NOVA QUEIXA SOBRE O ESTUDO DO GALEGO NO INSTITUTO EUROPA DE PONFERRADA ANTE O PROCURADOR DO COMÚN.A Asociación Cultural Fala Ceibe (
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
) do Bierzo enviou este verán de 2007 unha queixa á Oficina do Procurador do Común de Castela e León sobre certas irregularidades detectadas no ensino da lingua galega no instituto "Europa" de Ponferrada. A queixa concreta respecto ao instituto "Europa" referíase a que na documentación de matriculación ignorábase a opción de poder estudar a materia de Xeografía e Historia dos cursos de segundo, terceiro e cuarto de ESO en lingua galega. Denunciamos que non se ofrecese expresamente na documentación aos afectados, alumnado, pais e nais, a posiblidad de optar polo ensino voluntario de galego. Ao non haber un lugar expreso na documentación para optar libremente pola devandita materia, obrígase aos demandantes de galego a indicar en calquer lugar da documentación de matriculación o seu desexo de optar polo estudo de devandito idioma.
Como se manipula administrativamente o proceso de matriculación Como non existía un cadro nin un espazo concreto na folla de matriculación onde optar por devandita materia, ben se podía deducir que non había oferta expresa da materia de Xeografía e Historia en galego polo devandito instituto. Non é esta unha forma encuberta de ocultar á comunidade escolar a opción de lingua galega no instituto "Europa"?. Este procedemento educativo é irregular, e gravemente prexudicial para os intereses da comunidade escolar afectada. Insistimos pois en que esta grave problemática prodúcese, curso tras curso, ante a pasividade administrativa da Consellería de Educación da Xunta de Castela e León. O procurador do comun non sabe como comprobar os feitos? En relación con esta queixa presentada por Fala Ceibe, hai uns meses recibimos unha carta da Oficina do Procurador do Común na que se nos pedía á relación de afectados por esta denuncia escolar, é dicir, os nomes dos denunciantes. Esta petición parécenos totalmente desacertada. Resulta claro que os pais, nais e alumnos afectados puxéronse en contacto con Fala Ceibe para facer a correspondente denuncia escolar, porque non estaban en principio dispostos a dar a cara publicamente. Curso tras curso esta problemática sobre o ensino do galego no instituto "Europa" non se resolve, interveña Fala Ceibe, a Oficina do Procurador do Común ou a inspección escolar da Dirección Provincial de Educación, logo podemos deducir que a dirección do citado centro está opóndose con firmeza á resolución definitiva do conflito escolar. E dicimos máis, se as mencionadas institucións non poden resolver o problema ante a dirección do instituto "Europa", resulta previsible que os pais, as nais e o alumnado teñan medo a dar a cara, de xeito público e de forma colectiva, por temor a posibles represalias da dirección do centro. É fácil a Procurador do Comun descobrir a verdade dos feitos Así pois, Fala Ceibe invita á Oficina do Procurador do Común a que cambie de estratexia procedimental para a resolución deste conflito escolar. Non se trata de pedir a relación de demandantes do instituto "Europa" para incluír máis papeis no expediente aberto, senón que o que hai que facer é pedir á dirección do citado centro educativo a copia da documentación de matriculación, recibida e cumprimentada polos demandantes da materia de lingua galega, ao comezo deste curso 2007-08. Só tras ler a citada documentación de matriculación pola Oficina do Procurador do Común poderase comprobar se as denuncias de Fala Ceibe son certas. En caso de haber irregularidades na documentación de matriculación, respecto da opción da materia de lingua galega, pedimos ao Procurador do Común que demande á dirección do instituto "Europa" a modificación inmediata de devanditos formularios de inscrición, e á vez dar outra oportunidade a toda a comunidade escolar, afectada por ditos "erros" administrativos, para que opte libremente de novo pola materia deste idioma. A equipa directia va o IES EUROPA, da sempre voltas as cousas para que os direitos linguisticos sexan negados Fala Ceibe do Bierzo engade a esta denuncia unha nova queixa relacionada co mesmo instituto "Europa". Trátase agora de que a dirección do centro impón unha modalidade concreta de bacharelato aos alumnos que optan polo estudo da materia de lingua galega. Esta obrigación de elección dunha modalidade de bacharelato ao alumnado de galego, fronte á liberdade de elección de modalidades de bacharelato que ten o resto do alumnado, considerámola totalmente discriminatoria. Por iso pedimos á Oficina do Procurador do Común que interveña neste novo conflito, abrindo as correspondentes dilixencias informativas, para a súa resolución definitiva. Fala Ceibe do Bierzo pide á Oficina do Procurador do Común unha especial consideración coa resolución deste conflito escolar do instituto "Europa" porque se produce curso tras curso e ameaza con esquistarse. Tantas irregularidades denunciadas son a mostra dunha persistente resistencia tácita da dirección do instituto ao ensino normalizado da lingua galega. Faise máis que necesaria a intervención directa da Oficina do Procurador do Común, coa correspondente visita a devandito instituto "Europa", para comprobar "in situ" a denuncias e solicitar as probas documentais e declaracións verbais, mediante entrevista cos afectados, os pais, as nais e o alumnado de galego. Ponferrada, outubro de 2007. |