O ENSINO DA LÍNGUA GALEGA NO CURSO 2007-08
Por Xabier Lago Mestre, Presidente da asociación Fala Ceive do Bierzo. A comezos do ano 2002 os bercianos pudemos optar libremente polo ensino da lingua galega nas primeiras etapas da educación non universitaria. No curso seguinte a sua aprendizaxe estendíase tamén aos institutos e á Escola Oficial de Línguas de Ponferrada. Aos poucos a poboazón foi tomando conciencia da importancia do boa aprendizaxe deste idioma proprio da nosa rexión. Así se constata no acrescentamento anual de alunado e no número de centros educativos que o oferecen nos. Convén tamén lembrar que os centros privados concertados xa poden incorporarse ao programa de ensino desta lingua, tal e como indica expresamente o Protocolo xeral de colaboración asinado entre a Xunta de Galicia e a Xunta de Castela e León (agosto de 2006).
O curso 2007-08 que iniciamos apresenta alguhas novidades en relación co ensino da lingua galega no Bierzo. A Consellería de Educación elaborou un decreto contendo o currículum dos ensinos de rexime especial que se imparten nas Escolas Oficiais de Idiomas. Entre estas atopa-se o centro de Ponferrada que oferece o idioma galego nos seus niveis básico e intermedio. A mesma Consellería tamén aprobou uha orde pola que se estabelece a materia optativa de Bacharelato "Lingua e Cultura Galega" co seu currículo. Por outra orde de 2005 xa se fixera o mesmo coa materia optativa de "Lingua e Cultura Galega" de Educación Secundaria Obrigatoria. Desta forma regulou-se a normativa para a impartizón da materia de idioma galego nos sucesivos níveis educativos. Con todo non se pode ocultar que hai problemas na oferta adecuada da língua polas resistencias que achamos nalgúns centros educativos. Deixamos de lado esa problemática, tantas veces denunciada ante o Procurador do Común e a Inspección de Educación, para analisar agora un tema que aínda supón certo receu ante o ensino do galego na rexión berciana. Referímonos a que algunhas pesoas discrepan co contido da materia desta lingua, xa que desexan que se teña máis en conta o dialectismo galego-berciano. Pois ben, Ollemos o conteúdo curricular deste idioma a través do regulado na orde que establece a materia optativa de Bacharelato. Entre os seus obxectivos, da materia de Lingua e Cultura Galega I, lemos que o ensino do galego pretende o desenvolvemento das seguintes capacidades: "7. Coñecer os aspectos fundamentais do medio sociocultural propio da lingua galega, para conseguir unha mellor comunicación e unha mellor comprensión e interpretación da diversidade cultural existente no Bierzo e Sanabria", ademais "9. Comprender e valorar que o galego do Bierzo e Sanabria forma parte, xunto con outras variantes diatópicas, da lingua galega". Queda claro o interese por recoñecer e valorar mellor a variedade lingüística ou diatópica do Bierzo. A respeito dos contidos, estabelécense uha serie de reflexióis sobre a lingua, como funcióis da linguaxe e gramática, as seguintes: "1. O galego e as súas variantes diatópicas: o galego do Bierzo e Sanabria (...) 4. O sustantivo e o adxectivo: a formación plural na variante berciana e o galego común. Casos particulares da flexión de xénero e número. Posición e gradación do adxectivo. A comparación". Isto recórdanos o noso peculiar plural pantalón-pantalois. Seguimos, "5. Demostrativos: o paradigma do Bierzo e Sanabria e o do galego común. Formas e usos dos demostrativos neutros". Temos a particularidade nos nosos demostrativos neutros, isto, iso e aquelo fronte aos normativos isto, iso e aquilo. "7. Pronome e determinantes indefinidos. Formas proprias da variante berciana. Expresióis de carácter indefinido: unha migalla, un feixe, unha chea, etc". Refere-se ao estudo das formas muito, muita e os seus plurais. Seguimos analisando o contido da citada orde. "8. Numerais. Diferenza entre último e derradeiro, para e parella. Expresióis con numerales: nas últimas, de segundas, asegundar, etc. Pesos e medidas tradicionais do Bierzo e Sanabria". Desde as medidas de lonxitude (légoa, braza e vara), pasando polas de superficie (o cuartal berciano de 436 m2 a 500 m2 ou a fanega), as medidas de capacidade (ou cuartal para medir castañas a chegas ou a rapas) ou as medidas de peso (caso do cento ou medio cento para o repolo, cebolas, pementos e demais). "10. Pronome persoal: o paradigma do Bierzo e Sanabria e o do galego común. Contraccións de pronombres átonos. Colocación de pronombre átono na frase". Todos sabemos da nosa opción pola túa en vez do ti normativo, ou do nosoutros e vosoutras. "11. O verbo: desinencias dos verbos regulares na variante berciana e no galego común. Os verbos irregulares máis frecuentes no galego do Bierzo e no galego común (...)". Aquí entra o noso pretérito indefinido, camiñein, e tamén do futuro en camiñarein. "12. Adverbios e locuciois adverbiais. Formas no galego do Bierzo e Sanabria (eiquí, eillí...) e en galego común: usos; variantes apocopadas (...) 17. Rutura da cadea literaria en lingua galega: os séculos escuros". Non pode faltar a referencia ao Martín Sarmiento e a sua obra lingüística e pedagóxica. No apartado de Aspeitos Socioculturais atopamos "2. Identificación de costumes e trazos da vida cotiá dos lugares onde se fala a lingua galega e contraste con outras linguas da contorna", referencia clara á pluralidade idiomática do Bierzo. "6. Interese por coñecer informacións culturais doutros lugares onde se fala a lingua galega: mitos e lendas, producióis literarias, fitos históricos, celebridades, etc". Un chamamento a se relacionar profusamente dentro da comunidade lingüística galega do Noroeste peninsular. Se continuamos co contido da materia de Lingua e Cultura Galega II, vemos novas referencias: "22. O galego do Bierzo e Sanabria como veículo de transmisión literaria. Antonio Fernández e Morales, Isidoro Andrés Ovalle, Francisco de Chairo Ovalle... 23. Principais manifestacións literarias en lingua galega desde finais do XIX. Escritores bercianos e sanabreses en lingua galega. 24. O galego do Bierzo e Sanabria na literatura tradicional oral: contos, lendas, fábulas, coplas, adiviñas...". Pouco máis fica por dicir, este currículo analisa aprofundadamente a variedade lingüística galego-berciana. Ademais insistimos na importancia que para o alunado ten a aprendizaxe do idioma galego normativo de face á sua plena realización académica (universitaria) e profisional (traballo público ou privado). Necesitamos un alunado berciano coa mellor capacidade plurilingüística, e sen dubida o galego que algo noso e universal, axuda a conseguilo. En Ponferrada, no Setembro de 2007. |