva repartidos miles de libros entre os colexios publicos e bibliotecas berzianas, esta foi unha das últimas.

FALA CEIVE DOA LIVROS Á BIBLIOTECA PÚBLICA E Á ESCOLA DE CINEMA DE PONFERRADA POR VALOR DE 1300 EUROS 

Na quarta-feira 24 de Novembro, a Associaçom Cultural Fala Ceive do Berzo, dentro da sua campanha de promoçom do livro galego e em galego entre as bibliotecas e centros de ensinanza da nossa comarca, realizou umha nova doaçom de livros, valorados em mais de 1300 euros.

Ler máis...
 
Denuncia consejeria de educación PDF Correo-e
Martes, 06 de Xuño do 2006

(PUBLICADO NO XORNAL BIERZODIGITAL.COM)

Fala Ceibe acusa a la Dirección Provincial de Educación de "ocultar deliberadamente" la oferta educativa de la lengua gallega en la guía del estudiante

La asociación cultural ha trasladado su queja al Procurador del Común, recordando su resolución de 2002, en la que "ya nos dio la razón a la hora de hacer una demanda informativa semejante".
Ler máis...
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 Seg. > Remate >>

Resultados 51 - 67 de 67
 
© 2008 Fala Ceive
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5