Início arrow Novas arrow O galego das Asturias arrow Xeira, un instrumento de certo asturianismo contra o galego
    
Menu Principal
Início
Quen somos e facemos
Contactar connosco
Arquivo
Forum do Sil
Novas
Ligazons
Imaxes
Blog de Fala Ceive
CiberIrmandade
Visitas Totais
Visitantes: 1086150
Visitantes
Temos 40 convidados conectados


Xeira, un instrumento de certo asturianismo contra o galego PDF Correo-e
Xoves, 02 de Agosto do 2007

As mentiras da Plataforma Eonaviega de Xeira

Carlos Xesús Varela Alenlle, presidente da asociación ABERTAL do Eu-Návia, que luita pola defensa dos direitos linguísticos dos galegofonos asturianos nese território ocidental das Astúrias, denuncia un panfleto da plataforma Xeira terxiversador da realidade e como o mesmo responde a decisióis da Academia da Llingua Asturiana. Eis o seu interesante e clarificador comunicado:

As mentiras da plataforma Eunaviega Xeira

Liderada pola asociación Xeira e como suposta resposta al proxecto da Federación de Asociaciois del Eo-Navia, lanza á rede e á prensa un panfleto feito sen ningún rigor. É chamadeira a utilización del xentilicio "eonaviega", termo tan odiado por esta xente e que solo se entende desde un control férreo por parte dos dirixentes da Academia da Lingua Asturiana.

Falase de fronteiras e chegase a dicir cinicamente que esa fronteira non existe no río Navia, peró, en cambio, si existe no río Eo camín de Galiza. A coherencia é total. Non obstante, afírmase que el único feito distintivo con respecto al resto de Asturias é a lingua, claro está, que Asturias está chía de cabazos, rabizas, mitoloxía eonaviega, cerámica de Mondoñedo, pallozas, ferreiros, etc., etc. Todas as teorías falsas propagadas desde a manipulación e a mentira.

Falase dun centro de estudios e el único que lles preocupa é non poder dominalo, igual que fan os sous amigos nos tribunais de subvenciois da Consellería de Cultura negando subvenciois á Asociación Abertal ou aos que lles fan frente. Falan dun proceso aberto a todos os investigadores, ¿cales? ¿os delos? Porque a experiencia destos anos confirmounos el sou sectarismo coel resto de grupos que non pensamos como elos. Negase al Eo-Navia un centro de estudios, que solo pode estar dirixido por elos. Que falen claro. Resulta insultante que el sou panfleto fale de "investigación aberta e plural", os que de arreo poin todo tipo de trabas al que facemos os demais.

Sabemos perfectamente que a maioría dos traballos sobre el Eo-Navia están sen facer, e non val dicir agora que ese proxecto descalifica muitos traballos, porque os sous xa están hai anos descalificados, como darse os premios entre os sous. Esta é a verdadeira democracia de Xeira e afis. ¿Cales son esos estupendos traballos feitos asta agora sobre el Eo-Navia? Nomear al Arquivo de Tradición Oral condo este non dispón apenas nada del Eo-Navia é outra das chamadeiras imprecisiois.

As frases relativas á historiografía non pasan nin un exame de primaria, recálcase muito a existencia de áreas astures en Valdeorras, O Courel e metese no saco ao Bolo e curiosamente con toda a mala intención non existe nin uha frase que fale que el Eo-Navia formase parte del Conventus Lucensis. ¿Curioso non? Son os mesmos que falaban dos castros "astures" del Chao de San Martín ou Pelou asta que as investigaciois arqueolóxicas demostraron todo el contrario. Foi uha pena, os castros resultaron galaicos...

Aprecian que non hai uniformidade na dinámica histórica poendo como exemplo a Ibias e Coaña, pero, home non, existe coel resto del territorio de Asturias. E ademais sumamos a mesma estratexia de sempre de confundir al personal con lingua e identidade (a directriz é sempre igual, uha mentira contada muitas veces pódese convertir en verdade...). A difusión da cultura asturiana del centro non é ninguha fantasía, se estes sectores sempre falan de inxerencias galegas (que na maioría dos casos son falsas), nunca falan das inxerencias del centro de Asturias, porque son a voz del sou amo: a Academia da Lingua Asturiana e certa parte del nacionalismo radical asturiano.

A denominación oficial nunca é "fala"(sic) como pon el panfleto da Plataforma Eonaviega e toda a romanística internacional (que a elos lles sobra porque son os mellores entendidos na materia) fala claramente duha variedade da lingua galego-portuguesa. Criticase el etnicismo galego peró no panfleto caese nun profundo etnicismo e esencialismo "astur-céltico". Eles tein a verdade e os demais estamos todos equivocados.

A comarca del Eo-Navia según elos non presenta singularidade dentro de Asturias e despós Xeira defínese como asociación pra "promover e fomentar a cultura del occidente de Asturias". Senón existe esa singularidade, entós ¿por que se recalca a "cultura del occidente de Asturias" na súa propia páxina web?

E polo último, tense a desfachatez pola Plataforma "Eonaviega" de culpar á Asociación Abertal na prensa de contemplar ese proxecto con bos ollos ou de fomentar boicotes, condo en ningún momento se manifestou sobre el e unde aparecen referencias coas que non estamos de acordo, pero muito menos aínda con panfletos de certas persoas dirixidas desde Oviedo, que el sou non é construír senón desfacer continuamente.

Carlos Xesús Varela Aenlle

 
< Ant.   Seg. >
 
© 2010 Fala Ceive
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5