Início arrow Novas arrow Outras
    
Menu Principal
Início
Quen somos e facemos
Contactar connosco
Arquivo
Forum do Sil
Novas
Ligazons
Imaxes
Blog de Fala Ceive
CiberIrmandade
Visitas Totais
Visitantes: 1453124
Visitantes
Temos 23 convidados conectados


Outras
O Conto dos dous Irmaos PDF Correo-e
Venres, 16 de Febreiro do 2007

O CONTO DOS DOUS IRMAOS E UM REI

fermoso reflexom do berziano César Munhiz a médio dum conto, ou como melhorar as relações entre galegos e asturo-leoneses

O que pense que os direitos linguisticos dos galegos falantes ameaçam os dos asturoleoneses, andam tam perdidos como no exemplo de Silvio Salvi (na Le Lingue Tgliate), das  polémicas entre os friulanos e os eslovenos na Itália.: “Se o friulano vai mal, o nosso objectivo tem que ser que ao esloveno lhe passar o mesmo ou pior”

Para ilustrar este comportamento, vou-vos contar um conto galego que me contava a minha avó no Gestoso natal  (Oência) por volta de 1949/50 do século passado. É o conto dos dous irmaos, eis:

Ler máis...
 
encena-se bom e divertido teatro galego em Ponferrada PDF Correo-e
Luns, 12 de Febreiro do 2007

TEATRO EN GALEGO NO BIERZO

O dia 14 de Fevereiro às 21:00 horas no teatro Bergidum poderemos ver a Mofa e Befa com a sua obra "SEMPRE LONXE", con Evaristo Calvo, Victor Mosqueira e Piti Sanz, dirigdos por Kiko Cadaval

O espectáculo mais que recomendável, garante-nos passar uns momentos extraordinários com estes mágnificos actores, dirigidos polo fantástico Kiko Kadaval.  (Dele foi um sucesso a sua experiência como director da academia de Operaçom Trunfo portuguesa. Tele % contactou comn ele para dirigir a Aacdemia da sua Operación Triunfo, ante a posssibilidade de nom continuar Kike Santander. É um mestre chei de genialidade e um mágnifico director de situações.

O grupo  Mofa e Befa,  sempre engaiola ao público e  com a sua obra "SEMPRE LONXE" leva por todo lado magníficas críticas dos média e muitíssimo éxcito alí onde se encenou, o público passa momento sorprendentes. Em Ponferrada imos passa-lo bem em muito grata companhia.

A Obra encena-se em Ponferrada dentro do programa " Lenguas a escena ", que organiza a Escola de Idiomas de Ponferrada ,

Aqui podedes ver umha pequena parte do espectáculo. Mais que recomendável!

Ler máis...
 
O noso papa Noël PDF Correo-e
Sábado, 06 de Xaneiro do 2007

O APALPADOR:  O PAI NATAL BERZIANO

 Uha das figuras  mais chamativas do vello Natal berziano, era a existéncia na parte galegófona do Berzo, da figura do APALPADOR, verdadeiro Pai natal popular no Berzo. O APALPADOR era tamén comun, aos Ancares lugueses, ao Zebreiro, ao Courel, é dicir a esa parte da comunidade autónoma galega mais intimamente ligada ao Berzo.

 Esa velLa e agarimosa figura do APALPADOR ha muitos anos que está esmorecente e só aqueles que andamos já por volta dos sesenta e mais anos temos real recordo da mesma, o mesmo que se pasa nesas outras zonas próximas onde era popular.

Segundo parece,  esa figura que chegou a formar parte da vida de muitos dos berzianos idosos, polo menos de aqueles que somos orixinarios do ocidente do Berzo, foi en tempos recuados comun a toda Galiza, ou na mesma daban-se figuras con este ou con outro nome de características semellantes.

 Hoxe na Galiza ha quen se dedica a recuperazon de esa vella figura berziana, e informazon sobre a mesma publicada no PGL polo seu interese imos disponibiliza-la tamén aqui para coñecemento de todos.

Ler máis...
 
Os premios Xarmenta 2006 PDF Correo-e
Sábado, 16 de Decembro do 2006

A ASOCIACIÓN BERZIANA XARMENTA, IRMÃ DE FALA CEIVE, ACORDOU OS SUS PREMIADOS 2006

Nesta segunda edizón dos premios da asociación Xarmenta do Berzo, fixéronse públicos os galardoados na cuarta 13 de Decembro no Hotel AC de Ponferrada polo xuri integrado pr: O presidente e secretario da Asociación Xarmenta, o Consello Comarcal do Bierzo, institución premiada na primeira edición, o Concello de Cacabelos, o Concello da Ponte de Domingos Flórez, a Comisión Cultural Martín Sarmiento, e a Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo.

Este premio entrégase cada ano a unha persoa e unha institución para recoñecer o seu compromiso co galego no Berzo.

Ler máis...
 
Portas abertas ao galego nas Portelas PDF Correo-e
Mércores, 13 de Decembro do 2006

PORTAS ABERTAS AO GALEGO NAS PORTELAS-SEABRA

Cuns encontros festivos celebrouse que o galego poderá ser aprendido nas Portelas (Castela e León). Unha lingua aínda moi viva na comarca loita polo seu recoñecemento.

A lingua galega, a que se fala nos concellos zamoranos da Portelas (Porto, Pías, Lubián e Hermisende), poderá contar por fin con vía libre no colexio Tuela-Bibey. Os rapaces destes concellos non terán que despedirse da lingua que lles aprenderon os seus pais. Un triunfo polo que leva anos traballando Felipe Lubián, académico correspondente da RAG, deputado do Parlamento de Castela e León e principal artífice do acordo entre a Junta desta comunidade e a Xunta de Galicia, que fai posible o ensino do galego no Bierzo e, agora, nas Portelas.

Ler máis...
 
Barbaridades bárbaras no Diário de Leom PDF Correo-e
Mércores, 29 de Novembro do 2006

BARBARIDADE DO REINO DE LEON...

 Leo isto hoje no "Diário de Leom ", que bem poderia chamar-se "Diário de psiquiatria"

"Sin abandonar los límites del despropósito, no puede resultar más paradójico que, en el presente año, se haya renovado el convenio suscrito, hace cinco años, entre la Xunta de Galicia y su homóloga de Castilla y León para promocionar, en el Bierzo y Sanabria, el empleo del gallego -variante, como es sabido, del leonés-."

Os leoneses sempre igual: pensam que para que a língua leonesa recupere a sua saude, a língua galega tem que estar moribunda. Sem palavras!

Mas é que o homem, o autor deste artigo, um tal José Antonio Fernández Llamas, é todo um especialista, um filólogo desses estupendos, que um pouco mais arriba, oferece toda umha magistral liçom de lingüística románica: "Por último, llamar la atención sobre palabras tales como «pardal» y «pega», propias de las actuales León, Zamora y Salamanca, que no son utilizadas en el resto de España, donde se prefiere»gorrión» (siendo lo anterior cierto, sí vienen recogidas en el diccionario. Por tanto, aportación del leonés al castellano)".



Ler máis...
 
O Bierzo e o idioma galego PDF Correo-e
Xoves, 28 de Setembro do 2006

O BIERZO E O IDIOMA GALEGO

por Xosé Lois García

Para ninguén é novidade que unha boa parte dos habitantes do Bierzo falan galego. E no Bierzo poucos ignoran que este territorio, que era provincia, fora anexionado a León en 1833 polo ministro Javier de Burgos, co pretexto que o engadido era para equilibrar a economía e o territorio leonés.
Ler máis...
 
A reivindicación galegoberciana PDF Correo-e
Martes, 06 de Xuño do 2006

A MICROREIVINDICACIÓN GALEGOBERCIANA IGNORADA POLO ACADEMICISMO
   
 Chamamos microreivindicación á dinámica reclamativa a cotío feita de xeito constante e continuo polo movemento galegoberciano. No caso de Fala Ceibe incluímos nesa categorización diversas formas de activismo. Así se concretan no buzoneo casa por casa, pobo por pobo, barrio por barrio, cartas aos directores dos centros escolares, ao profesorado e ás asociacions de mais e pais, participación en foros bercianos para internautas, queixas ao Procurador do Común de Castela e León (o Defensor do Pobo rexional), entrevistas con políticos do pp, psoe, iu..., comunicados de prensa, actualización da nosa web www.falaceibe.tk, pequenas investigaciois filolóxicas, históricas, toponímicas, xurídicas, etc, turismo cultural que procura o contacto cos lugareños na súa lingua, recollida de libros galegos para doalos ás bibliotecas públicas e mailos centros escolares do Bierzo, pegada de carteis polas rúas, nas paradas dos autocarros, etc pintadas correctoras da toponimia, diálogo polémico vis a vis sobre dialectismo/normativización, actos culturais públicos, etcétera.

Ler máis...
 
A política linguística das Cortes Xerais fronte à política das Cortes de CyL PDF Correo-e
Martes, 06 de Xuño do 2006

A POLÍTICA LINGÜÍSTICA NAS CORTES XERAIS  FRONTE Á POLÍTICA DAS CORTES DE CASTELA E LEÓN    

    Dende as últimas elecciois ás Cortes Xerais atopamos un importante troco no labor do Congreso e do Senado a prol das linguas do Estado. Abraian os datos sobre o número de proposiciois de lei e non de lei presentadas (22), preguntas parlamentarias (62), interpelaciois e mociois (18). Non se pode negar que a presencia dun Goberno estatal sen maioria absoluta favorece un maior debate lingüístico, feito que non aconteceu a este nivel co anterior Goberno de dereitas.


Ler máis...
 
As neuras anti-linguísticas da elite intelectual local PDF Correo-e
Martes, 06 de Xuño do 2006
AS NEURAS ANTILINGÜÍSTICAS DA ELITE INTELECTUAL LOCAL
    

Daríanos para un libro facer un seguimento polo miúdo das loucuras persoais da certa elite intelectual local contra da reivindicación lingüística do Bierzo. Entre eles salientamos a José A. Balboa de Paz, historiador de sona na comarca, que sempre que pode aproveita para atacar a Fala Ceibe, xa que non parece atopar razóns  ningunha para louvarnos. Nun artigo seu, publicado en Diario de León en agosto de 2003, arremeteu de novo contra a nosa organización xa que, segundo a súa peculiar argumentación académica, deixa clara a relación que “todos los defensores de lenguas minoritarias tienen con el nacionalismo (...)”. Por se alguén non chega a deducilo, refírese ao BNG e a Fala Ceibe, dous tal para cal, “en el caso de Fala Ceibe es evidente con el Bloque Nacionalista Galego (BNG)”. Que esto no es suficiente ataque infundado, pois aí vai máis carga de profundidade, “pero nunca podíamos pensar que llegara hasta extremos como el de hacer propaganda de la ideología separatista del nacionalismo vasco (...)”. ¡O demo leve fóra do Bierzo castelán aos galegos de Fala Ceibe!.


Ler máis...
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 Seg. > Remate >>

Resultados 51 - 60 de 60
 
© 2012 Fala Ceive
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5