|
Visitas Totais |
|
Visitantes: 572476
|
|
Visitantes |
|
Temos 1 convidado conectados |
|
|
|
Outras
|
Luns, 24 de Setembro do 2007 |
Expertos do Consello de Europa interesan-se por avaliar a situación do galego no Bierzo O 11 de setembro unha delegación do Consello de Europa encargada de vixiar o cumprimento da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias reuniuse na Casa de Europa de Compostela cun grupo de representantes da asociación berziana irmá Xarmenta, encabezado polo seu secretario, Rafael Adán. Tras darlles a coñecer a presenza da lingua galega nesa zona da provincia de León e informalos das principais actividades da asociación, comentáronlles os principais atrancos, no tocante aos aspectos tratados na Carta, cos que se atopa o proceso de normalización na zona.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Luns, 24 de Setembro do 2007 |
AS GRANDES ÁRBORES DO BIERZO,Por Xabier Lago Mestre A beleza da rexión berciana no seu conxunto, velaí as serras que nos arrodean onde salientan as máis altas montañas, os regueiros e mais os ríos que percorren os nosos vales e comarcas, empecen ás veces ver outras fermosuras non menores. Así, cando nos metemos nun souto, entre tantos castiñeiros, non chegamos a comprender a importancia dos máis vellos exemplares arbóreos. Hoxe descubrimos a súa singularidade da man de Santiago Castelao Diñeiro, autor do libro "Castaños monumentales del Bierzo. Tradición y Cultura" (2007). Este amante da natureza berciana amósanos a súa completa visión de todo o relacionado coa cultura castiñeira. No seu breve libro, de 95 páxinas, comeza co análise das máis importantes árbores da rexión. Nas súas fotos apreciamos a impoñente altura do castiro O Campano, cos seus 29 metros, sito en Vilar de Aceiro, o impresionandte perímetro do tronco da pena do Subeiro (Gümil), ou a carocha aberta no castañeiro do Mallo (Hermide), e así outros tantos, ata un total que fain 20 exemplares únicos, a cal máis fermoso. |
|
Ler máis...
|
|
|
Mércores, 15 de Agosto do 2007 |
A QUEIMA DA DEVESA DO FABEIRO NO ANO 1510. DESPUTAS ENTRE CARRACEDO E PONFERRADA (1ª PARTE) Por Xabier Lago Mestre (Presidente da Asociación Fala Ceive) No Arquivo Geral de Simancas (Valladolid) conserva-se documentaçom histórica relacionada coa Idade Moderna d'O Berzo. Nesta ocasiom imos a analisar a referida a un conflito que houve entre o mosterio de Carracedo e o concelho de Ponferrada. A razom desta desputa estivo num incéndio que aconteceu na devessa do Fabeiro en Agosto de 1510. Esta devessa comprende o amplo terreno que ha entre o mosteiro de Carracedo e o concelho de Ponferrada, a propriedade desta zona por parte das duas institituições fue objecto de desputas judiciais durante séculos. |
|
Ler máis...
|
|
|
Mércores, 08 de Agosto do 2007 |
O SÁBADO DIA 11 REALIZAM-SE VARIAS ACTIVIDADES RECUPERADORAS DA NOSSA MEMÓRIA HISTÓRICA E DE ACTIVIDADE FRATERNAL E CONCIENCIADORA A estrela vermelha caminha polo Bierzo, eis:  |
|
Ler máis...
|
|
|
Luns, 30 de Xullo do 2007 |
IVAN CUEVAS UN ASTURIANO NEOFALANTE DE GALEGO E COMPROMETIDO COA LINGUA ASTURIANA IVAN CUEVAS é asturiano, pero xa leva un tempo vivindo na burbulla compostelá, falando galego con soltura e escribindo en varios medios de comunicación e en varias normativas a un tempo. Falouse moito nos últimos tempos do galego exterior e fixéronse varios traballos, estudos e achegamentos ao galego, por exemplo, do Eo-Navia. Iván Cuevas (Xixón, 1982) coñece ben o galego que se fala nesta zona, pero el é dun chisco máis alá. Naceu en Xixón hai vintecinco anos, mais hai uns sete que veu a Compostela, a estudar. Naquela altura xa falaba asturiano, e aprendeu o galego nun brinco, comezou a estudalo e hoxe ten varios traballos publicados na nosa lingua... El é un dos chamados neofalantes de galego, que ademais non ten problemas para arrincar falando e escribindo esturiano ou castelán. Ao comezo non, mais após os primeiros tentos, resultoulle ben doado falar e escribir galego, e agora mesmo escribe en varias normativas distintas -na ILG e máis na AGAL, controlando tamén o portugués padrão-. É xornalista e fáltalle un nada para ser lingüista. En asturiano tamén ten publicado varios traballos na revista da Academia de la Llingua Asturiana, como un sobre un grupo asturianista que operaba en Barcelona nos 70. Fóra diso tamén publicou traducións á súa lingua, e algunha cousiña de creación literaria aquí ou acolá. |
|
Ler máis...
|
|
|
Mércores, 18 de Xullo do 2007 |
SOM MUITAS AS RAZOIS PARA O PORTUGUÊS SER SEGUNDA LÍNGUA ESTRANGEIRA NO BERZONa Galiza a AGAL e outras organizaçoes de todo tipo andam a impulsionar camapanhas a prol do português como segunda língua estrangeira no ensino, língua da que se tiram muitas vantagens, tanto de tipo pedagógico, como económicas como propedeúticas, essas mesmas razoes som válidas para o Berzo e as Portelas-Seabra ou o Eu-Návia, mas nom só uha comunidade autónoma como a Estremadura está já fazendo um importante esforço neste sentido, polo interesse da proposta reproduzimos a carta do Presidente da AGAL aos centros de ensino secundário da Galiza |
|
Ler máis...
|
|
|
Martes, 26 de Xuńo do 2007 |
DEIXOU-NOS A ESCRITORA BERZIANA EVA GONZALEZFoi-se tan silenciosa como tiña vivido, aos seus 89 anos, no seu Palácio de Sil natal, Eva González, con certeza a voz cimeira das letras asturo-leonesas berzianas. Eva Gonzalez a comezos da década dos oitenta do século pasado impulsada polo cámbio político tido no estado, e que fixo vir a luz a vindicación linguística de direitos muito negados como os dos falantes de asturo-leonés, deu-se a coñecer como poeta e como recolledora das tradizóis orais berzianas. O asturo-leonés é como o galego-portugués língua orixinária e própria do Berzo, ademais as duas línguas son mui próximas entre sin, nasceron xuntas do latin galaico e comparten grande parte do seu vocabulário e estruturas gramaticais; para os berzianos e berzianas dumha ou outra língua, esta nunca foi elemento de separación, cada un falaba na sua galega ou asturo-leonesa sendo para todos absolutamente transparente a comunicación, sen sentimento de separazón. A introduzon polo estado dumha língua alleia, a castellana, produciu efeitos perversos de minorización e negación linguística. |
|
Ler máis...
|
|
|
Martes, 22 de Maio do 2007 |
A NOSSA TERRA E A NOSSA LINGUA BERÇO DA LUSOFONIA A língua galega que nos é própria aos berzianos, nasceu na Galiza, um territória que ia do rio Douro à mar Cantábrica e de Fisterra aos Montes de Leão. O nosso Berzo até Filipe II seguiu formando parte da Galiza. Porém trás o trunfo na batalha de Toro sobre as tropas portuguesas e galaicas, impulsou a Rainha Isabel a católica, as guerras de retaliação contra dos galegos, começando assim o que em palavras do cronista Zurita, foi a doma e castração do Reino da Galiza; sendo nessa luita que se pugeram os primeiros elementos para a separação do Berzo da Galiza. Mas nom por isso, o Berzo renuncia a ser parte originária tamém da lusofonia e sentir-se orgulhoso de personagens como Valério do Bérzio, ou o berziano que foi grande navegador de Portugal Rodrigo do Bérzio, e seguimos a sentirmos o valor de publicações como esta que viu luz no dia no que começa a nossa temporada das letras (17 de Maio Dia das Letras Galegas ao 10 de Junho dia de Luis Vaz de Camões e os Lusiadas), que nom se limita tão só aos actos que fazem os alunos e alunas nas suas escolas e aulas ou no seu mundo familiar e de amigos, ou a retórica citação polo Conselho do Berzo. A editora on-line, Arcos OnLine comemora o Dia das Letras Galegas com o lançamento das actas do V Colóquio Anual da Lusofonia, já disponível para descarga aqui. Também tem agendado para hoje o lançamento da nova etapa do seu portal Arcos OnLine. |
|
Ler máis...
|
|
|
Luns, 14 de Maio do 2007 |
alimentARTE Encontro artístico literário e gastronómico em Ponferrada Esta página de Fala Ceive apoia o evento "alimentARTE" que organiza o blog Ovnis e Isoglosas (http://www.agal-gz.org/blogues/index.php/ovnis/), e à Galeria de Arte Dosmilvacas.arte de Ponferrada. |
|
Ler máis...
|
|
|
Venres, 16 de Febreiro do 2007 |
FILO-CAFÉ EM PONFERRADA (O BIERZO)24 Fevereiro 2007, 22hInscrições Abertas (Actualização Semanal) As áreas de inscrição abrangem: Pensamento, Performance, Curta-Metragem (máximo: 4m), Poesia, Música, Pintura, Escultura, Instalação.As inscrições devem ser enviadas para
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
indicando nome, proveniência e área de inscrição. Também para o mesmo endereço podem ser enviadas criações, nas diversas possibilidades que o suporte blogue admite, para eventual publicação. |
|
Ler máis...
|
|
|
Venres, 16 de Febreiro do 2007 |
|
O CONTO DOS DOUS IRMAOS E UM REI fermoso reflexom do berziano César Munhiz a médio dum conto, ou como melhorar as relações entre galegos e asturo-leoneses O que pense que os direitos linguisticos dos galegos falantes ameaçam os dos asturoleoneses, andam tam perdidos como no exemplo de Silvio Salvi (na Le Lingue Tgliate), das polémicas entre os friulanos e os eslovenos na Itália.: “Se o friulano vai mal, o nosso objectivo tem que ser que ao esloveno lhe passar o mesmo ou pior” Para ilustrar este comportamento, vou-vos contar um conto galego que me contava a minha avó no Gestoso natal (Oência) por volta de 1949/50 do século passado. É o conto dos dous irmaos, eis: |
|
Ler máis...
|
|
|
Luns, 12 de Febreiro do 2007 |
TEATRO EN GALEGO NO BIERZOO dia 14 de Fevereiro às 21:00 horas no teatro Bergidum poderemos ver a Mofa e Befa com a sua obra "SEMPRE LONXE", con Evaristo Calvo, Victor Mosqueira e Piti Sanz, dirigdos por Kiko Cadaval O espectáculo mais que recomendável, garante-nos passar uns momentos extraordinários com estes mágnificos actores, dirigidos polo fantástico Kiko Kadaval. (Dele foi um sucesso a sua experiência como director da academia de Operaçom Trunfo portuguesa. Tele % contactou comn ele para dirigir a Aacdemia da sua Operación Triunfo, ante a posssibilidade de nom continuar Kike Santander. É um mestre chei de genialidade e um mágnifico director de situações. O grupo Mofa e Befa, sempre engaiola ao público e com a sua obra "SEMPRE LONXE" leva por todo lado magníficas críticas dos média e muitíssimo éxcito alí onde se encenou, o público passa momento sorprendentes. Em Ponferrada imos passa-lo bem em muito grata companhia. A Obra encena-se em Ponferrada dentro do programa " Lenguas a escena ", que organiza a Escola de Idiomas de Ponferrada , Aqui podedes ver umha pequena parte do espectáculo. Mais que recomendável! |
|
Ler máis...
|
|
|
Sábado, 06 de Xaneiro do 2007 |
O APALPADOR: O PAI NATAL BERZIANO Uha das figuras mais chamativas do vello Natal berziano, era a existéncia na parte galegófona do Berzo, da figura do APALPADOR, verdadeiro Pai natal popular no Berzo. O APALPADOR era tamén comun, aos Ancares lugueses, ao Zebreiro, ao Courel, é dicir a esa parte da comunidade autónoma galega mais intimamente ligada ao Berzo. Esa velLa e agarimosa figura do APALPADOR ha muitos anos que está esmorecente e só aqueles que andamos já por volta dos sesenta e mais anos temos real recordo da mesma, o mesmo que se pasa nesas outras zonas próximas onde era popular. Segundo parece, esa figura que chegou a formar parte da vida de muitos dos berzianos idosos, polo menos de aqueles que somos orixinarios do ocidente do Berzo, foi en tempos recuados comun a toda Galiza, ou na mesma daban-se figuras con este ou con outro nome de características semellantes. Hoxe na Galiza ha quen se dedica a recuperazon de esa vella figura berziana, e informazon sobre a mesma publicada no PGL polo seu interese imos disponibiliza-la tamén aqui para coñecemento de todos. |
|
Ler máis...
|
|
|
Sábado, 16 de Decembro do 2006 |
A ASOCIACIÓN BERZIANA XARMENTA, IRMÃ DE FALA CEIVE, ACORDOU OS SUS PREMIADOS 2006Nesta segunda edizón dos premios da asociación Xarmenta do Berzo, fixéronse públicos os galardoados na cuarta 13 de Decembro no Hotel AC de Ponferrada polo xuri integrado pr: O presidente e secretario da Asociación Xarmenta, o Consello Comarcal do Bierzo, institución premiada na primeira edición, o Concello de Cacabelos, o Concello da Ponte de Domingos Flórez, a Comisión Cultural Martín Sarmiento, e a Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. Este premio entrégase cada ano a unha persoa e unha institución para recoñecer o seu compromiso co galego no Berzo. |
|
Ler máis...
|
|
|
Mércores, 13 de Decembro do 2006 |
PORTAS ABERTAS AO GALEGO NAS PORTELAS-SEABRA Cuns encontros festivos celebrouse que o galego poderá ser aprendido nas Portelas (Castela e León). Unha lingua aínda moi viva na comarca loita polo seu recoñecemento. A lingua galega, a que se fala nos concellos zamoranos da Portelas (Porto, Pías, Lubián e Hermisende), poderá contar por fin con vía libre no colexio Tuela-Bibey. Os rapaces destes concellos non terán que despedirse da lingua que lles aprenderon os seus pais. Un triunfo polo que leva anos traballando Felipe Lubián, académico correspondente da RAG, deputado do Parlamento de Castela e León e principal artífice do acordo entre a Junta desta comunidade e a Xunta de Galicia, que fai posible o ensino do galego no Bierzo e, agora, nas Portelas.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Mércores, 29 de Novembro do 2006 |
BARBARIDADE DO REINO DE LEON... Leo isto hoje no "Diário de Leom ", que bem poderia chamar-se "Diário de psiquiatria" "Sin abandonar los límites del despropósito, no puede resultar más paradójico que, en el presente año, se haya renovado el convenio suscrito, hace cinco años, entre la Xunta de Galicia y su homóloga de Castilla y León para promocionar, en el Bierzo y Sanabria, el empleo del gallego -variante, como es sabido, del leonés-."
Os leoneses sempre igual: pensam que para que a língua leonesa recupere a sua saude, a língua galega tem que estar moribunda. Sem palavras!
Mas é que o homem, o autor deste artigo, um tal José Antonio Fernández Llamas, é todo um especialista, um filólogo desses estupendos, que um pouco mais arriba, oferece toda umha magistral liçom de lingüística románica: "Por último, llamar la atención sobre palabras tales como «pardal» y «pega», propias de las actuales León, Zamora y Salamanca, que no son utilizadas en el resto de España, donde se prefiere»gorrión» (siendo lo anterior cierto, sí vienen recogidas en el diccionario. Por tanto, aportación del leonés al castellano)".
|
|
Ler máis...
|
|
|
Xoves, 28 de Setembro do 2006 |
O BIERZO E O IDIOMA GALEGOpor Xosé Lois García Para ninguén é novidade que unha boa parte dos habitantes do Bierzo falan galego. E no Bierzo poucos ignoran que este territorio, que era provincia, fora anexionado a León en 1833 polo ministro Javier de Burgos, co pretexto que o engadido era para equilibrar a economía e o territorio leonés. |
|
Ler máis...
|
|
|
Martes, 06 de Xuńo do 2006 |
|
A MICROREIVINDICACIÓN GALEGOBERCIANA IGNORADA POLO ACADEMICISMO Chamamos microreivindicación á dinámica reclamativa a cotío feita de xeito constante e continuo polo movemento galegoberciano. No caso de Fala Ceibe incluímos nesa categorización diversas formas de activismo. Así se concretan no buzoneo casa por casa, pobo por pobo, barrio por barrio, cartas aos directores dos centros escolares, ao profesorado e ás asociacions de mais e pais, participación en foros bercianos para internautas, queixas ao Procurador do Común de Castela e León (o Defensor do Pobo rexional), entrevistas con políticos do pp, psoe, iu..., comunicados de prensa, actualización da nosa web www.falaceibe.tk, pequenas investigaciois filolóxicas, históricas, toponímicas, xurídicas, etc, turismo cultural que procura o contacto cos lugareños na súa lingua, recollida de libros galegos para doalos ás bibliotecas públicas e mailos centros escolares do Bierzo, pegada de carteis polas rúas, nas paradas dos autocarros, etc pintadas correctoras da toponimia, diálogo polémico vis a vis sobre dialectismo/normativización, actos culturais públicos, etcétera. |
|
Ler máis...
|
|
|
Martes, 06 de Xuńo do 2006 |
|
A POLÍTICA LINGÜÍSTICA NAS CORTES XERAIS FRONTE Á POLÍTICA DAS CORTES DE CASTELA E LEÓN Dende as últimas elecciois ás Cortes Xerais atopamos un importante troco no labor do Congreso e do Senado a prol das linguas do Estado. Abraian os datos sobre o número de proposiciois de lei e non de lei presentadas (22), preguntas parlamentarias (62), interpelaciois e mociois (18). Non se pode negar que a presencia dun Goberno estatal sen maioria absoluta favorece un maior debate lingüístico, feito que non aconteceu a este nivel co anterior Goberno de dereitas. |
|
Ler máis...
|
|
|
Martes, 06 de Xuńo do 2006 |
AS NEURAS ANTILINGÜÍSTICAS DA ELITE INTELECTUAL LOCAL Daríanos para un libro facer un seguimento polo miúdo das loucuras persoais da certa elite intelectual local contra da reivindicación lingüística do Bierzo. Entre eles salientamos a José A. Balboa de Paz, historiador de sona na comarca, que sempre que pode aproveita para atacar a Fala Ceibe, xa que non parece atopar razóns ningunha para louvarnos. Nun artigo seu, publicado en Diario de León en agosto de 2003, arremeteu de novo contra a nosa organización xa que, segundo a súa peculiar argumentación académica, deixa clara a relación que “todos los defensores de lenguas minoritarias tienen con el nacionalismo (...)”. Por se alguén non chega a deducilo, refírese ao BNG e a Fala Ceibe, dous tal para cal, “en el caso de Fala Ceibe es evidente con el Bloque Nacionalista Galego (BNG)”. Que esto no es suficiente ataque infundado, pois aí vai máis carga de profundidade, “pero nunca podíamos pensar que llegara hasta extremos como el de hacer propaganda de la ideología separatista del nacionalismo vasco (...)”. ¡O demo leve fóra do Bierzo castelán aos galegos de Fala Ceibe!. |
|
Ler máis...
|
|
| << Inicio < Ant. 1 2 Seg. > Remate >>
| | Resultados 26 - 45 de 45 | |
|
|
|
|