Início arrow Novas arrow As neuras anti-linguísticas da elite intelectual local
    
Menu Principal
Início
Quen somos e facemos
Contactar connosco
Arquivo
Forum do Sil
Novas
Ligazons
Imaxes
Blog de Fala Ceive
CiberIrmandade
Visitas Totais
Visitantes: 650593
Visitantes
Temos 1 convidado conectados


As neuras anti-linguísticas da elite intelectual local PDF Correo-e
Martes, 06 de Xuño do 2006
AS NEURAS ANTILINGÜÍSTICAS DA ELITE INTELECTUAL LOCAL
    

Daríanos para un libro facer un seguimento polo miúdo das loucuras persoais da certa elite intelectual local contra da reivindicación lingüística do Bierzo. Entre eles salientamos a José A. Balboa de Paz, historiador de sona na comarca, que sempre que pode aproveita para atacar a Fala Ceibe, xa que non parece atopar razóns  ningunha para louvarnos. Nun artigo seu, publicado en Diario de León en agosto de 2003, arremeteu de novo contra a nosa organización xa que, segundo a súa peculiar argumentación académica, deixa clara a relación que “todos los defensores de lenguas minoritarias tienen con el nacionalismo (...)”. Por se alguén non chega a deducilo, refírese ao BNG e a Fala Ceibe, dous tal para cal, “en el caso de Fala Ceibe es evidente con el Bloque Nacionalista Galego (BNG)”. Que esto no es suficiente ataque infundado, pois aí vai máis carga de profundidade, “pero nunca podíamos pensar que llegara hasta extremos como el de hacer propaganda de la ideología separatista del nacionalismo vasco (...)”. ¡O demo leve fóra do Bierzo castelán aos galegos de Fala Ceibe!.


Debemos respectar a moita sabedoría política do profesor Balboa de Paz. Lembremos que el foi membro do partido rexionalista Izquierda Berciana, formado por bos comunistas e socialistas que saíron e voltaron ao redil dos respectivos partidos estatais, aproveitando unhas eleccións municipais. Algúns, como o noso vello profesor de instituto, saben ben o que é o xogo político  de mercadeo e compadreo e se permiten con autoridade suprema xulgar aos demais coa súa peculiar subxectividade. No fondo estes persoeiros da elite intelectural non desexan que as novas xeracións cuestionen a súa ortodoxía cultural, política, etc, porque eles se cren con dereito a dictar os desexos do seu pobo berciano dende a súa cómoda cátedra, que difícil lles resulta saír das disciplinadas aulas de instituto e enfrontrase coa revirada sociedade.

Outro caso témolo no escritor Luis Mateo Díez, este xa vos soará máis ¿non si?. Nunha entrevista no xornal El Mundo de Castilla y León do mes de outubro, pregúntaselle polo idioma lleunés. O novelista reacciona con típico alegato contra o dialectismo, “hemos hecho un viaje desde nuestras hablas antiguas y nuestras formas dialectales hasta la lengua más hermosa que hay ahora en el mundo (...)”. ¿A que non imaxinades cal?... esa precisamente, a súa, “que es el español (...)”. ¡Como un escritor da súa sona van pedirlle que respecte o lleunés! espeta así el, “¿es que voy a volver ya al pachuezo (lleunés de Laceana)? El pachuezo pertenece a la arqueología que hay que conservar y estudiar y tenerla puesta donde debe (...)”. Quererá dicir que habería que gravar unhas voces nesta lingua nun CD e metelo nunha caixa forte para que non se perda nin ninguén poida roubar ese patrimonio arqueolóxico, que as palabras llas pode levar o vento.

As neuras antilingüísticas destes dous exemplos vivintes da nosa elite intelectural ben se poderían relacionar cos seus medos aos cambios que poidan vir da man desa mocidade que desexa recuperar a vitalidade das linguas minorizadas. Aínda así, apóstolles a que se, tanto Balboa de Paz coma o laceanego Mateo Díez, cobrasen cartos polas traducións das súas respectivas obras histórica e literaria ao galego ou ao lleunés, valorarían máis mellor estas dúas linguas territoriais. En verdade que o diñeiro nalgunhas mans pode trocar moitas vontades e prestixiar o máis desprestixiado da nosa cultura comarcal.


 

 
< Ant.   Seg. >
 
© 2008 Fala Ceive
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5