Início arrow Novas arrow Outras arrow A política linguística das Cortes Xerais fronte à política das Cortes de CyL
    
Menu Principal
Início
Quen somos e facemos
Contactar connosco
Arquivo
Forum do Sil
Novas
Ligazons
Imaxes
Blog de Fala Ceive
CiberIrmandade
Visitas Totais
Visitantes: 650679
Visitantes
Temos 1 convidado conectados


A política linguística das Cortes Xerais fronte à política das Cortes de CyL PDF Correo-e
Martes, 06 de Xuño do 2006

A POLÍTICA LINGÜÍSTICA NAS CORTES XERAIS  FRONTE Á POLÍTICA DAS CORTES DE CASTELA E LEÓN    

    Dende as últimas elecciois ás Cortes Xerais atopamos un importante troco no labor do Congreso e do Senado a prol das linguas do Estado. Abraian os datos sobre o número de proposiciois de lei e non de lei presentadas (22), preguntas parlamentarias (62), interpelaciois e mociois (18). Non se pode negar que a presencia dun Goberno estatal sen maioria absoluta favorece un maior debate lingüístico, feito que non aconteceu a este nivel co anterior Goberno de dereitas.


Por resumir a grandes rasgos, dos principais temas lingüísticos tratados nas Cortes Xerais salientamos a pretensión dun maior recoñecemento das linguas oficiais do Estado na Unión Europea. Algo que non será doado de conseguir pola  resistencia dos gobernos estatais a admitir máis linguas oficiais no seo da administración da Unión Europea, por mor do seu  temor aos aumentos de burocracia traductora e do presuposto correspondente.

Outra iniciativa aprobada por todos os partidos, agás o pp, foi a referida ao recoñecemento do plurilingüismo e a reflectilo en todo tipo de documentación do Estado (DNI, pasaporte, libro de familia, carné de conducir, etc), e que abranguía o establecemento de sinalización bilingüe nas dependencias do estado. Tamén se aprobou o ensino das linguas cooficiais nos centros exteriores do Instituto Cervantes, encargado ata agora só da difusión do castelao fóra das nosas fronteiras. Mentres tanto o pp segue reclamando que existe unha comunidade lingüística española que ten o castelao como idioma oficial que hai que protexer e respectar.

Esta formulación clásica da dereita só pretende primar a posición xerárquica do castelao en todas as comunidades autónomas, sen querer entender que son o resto de linguas territoriais as que precisan da protección e fomento, pois o castelao está ben consolidado en todos os seus dominios sociolingüísticos do Estado. Aproveitamos a ocasión para denunciar que as dúas correntes do leonesismo político, representadas actualmente nas Cortes de Castela e León, seguen sen tomar iniciativas a prol do seu patrimonio lingüístico leonés.

A militancia leonesista parece non cuestionar esta deixadez dos seus líderes no Parlamento rexional. Asi pois,  seos políticos leonesistas pasan de defender  a súa lingua territorial leonesa, pouco ou millor dito nada podemos agradar os galegofalantes do Bierzo e das Portelas da Alta Seabra (Zamora) que fagan polo noso idioma. Para estes políticos leonesistas o noso patrimonio lingüístico galego debe ser ignorado por ser un sinal da tradición colectiva alleo á selectiva identidade leonesa que eles propugnan, e ademais, porque a existencia dos falantes galegos do Bierzo cuestiona as súas sacrosantas fronteiras do antigo Reino de León. En fin, atopamos nulas diferencias entre os políticos leonesistas e os seus compañeiros dos partidos estatais. Que ben casadiños están todos nas bancadas das Cortes de Castelae León na defensa do uniformismo idiomático castelao.

 
< Ant.
 
© 2008 Fala Ceive
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5