Início
    
Menu Principal
Início
Quen somos e facemos
Contactar connosco
Arquivo
Forum do Sil
Novas
Ligazons
Imaxes
Blog de Fala Ceive
CiberIrmandade
Recomendai-nos
O teu nome:

* O teu correo-e: 

* O correo-e do teu amigo: 

Mensaxe curta: 

Últimas descargas
Sobre a Ingenuidade Corrosiva
Língua de Vencedores e de vencidos
Direitos fundamentais na Faixa Leste
ETOPEIAS
Início da sesión





Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha
Visitas Totais
Visitantes: 556086
Visitantes
Temos 1 convidado conectados


O Bierzo No Catastro de Ensenada PDF Correo-e
Venres, 31 de Agosto do 2007

AS DIVISIOIS ADMINISTRATIVAS DA REXIÓN BERCIANA NO SÉCULO XVIII, SEGUNDO CATASTRO DE ENSENADA.

por Xabier Lago Mestre , Presidente de Fala Ceibe do Bierzo.

No século XVIII fixéronse distintos vecindarios no Estado español para ter unha mellor información fiscal do conxunto da poboación. Neste caso analizaremos o censo de 1759 coñecido co nome do seu promotor, o marqués de Ensenada. Nosoutros utilizaremos os seus datos para presentar as divisiois administrativas da Provincia do Bierzo.
Comezamos coa xurisdición de Ponferrada. Esta vila realenga tiña 510 veciños e era cabeza dun territorio formado por Carracedelo, Bárcena do Río, Paradela de Muces, Fontesnovas, Santo Tomás de las Ollas, Toural de Meraio, Ozuela, Vilalibre, S. Pedro de Devesas (100 veciños), Onamio, Columbrianos, Campo e San Lorenzo.

A abadía benedictiña de S. Andrés de Espiñareda abranguía as poboaciois de A Veiga de Espiñareda (88 veciños) , Peranzais (146 v.), Chano, Trascastro, Guimara, Berlanga, Bárcena, Lillo, Fabeiro (101 v.), Santa Marina de Ribas del Sil, Valouta, Oteiro de Naraguantes, S. Pedro de Olleiros (104 v.), Suárbol, Oceiro, Val de Finolledo (95 v.), Fontoria, Fresnedelo, Espanelo, Bustarga, S. Martín de Moreda, Moreda, Sancedo (83 v.), Burbia, S. Miguel de Arganza, Penoselo, San Vicente, Vilar de Oteiro, Espiñareda e Castelaos.

Da abadía cistercense de Carracedo dependían os lugares de Carracedo (58 v.), Sorribas, Vilaverde, Naraiola, Paradela do Río cos seus dous barrios de Peón e A Valiña, Sobrado, Carucedo (76 v.), Camponaraia, Vilamartín, Barosa, Campañana, Covas, S. Andrés de Montejos e Lago.

O couto de Valboa tiña os lugares de O Real e os seus barrios de Castañeiros, Vilanova, Valverde, Vilamartín, Fonte da Oliva e Paraxís, Vilariños e barrio de Castañoso, Valboa (21 v.), Ruideferros e Chan de Vilar, Cantexeira e Pumarín. Todos eles dependentes do marquesado de Vilafranca do Bierzo.

A meirindade de Valcarce comprendía Ambasmestas, Moral, S. Fiz do Seo, Souto de Parada, Parada de Souto, Trabadelo (65 v.), Portela e Sotogaioso, Rasinde e A Braña, Ferrería de Valcarce, Ruitelán e Samprón, Veiga de Valcarce (20 v.), Vilasinde, Moldes, Vilafeile e Quintela, Hermide, Lindoso, Castro e Laballos, Arxenteiro e A Treita, S. Tirso, Faba e os seus barrios e Moñón. Baixo o señorío do marquesado de Vilafranca do Bierzo.

O couto de Barxas tiña Guimil e couto de Barxas (120 v.). O couto de Corrais formábano Vilar, Corrais e Mosteirós con 44 veciños. O couto de Melezna comprendía Melezna, Cadafresnas e o Mazo cun total de 80 veciños. Os tres coutos pertencían ao marquesado de Vilafranca do Bierzo.

A meirindade de Corullón tiña Corullón (261 v.) cos seus barrios de San Xoán S. Salvador, o Penedelo, Casas da Ribeira e Casal de Redomiña, Horta, Dragonte (51 v.), Vilagroi, Viariz e Hornixa (93 v.). Que formaban parte do marquesado de Vilafranca do Bierzo.

A meirindade da Somoza estaba formada por Teixeira, Paradaseca (145 v.), Pobladura, Vilar de Aceiro, Cela, A Veigueliña, Paradiña, Prado, Campo da Auga e Porcarizas. Lugares dependentes do cabido da colexiata de Vilafranca do Bierzo

A meirindade de Aguiar abranguía os lugares de A Veiga de Cascallana, Vilarrando e Sta. Cruz, Xestoso, Lusio e Arnado (68 v.), Portela, Cancela, Oulego, Regueixo, Carril, Porto e Real (52 v.), Aguiar da Lastra, Vilarrubín, Cabeza de Campo, Arnadelo, Sobredo da Montaña, Oencia (126 v.), S. Vicente da Teira, Frieira, Cabarcos (60 v.), Robledo, Barrio e Castelo. Todos eles pertecentes ao marquesado de Vilafranca.

A xurisdición de Vilafranca tiña como cabeza Vilafranca (493 v.), Vilela, Quilous, Valtuilles de Arriba e Abaixo, Válgoma, Viladecais, Oteiro, Toural dos Vaos (68 v.), Vilaboa e S. Clemente (114 v.), Arborboa e Viladepaos co seu barrio de Peón (92 v.). Todos eles pertencentes ao marquesado do mesmo nome.

O val de Ancares era tamén realengo e comprendía os pobos de Sorbeira, Candín, Pereda, Teixedo (64 v.), Suertes, Espiñareda de Ancares, Vilasumil, Lumeiras (52 v.) e Vilarbón. Sendo a máxima xustiza ordinaria o corrixidor de Ponferrada.

A xurisdición de Toreno incluía Librán, Toreno (106 v.), San Pedro Mallo e o barrio de Langre. O seu señor era o conde de Toreno. A xurisdición de Cubillos formábana Cubillos (83 v.), os barrios de "Cubilliños e Pesadiña" (21 v.), Cabanas da Dornila e Finolledo. Sobre Cubillos tiña dos 2/3 da xurisdición o señor Luis Losada e Quiroga.

A xurisdición de Bembibre contaba coa vila de Bembibre (138 v.), Almázcara, Boeza, Calamocos, Parada Solana, Villar de Traviesas, Castrillo, Folgoso de Ribera (108 v.), Quintana de Fuseros, Rozuelo, Santibáñez y S. Esteban del Toral, La Ribera de Bembibre, Arlanza, Labaniego, Cabanillas, Igueña (105 v.), Rodrigatos de las Regueras, Viñales, Villaverde de los Cestos, S. Román, Turienzo Castañaro, Matachana, Tremor de Arriba e de Abajo, Cerezal, Almagarinos, Villaviciosa de los Perros, Ferrerías de Marciel, Los Montes, Colinas de Martín Moro, Urdiales, Pobladura de las Regueras, Valle e Tedejo, Villoria, S. Pedro Castañero (124 v.)e Rodanillo. Todo el señorío pertenecía al Duque de Benavente, Estado de Alba de Aliste.

A meirindade de Cornatelo comprendía Borreis (99 v.), Villavieja, Rioferreiros, S. Juan de Paluezas (90 v.), Valdecanada, A Chana, Rimor, Santa Alla, Orellán e Voces. Todos eles dependían do señorío do marqués de Vilafranca do Bierzo.

Outras xurisdiciones da rexión berciana son o concellos de Laceana, Ribas del Sil de Abaixo e Enriba, a xurisdicion de Lucillo (na Somoza astorgana), Gobernación da Cabreira, abadía de Poibueno, Obispalía de Astorga (Torre, Sta. Marina de Torre, Sta. Cruz e Santibáñez de Montes), o Préstamos de Tabladillo (Folgoso, Tabaldillo e A Tejeda), abadía de Compludo (Compludo, Carracedo, Palacios e Espinoso), Abadía de Peñalba (Santiago e Bouzas), abadía de Montes (S. Clemente, S. Cristobal, Manzanedo, S. Juan de Tejo e Valdefrancos), a Quintería de Montes (S. Pedro, S. Adrián e Ferradillo), a Ribera de Escontra (Robledo, As Médulas, Yeres e Veiga de Yeres, Castroquilame, Ponte Domingo Flórez e Trones)

Lugares con xurisdición de seu son: Cortigueira, Cabanas do Portiel de D. Fernando, Cueto, Herbededo, os Magaz de Abaixo e de Enriba, Canedo, Campelo, Primou, Arganza, S. Juan de la Mata, Faro, Sésamo, Vilamartín, Pardamaza, os Tombrio de Abaixo e Enriba, Langre, S. Miguel de Langre, Fresnedo, Pradilla e Vadelaloba, Posada del Río, Congosto, Cobrana, Noceda e os seus barrios, Losada, S. Miguel de las Dueñas, S. Andrés de las Puentes, Albares, Granja de S. Vicente, Castropodame, Molinaseca, Manjarín e o seu barrio, Acebo, Foncebadón, Riego de Ambrós, S. Esteban de Valdueza, Los Barrios de Salas, Sto. Alejandro, Villanueva de Valdueza, Sta. Lucía, Priaranza, Salas de la Ribera, Sobredo, Pardollán, Busmaior, Soutelo, Pradela, Pieiros, Cacabelos e S. Justo de Cabanillas.

O Bierzo, agosto de 2007.

 
< Ant.   Seg. >
 
Campañas
Advertisement
No Fórum do Sil
Google
AGAL
Sindicación
© 2008 Fala Ceive
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5