Início arrow Novas arrow Ao engate (ligue) na tua língua
    
Menu Principal
Início
Quen somos e facemos
Contactar connosco
Arquivo
Forum do Sil
Novas
Ligazons
Imaxes
Blog de Fala Ceive
CiberIrmandade
Visitas Totais
Visitantes: 650716
Visitantes
Temos 1 convidado conectados


Ao engate (ligue) na tua língua PDF Correo-e
Martes, 16 de Outubro do 2007
XÁ HÁ ESPAZO VIRTUAL PARA ENGATAR EN GALEGO CON PESOAS DE TODO O MUNDO
Fillos.org busca poñer en contacto a mozos e mozas de Galiza e da diáspora.

O maior portal da diáspora galega, Fillos.org, apresentou esta semana un novo servizo que permitirá que mozos e mozas ( e non tam mozos(as) de todo o mundo atopen amigos ou parella usando unicamente etiquetas en galego. A iniciativa eTIqueTAL.com, que conta co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta da Galiza, pretende contribuír á normalidade galega na internet, centrado nos galegçofonos originários do estado español e dispersos por todo o mundo e a marge dos muitos portais'de amizade e relacionamento que na nosa língu há no espazo lusófono como o popular yahooencontros, ou o popular hi5 em Portugal de amizade, ou o popularíssimo brasileiro orkut.

Segundo explican os proprios promotores, “o web baséase no concepto da semántica, de tal xeito que cada usuario defínese a si mesmo mediante unha icona, unha frase favorita e unha serie ilimitada de etiquetas que describe todo o que lle gusta”. Posteriormente o propio sistema é o que avisa de xeito automático a outros usuarios que comparten eses mesmos gustos e posibilita o contacto privado.

O responsábel técnico do proxecto, Manuel Casal Lodeiro, subliña que a iniciativa pretende “facer que os mozos galegos empreguen máis o galego para se relacionaren entre si na Rede, e que como en todos os nosos proxectos se reúnan nun lugar común os galegos de Galiza e da diáspora”.

Bon, pois que a todos seja útil e alarguemos os nosos contactos no mundo

 
< Ant.   Seg. >
 
© 2008 Fala Ceive
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5