|
Visitas Totais |
|
Visitantes: 650556
|
|
Visitantes |
|
Temos 1 convidado conectados |
|
|
|
Outras |
|
Venres, 03 de Outubro do 2008 |
O BERCIANISMO POLÍTICO CO IDIOMA GALEGO, Por Xabier Lago Mestre, Presidente da asociación Fala Ceibe do Bierzo. O BILINGÜISMO REXIONAL.-
A situación estratéxica da nosa rexión, entre territórios con fortes identidades políticas e culturais, favoreceu a influencia secular destas n'O Bierzo. Como singularidade cultural máis destacada temos a presenza de tres idiomas, o castelán, o galego e o asturo-leonés (os dous últimos orixinários da rexión e muito próximos entre sin, como quase co-dialectos, e o castelán praticamente imposto no século XX).
|
|
Ler máis...
|
|
|
Xoves, 04 de Setembro do 2008 |
|
 Hoje, publicam no Galicia Hoxe o resultado dumha entrevista que figerom a Igor Lugris http://ovniseisoglossas.agal-gz.org, como introduçom ao monográfico que manham publicarám na "Revista das Letras": "Lugrís, a quen GALICIA HOXE lle dedicará o suplemento Revista das Letras desta semana, é un deses escritores que lograron tecer, paseniño, con iniciativas cimentadas na forza da vontade e da inventiva e alén da industria cultural, as súas redes de leitores". IGOR LUGRIS, O COMPANHEIRO POETA QUE ORGULHA A TODOS OS CEIVES E BERZIANOS - e que vivam os vizinhos de Cabanas raras que o compartem no dia a dia
Pois, sob o titular "Crer en nós mesmos", recolhe a jornalista M. Dopico as suas reflexons sobre diferentes temas relacionados com a poesia, a literatura, a arte, a cultura em geral, com Galiza, etc...: "A literatura é, para Lugrís, un xeito de "interpretar o mundo. Non creo que sirva para transformalo, pero si para clarificalo, e iso pode ser a base para mudalo. Esta é a miña opción. Outros poetas teñen outras, tamén válidas. Creo que a poesía non debe procurar a beleza, senón a verdade. Pero non todo é compromiso. Tamén ten que ter unha parte atractiva, evocadora, que te anime a seguir adiante", comentou. As obras deste poeta amosan unha continuidade temática, que xira arredor de varios eixes. Un deles é o amor: os sentimentos, os corpos... que Lugrís conecta con cuestións sociais e políticas como a situación da lingua galega e a súa función alicerzadora da identidade: outra das súas inquedanzas, como a liberdade". Isto foi ontem e hoje pois mais muito mais como veredes ao seguir a notíciae estará acompanhando a quem já saiu até agora: Lucía Aldao, María do Carme Kruckenberg, Rafa Janeiro, Lupe Gómez, Carlos Lema, Xesús Constela, Ildásio Tavares,... |
|
Ler máis...
|
|
|
Luns, 21 de Xullo do 2008 |
Entrevista com Voz PrópriaO Voz Própria, a revista de NÓS-Unidade Popular, entrevista-o no seu último número, para falarem da situaçom lingüístico-cultural, mas também política, do Bierzo. A seguir, vai na íntegra a entrevista, ainda que para algumha gente poda ser mais cómodo e atractivo aceder a ela no formato digital de fácil leitura que oferecem no seu web. |
|
Ler máis...
|
|
|
Venres, 30 de Maio do 2008 |
Participa no concurso para escolhermos a cançom galega do verao: boa música, alegria e festa na nossa língua. Eu, fago a minha aposta, e animo a todo o mundo a votar no Projecto Mourente e o seu "Chuliboi", a melhor. |
|
Ler máis...
|
|
|
Venres, 30 de Maio do 2008 |
Remédios collage  Esta sexta-feira, 30 de Maio, Reme Remédios inaugura a sua exposición de debuxos e collages “Carpeta Negra - Carpeta Verde”, na Galeria Dosmilvacas.arte, em Ponferrada (Avda. de Astorga, 7). Visitem o seu blog. Ganhem no mínimo um minuto de vida fazendo-o. Paga a pena. |
|
Ler máis...
|
|
|
Mércores, 21 de Maio do 2008 |
GALIZA E O BERZO: UNIDADE XURISDICIONAL E POLICIAL A FINS DO SÉCULO XV Por Xabier Lago Mestre, Presidente de Fala Ceibe do Bierzo. O achádego de varios documentos da década dos 80 do século XV pemítenos saber máis das relaciois institucionais entre Galiza e maila rexión do Bierzo. Estes documentos refírense á unidade xurisdicional e policial para ámbolos dous territorios vecinos. Ante os problemas de orde pública rexistrada no reino de Galiza, a Raíña Isabel a Católica determina, mediante provisión de 7 de outubro de 1480, que os seus máis importantes oficiais neste reino, a saber, o Capitán e Xustiza Maior , Hernando de Acuña, e o Alcalde Maior, o licenciado Chinchilla, amplíen a súa xurisdición ao Bierzo. |
|
Ler máis...
|
|
|
Mércores, 07 de Maio do 2008 |
O manifesto da AGALhttp://www.agal-gz.org/manifesto08/index.php http://www.agal-gz.org/modules.php?name=News&file=article&sid=4305 A NOSSA LÍNGUA É INTERNACIONAL A Associaçom Galega da Língua (AGAL), com motivo da celebraçom do Dia das Letras, convoca todos os galegos e galegas a manifestarem-se o próximo 18 de Maio às 12 horas na Alameda de Compostela, em defesa da Língua da Galiza, que identifica o nosso Povo, e convida a fazê-lo de modo firme e cívico polos nossos direitos lingüísticos individuais e colectivos de acordo com as seguintes considerações: |
|
Ler máis...
|
|
|
Mércores, 07 de Maio do 2008 |
O manifesto da Mesa para a Normalización linguísticaManifesto: POLO DEREITO A VIVIRMOS EN GALEGO http://www.amesanl.org/18maio2008/campanha.htm As persoas e entidades que apoiamos a manifestación nacional “Polo dereito a vivirmos en galego” este 18 de maio de 2008, declaramos: |
|
Ler máis...
|
|
|
Mércores, 07 de Maio do 2008 |
A minha língua...  A minha língua quero na tua boca e nos teus lábios nos teus peitos E no país inteiro do teu sexo falar com o idioma que nos pertence Procurar a humidade com a língua que nos une para dar-lhe nome ao teu corpo e repetir em cada rio em cada bosque em cada outeiro da tua geografia a promessa de quem ama sem palavras Com o silêncio das estrelas, tam longínquo e singelo |
|
Ler máis...
|
|
|
Xoves, 24 de Abril do 2008 |
A REVOLTA DOUS IRMANDIÑOS BERCIANOS DE 1467 A documentación histórica conservada non aporta dados sobre as repercusiois da revolta dos comuneros de Castela no Bierzo; xusto o contrário do que acontez coa intervención directa no levantamiento dos irmandiños da rexión berciana. Malia que contamos maxoritariamente con testemuños derivados das fontes controladas polos poderosos da nobreza, clero e coroa-, contrarios a este proceso anti-señorial, cada nova pesquisa resalta máis a importancia que tivo o conflito irmandiño.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Xoves, 17 de Abril do 2008 |
GALIZA E O BERZO: UNIDADE XURISDICIONAL E POLICIAL A FINS DO SÉCULO XV Por Xabier Lago Mestre, Presidente de Fala Ceibe do Bierzo. O achádego de varios documentos da década dos 80 do século XV pemítenos saber máis das relaciois institucionais entre Galiza e maila rexión do Bierzo. Estes documentos refírense á unidade xurisdicional e policial para ámbolos dous territorios vecinos. Ante os problemas de orde pública rexistrada no reino de Galiza, a Raíña Isabel a Católica determina, mediante provisión de 7 de outubro de 1480, que os seus máis importantes oficiais neste reino, a saber, o Capitán e Xustiza Maior , Hernando de Acuña, e o Alcalde Maior, o licenciado Chinchilla, amplíen a súa xurisdición ao Bierzo. |
|
Ler máis...
|
|
|
Xoves, 06 de Marzo do 2008 |
POLO SISTEMA ELEITORAL BERZIANO
Por Xabier Lago Mestre (entrega nº dous) Seguimos coa análise das propostas que desde O Bierzo facemos á reforma da actual Lei do Consello Comarcal. Un dos temas máis controvertidos, a nivel político, é o da modificación do sistema eleitoral dos membros do Consello Comarca Berziano. O debate dialéctico agudíza-se ao se tratar o aspecto da eleición directa ou indirecta dos representantes berzianos. Os defensores da opción política a favor da actual eleición indirecta, seguindo o modelo das deputazois, non están dispostos a aprofundar na democracia participativa que supón a alternativa da eleición directa. |
|
Ler máis...
|
|
|
Luns, 03 de Marzo do 2008 |
SOBRE BILINGÜES E BILINGÜISMO (autorizada a reproduçom polo autor) Artigo do Presidente da AGAL : Alexandre Banhos Galicia Bilingue... Llevemos adelante una cruzada para defender que el español es nuestro idioma..... el gallego para qué? eso sobra, libertad si, no a su imposición. (Vigo Fevereiro 2008 Centro Cultural Caixanova) Eis a mensagem bem concisa e a(s) ideia(s) clara(s) e de jeito bem preciso Essa é a mensagem que está no lado escuro da associaçom Galicia Bilíngue, esse é o empático nome que o Partido Popular está usando, logo do fracaso de outras siglas, para mobilizar as bases mais reaccionárias e espanholistas, nom tanto na Galiza, senom também no resto do estado, pois a mensagem subliminal que leva o nome e o discurso que se acompanha, serve para amossar as ameaças que por aqui e a conta do idioma padece a sacrossanta unidade de Espanha, como diria o cardeal arcebispo de Madrid D. Rouco Varela; e todo isso contra unha política linguística do governo galego que infelizmente nom é muito diferente, que a própria que o Partido Popular véu desenvolvendo, durante os últimos quinze anos, no governo autonómico da Galiza. |
|
Ler máis...
|
|
|
Mércores, 20 de Febreiro do 2008 |
A TERRITORIALIDADE REXIONAL D’O BIERZO,
Por Xabier Lago Mestre, Presidente da Asociación Fala Ceive. Os políticos anunciáron-nos que en 2008 vai-se reformar a Lei do Consello Comarcal d’O Bierzo . Non é a primeira vez que prometen isso, mas os berzianos temos a necesidade de confiar de novo en que nesta ocasión si van a sério. Resulta conveniente iniciar canto antes o longo debate reformador para facer propostas ben acaídas as peculiaridades d'O Bierzo, e facermos iso desde O Bierzo. Nesta primeira entrega de artigos entramos na análise do modelo territorial que precisamos.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Venres, 15 de Febreiro do 2008 |
ESCREVE O ABECEDARIOProposta virada para “jogar com a literatura”
PGL – Em seu dia lançou o Cadáver Esquisito "Há umha certa luz incompreensível na distáncia"?, agora o escritor Ceive Igor Lugris, desde o Berzo, lança para o berzo e lém do mesmo um desafio: Escreve o abecedário!, iniciativa virada para “jogar com a literatura” de uma maneira bem simples: “escrever umha série de textos, com vontade literária, que contenham só palavras que comecem sempre pola mesma letra. E também, se és capaz ou queres tentá-lo, textos que contenham palavras que comecem por cada umha das letras do abecedário e colocadas obrigatoriamente por orde alfabética.” |
|
Ler máis...
|
|
|
Mércores, 06 de Febreiro do 2008 |
TEATRO DE NINGURES (RECENTE PRÉMIO MAX) APRESENTA EM PONFERRADA A SUA OBRA "EMIGRADOS"  Mais um ano, volta o ciclo de Teatro 'Lenguas a Escena', que organiza a Escola Oficial de Idiomas de Ponferrada, em colaboraçom com o Teatro Bergidum, de Ponferrada. Neste ciclo, representam-se no Teatro obras nas diferentes línguas que podem ser cursadas na EOI, a um preço especial de só 3 euros a entrada. As representaçons som às 19.00h., agás a de língua galega, que tem lugar no horário habitual de representaçom, às 21.00h., dado que a direcçom do Teatro entende que é umha obra que pode ser vista sem nengum tipo de problemas, polo público habitual da sala. O que nom se entende é que se realmente acredita em que isso é assim, porque é que nom programa esse Teatro mais obras na nossa língua, também língua autóctone do Bierzo, ao longo do ano? Mas bom, isso é outro cantar, ou contar. |
|
Ler máis...
|
|
|
Domingo, 13 de Xaneiro do 2008 |
ENTREGA DOS PRÉMIOS XARMENTA NO TEATRO BERGIDUM A Asociación berziana Xarmenta, compañeira nosa de luitas, recentemente veu a dar a coñecer os ganhadores do ano pasado dos prémios Xarmenta a contributos destacados na defensa e promoción da língua galega no Berzo coñecer os gañadores dos. |
|
Ler máis...
|
|
|
Domingo, 06 de Xaneiro do 2008 |
MODELO PARA ARMAR IIPOR ERNESTO VAZQUEZ SOUZA desde Valhadolid
"Por esta porta entrou namorado o trobador Fernando Esquio polo ano 1200" (Placa na Porta Minha de Lugo) A. Ponhamos por caso que replicamos um discurso espanholista clássico que se está a pronunciar contra a maldade separatista catalã e basca e a imposição de pensamento quanto língua dizendo que no fundo eles têm medo a desaparição e que por isso agem desse jeito. Falam línguas minoritárias e não têm muita saída. Que não são preocupantes a médio e longo prazo. E que a nós como galegos realmente não nos fazem mal. |
|
Ler máis...
|
|
|
Domingo, 06 de Xaneiro do 2008 |
QUÉ É SER GALEGO?Ernesto Vázquez Souza, é um galego destes que estam desterrados na capital da nossa comunidade autónoma de Castela e Leom, Valhadolid, e acolá nessa distância na que ansia poder passar os montes de Leom (os que de sempre separarom a galegos de leoneses, até que Isabel I a Católica e Filipe II pugerom os cimentos de mudarem as cousas), faz interessantes reflexões para armarmo-nos todos com boa substância na defesa do próprio, que polo seu interesse hoje trazemos a estas paginas sempre abertas e corações ceives. Modelo para armar I: Fomos a Galiza outrora uma nação orgulhosa, emergimos antes e fomos nós quando poucos eram ainda em Ocidente. Os nossos antergos construíram boa parte da Ibéria: Castela nos deve existência e Portugal língua e cultura. A fartura dos nossos campos e o trabalho da nossa gente -não o ouro das Índias- chegou para erigir os mais belos palácios de Salamanca, Valhadolid e Madrid Que galegas são as poderosas casas de Zúñigas, Estúñigas, Rojas, Sandoval, Lerma, Tellez, Figeroas, Sarm[i]entos, Marquez, Menezes, Salinas, Biedma, Alba, Fajardo... |
|
Ler máis...
|
|
|
Domingo, 02 de Decembro do 2007 |
OS LIMITES PERMEABLES DA REXIÓN BERCIANAPor Xabier Lago Mestre, Presidente de Fala Ceibe do Bierzo. Os limites xeográficos do Bierzo son máis doados de recoñecer. Estamos arrodeados por serras montañosas que marcan os lindeiros coas rexiois veciñas (Castela, León, Asturias e Galiza). Pola outra banda, coñecemos ben os confíns do Bierzo nos distintos períodos históricos. Así, durante o antigo réxime -séculos XVI ao XVIII-, a provincia do Bierzo incluía tamén a xurisdicíón de Lucillo (na Somoza astorgana), a Cabreira Alta na gobernación da Cabreira e o norte de Valdeorras na merindade de Aguiar, mentres que restaban fóra os concellos de Laceana, Ribas do Sil de Arriba e de Abaixo (actuais municipios de Palacios e Páramos respectivamente). A posterior provincia de Vilafranca do Bierzo abranguía a comarca de Valdeorras, A Cabreira Baixa e os concellos de Páramo e Palacios, amais de terras estremas en Visuña, porto de Manzanal e Cruz de Ferro. |
|
Ler máis...
|
|
| | << Inicio < Ant. 1 2 Seg. > Remate >>
| | Resultados 1 - 25 de 47 | |
|
|
|
|