A SELECCION GALEGA DE BILHARDA CAMPIOA NO CAMPIONATO INTERNACIONAL CANTÁBRICOA Final tivo lugar na localidade Eunaviega de Castrilhom, entre as seleciois asturiana e galega, sendo a final gaña pola equipa galega. Varios membros da equipa Astura queixaron-se do erro de escoller uha localidade eunaviega como lugar de encontro da final, mas a cousa tinña a sua lóxica cuando a equipa asturiá estava composta de xeito fundamental por eunaviegos.
Os desportos tradicionais voltan a recuperar terreno, e foi um bom exemplo este campionato internacional de bilharda na que participaron equipas da Galiza e das Astúrias, aguardando-se para as próximas ediciois a participazon berziana e dos transmontanos e beiroes de Portugal. No Bierzo grupos de rapaces e rapazas están a praticar com a bilharda, jogo noso ben tradicional, para deixar ao Berzo en bom lugar, e a poder ser campion. Pola sua parte as potentes equipas eunaviegas non renunciam a terem selección própria neste jogos internacionais, sendo um bom exemplo de iso a participación de alguns dos seus xogadores mais destacados nos campionatos mundiais dos desportos tradicionais galaico-transmontanos-beiroeses celebrados em Vila-Real (Tras-os-Montes) O palanador Fran Folgueira, foi peza fulcral do trunfo dos galegos na final de Castrilhom, pois indiscutibelmente Fram Folgueira, o novo palanador e debutante na Auténtica, foi o grande protagonista desta espectacular I Copa Internacional Cantábrica xa que decidiu cun espectacular match point o destino final da Copa que se desputou este domingo. Despois de empatar a 2 setos nun igualadísimo partido, no seto definitivo e de desempate entre as dúas seleccióis, a da Galiza, usou a maior experiencia dos palanadores da Galiza na alta competición que fixo desnivelar a balanza a tan só uha carreira para o remate do encontro. E foi cun espectacular golpeo do mozo Fram o que desnivelou a balanza e fixo que a I Copa Cantábrica cruzase a Ponte dos Santos de volta coa expedición Galega de terras asturiás.
Os mellores do partido Especial mención merece a grande aportación dos debutantes na equipa naciona galega coma Delfranco. O italo-galego amosouse implacábel e xunto con Daniel, Juán Pico e o campión galego de Varados, o Coruñés David Fontán, dirixidos esplendidamente dende a banda polo tamén debutante coma seleccionador nacional Ismael, O Zidane da Billarda, fixeron xunto con toda a expedición que Galiza acadara a tan desexada I Copa Cantábrica.
Astúrias consolídase definitivamente coma un país cun potencial bilhardeiro espectacular e crescente sobre todo na zona eunaviega. A LNB crea, xunto coa Liga Nacional del Lirio, un importantísimo epicentro en Piyarnu, incluso co explícito apoio e interese do Concello de Castrilhom por estabelecer este xogo como algo duradoiro, e tentar realizar máis torneios tanto individuais como entre clubes de bilhardeiros dos dous países, así como o inicio de contacto con outros colectivos do país veciño para realizar actos conxuntos. A Copa Internacional Cantábrica racha moldes e fronteiras coa forza das ondas do Cantábrico rompendo nas rochas. Todos os participantes lamentarom que este ano nom puderam participar os palanadores berzianos, que non contaromn con o apoio do Conselho Comarcal que lhes correspondia pode ver-se uha importante mostra das tiradas deste campionato em tele varal
|