|
Visitas Totais |
|
Visitantes: 1094831
|
|
Visitantes |
|
Temos 10 convidados conectados |
|
|
|
O galego das Asturias
|
Venres, 09 de Abril do 2010 |
Reclama-se o que até agora era um feito normal em grande parte do território e com excelentes índices de audiência
A asociación ABERTAL do Eo-Navia, presidida polo académico Carlos Varela, apoia a petición do Goberno Galego para que se vexa o sinal da TVG na comarca do Eo-Navia pola TDT, postura defendida por todas as forzas galegas e polo Presidente Zapatero, dada a importancia que ten esta canle de televisión na recuperación da lingua galega no Eo-Navia e a superación da descriminación que sofre o Occidente de Asturias. Do mesmo xeito celebramos a boa acollida da petición por parte da gran maioría dos alcaldes do Eo-Navia, sexan da forza que sexan, xa que responde a unha clara demanda social. Pedimos ao Goberno do Principado que asine un convenio coa Xunta de Galicia, para que no mesmo sentido poida verse a TPA na Mariña e na parte oriental galega e non se deixe levar polas actitudes de imposición cultural e comunicativa dos sectores máis radicais e marxinais do asturianismo político, con manifestacións tan ridículas como as da Academia da Lingua Asturiana, do deputado de Esquerda Unida Francisco Javier García Valledor ou as desafortunadas declaracións da alcadesa de El Franco, Cecilia Pérez. Nun tempo en que se disolven as fronteiras e que se produce unha maior oferta audiovisual que conduce a unha maior liberdade informativa, actitudes de persoas e institucións que se opoñen á liberdade dos cidadáns na libre elección de información nunca deben ser tidas en conta por antidemocráticas. |
|
|
Venres, 11 de Decembro do 2009 |
LINGUA E CULTURA E ASSOCIACIONISMO NO EU-NÁVIA
A. S. - A comarca do Návia-Eu é, de todas as terras estremeiras, a que antes se arredou institucionalmente da Galiza. Esse feito, junto ao convívio da idiossincrasia galega com umha forte identidade astur, tem distanciado muito mais de nós esta bisbarra do Leste; enquanto umha quantidade importante de bercianos e seabreses aderem a um certo sentimento galego, nesta terra entre os dous rios a localizaçom é mais equívoca. Algum sector do asturianismo risca de “expansom galega” a vindicaçom da cultura tradicional; frente a esta posiçom trabalha um perdurável associativismo. Parte dele sente-se plenamente galego de naçom, enquanto outro, com a mesma legitimidade, se define como “asturiano de naçom, mas de língua e cultura galegas”. No entanto, o espanholismo mais exaltado aguilhoa de Oviedo o antigaleguismo mais primário. |
|
Ler máis...
|
|
|
Sábado, 21 de Novembro do 2009 |
A Associaçom Abertal quer que a TVG se siga avendo nas Astúriassoma-se assim à postura defendida pola imensa mairia dos concelhos ocidentais das Astúriase multiplas instituiçois A associaçom Abertal do Eu-Návia, presidida polo académico Carlos Varela, apoia a petiçom do Governo galego para que o sinal da TVG seja recebido polos decodificadores de TDT na comarca do Eu-Návia. A Abertal soma-se assim à postura defendida por todas as forças políticas galegas e polo Presidente do Estado espanhol José Luís R. Zapatero, devido à importância e estimaçom que esta televisom tem entre os seus moradores. Tendo ademais que na comarca do Eu-Návia a língua própria é o galego das Astúrias, e ajudar assim asuperarem descriminaçois que se sofrem no ocidente. Podemos ver televisois dos lugares mais diversos e pintorescos, mas nom a galega que recebiamos todos os dias nos nossos fogares com muito gosto.. Todos os presidentes das câmaras municipais ocidentais (18, salvo uma) da comarca do Eu-Návia, apoia a medida, somando-se assim a umha clara demanda social. Da Abertal, demandam ao Governo de Astúrias o compromisso em firme dum convénio com a Junta da Galiza, para que também seja posível ver a TPA na Marinha e na parte oriental galega e «nom se deixe levar polas atitudes xenófobas e irracionais>>. |
|
|
Venres, 03 de Abril do 2009 |
A ASSOCIAÇOM EUNAVIEGA ABERTAL, DENUNCIA A MANIPULAÇOM DA REALIDADE LINGUÍSTICA EUNAVIEGAA Asociación Cultural ABERTAL do Eu-Návia, presidida polo académico da RAG Carlos Varela, acaba de manifestar, através de comunicado de imprensa, o seu rejeitamento às continuas manifestações de um meio jornalístico asturiano e da associaçom Xeira, «por quererem manipular e tergiversar a situaçom lingüística do galego das Astúrias no Eu-Návia, pretendendo fazê-lo desaparecer». |
|
Ler máis...
|
|
|
Mércores, 05 de Novembro do 2008 |
IV ESCOLA DE FORMAÇOM PERMANENTE FERMÍN PENZOL Vai desenvolver os seus trabalhos no Auditório de Riba d'Eu (A Marinha/Eu-Návia), os dias 7 e 8 de Novembro de 2008 A sexta 7 de Novembro às 17H00 abertura da IV Escola de Formaçom Fermín Penzol por Fernando Suárez, alcaide de Riba d'Eu e Xosé-Henrique Costas, da Universidade de Vigo, coordinador da Escola Fermín Penzol
|
|
Ler máis...
|
|
|
Venres, 19 de Outubro do 2007 |
Os eonaviegos de ABERTAL editan dous blogues sobre bibliografía e auto-colantesFala ceive disponibiliza a toso os ceives e berzianos esta interesante información |
|
Ler máis...
|
|
|
Xoves, 02 de Agosto do 2007 |
As mentiras da Plataforma Eonaviega de Xeira Carlos Xesús Varela Alenlle, presidente da asociación ABERTAL do Eu-Návia, que luita pola defensa dos direitos linguísticos dos galegofonos asturianos nese território ocidental das Astúrias, denuncia un panfleto da plataforma Xeira terxiversador da realidade e como o mesmo responde a decisióis da Academia da Llingua Asturiana. Eis o seu interesante e clarificador comunicado: |
|
Ler máis...
|
|
|
Martes, 26 de Xuño do 2007 |
Abertal acusa á Oficina Lingüística de Asturias de non cumprir o seu paple defendendo os direitos linguísticos no Eo-Navia Ramón d'Andrés chefe deste departamento, criticou as medidas do Parlamento en apoio dos galegofalantes, esquecendo que o Parlamento Galego, non aprobou nengunha medida de apoio ao galego do Eo-Návia, somente de apoio as autoridades políticas de Astúrias que ten a obriga de garantir e protexer eses dereitos. Rmón d'Andrés non fai nada polo galego de Asturias e tampouco sobre o asturo-leonés, asturiano ou bable segundo distintas denominacióis usadas, e a oferta de axuda e de facilitar médios a ele para o seu labor considera-o unha intromisión. |
|
Ler máis...
|
|
|
Martes, 27 de Marzo do 2007 |
PRESENTACIÓN del INFORME SOCIO-LINGÜÍSTICO DEL EO-NAVIAO Eo-Návia é a o território formado por 18 concelhos do ocidente de Astúrias que ten como língua própria o galego, magnificamente estudado na Tese doutoral de Xoan Babarro " O Galego de Astúrias". (publicada pola Fundación Barrié) O galego de Astúrias ten varias modalidades de falas dentro dele, o que o fai mui particular e ten tamén características que son comuns a toda a Faixa-Leste da língua galega. Ainda que goza de grande vitalidade e é usado de xeito mui importante en todo tipo de situaciois no território, neste momento sofre ameazas que son comuns a todo o galego e que nas Astúrias se cruzan con outro tipo de situaciói sociais. A Asociación eonaviega ABERTAL, comprometida na defensa, promoción e posta en valor e dignidade do galego en Astúrias, realizou un interesante e mui valioso traballo socio-linguístico sobre a situación actual da nosa língua nesa espazo, e dito traballo vai ser dado a coñecer este próximo sábado nun formoso acto, a realizar na vila eonaviega de Návia. Todos os ceives e amigos que desxen estar nese interesante encontro, xá saben SÁBADO 31 DE MARZO, ÁS 12 DA MAÑÁ, NA CASA DE CULTURA DE NAVIA
|
|
| |
|
|
|
|