Início
    
Menu Principal
Início
Quen somos e facemos
Contactar connosco
Arquivo
Forum do Sil
Novas
Ligazons
Imaxes
Blog de Fala Ceive
CiberIrmandade
Recomendai-nos
O teu nome:

* O teu correo-e: 

* O correo-e do teu amigo: 

Mensaxe curta: 

Últimas descargas
Sobre a Ingenuidade Corrosiva
Língua de Vencedores e de vencidos
Direitos fundamentais na Faixa Leste
ETOPEIAS
Início da sesión





Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha
Visitas Totais
Visitantes: 572481
Visitantes
Temos 2 convidados conectados


Queixa ao Procurador do Comun PDF Correo-e
Martes, 06 de Xuño do 2006

QUEIXA AO PROCURADOR DO COMÚN SOBRE O ENSINO DO GALEGO NO BIERZO.

Fala Ceibe formula unha queixa ao Procurador do Común de Castela e León (Defensor do pobo rexional) referida ao ensino do galego nos centros escolares do Bierzo. Trátase do pedimento para que se oferte a materia de lingua galega nos cursos 3 ou 4 do ESO. Recordemos que actualmente se imparte este idioma dentro doutras materias –coñecemento do medio, plática e ciencias sociais-, e que algúns pais e mais con alumnado afectado se puxeron en contacto con esta asociación cultural para que demandemos que se oferte o ensino do galego, como materia propia, en 3 ou 4 do ESO.

O actual proceso de aprendizaxe do idioma galego nas etapas de infantil, primaria e secundaria nos centros escolares do Bierzo precisa do establecemento nos cursos finais do ESO de esta lingua, pero como materia propia e cun contido complementario. Así, estudiantes, pais, mais e profesorado alegan que resulta convinte completar o estudio do galego, cunha mayor especialización nos niveis propiamente lingüísticos –gramatical, práctico, fonético etc- con contidos integramente relacionados con este idioma.
  Fala Ceibe tamén quere denunciar que segue sen realizarse a necesaria campaña informativa sobre o ensino do galego no Bierzo, por parte da Consejería de Educación da Junta de Castela e León. Esta campaña de carácter institucional debe informar axeitadamente á comunidade escolar berciana sobre a posibilidade que se ofrece de optar voluntariamente polo ensino da materia de lingua galega. E é que a aprendizaxe do outro idioma territorial e propio do Bierzo occidental non pode quedar fóra dalgúns centros escolares como acontece actualmente, pois impide que o alumnado e os seus proxenitores exerzan esta opción educativa coa normalidade desexada.
  Fala Ceibe indica que o contido desta campña informativa ten que facer mención ao procedemento administrativo a seguir para impartir esta materia nos centros escolares que aínda non a implantaron. Campaña institucional que debe realizarse a través da remesa da correspondente Instrucción da Dirección General de Planificiación y Ordenación Educativa, que regule a implantación do programa para a promoción do idioma galego, a todos os centros escolares becianos; a edición de cartelería específica para colocala en lugares públicos dos propios centros escolares e a inserción de publicidade institucional nos medios de comunicación do Bierzo, coincidindo co período de matriculación para os novos cursos académicos.

XABIER LAGO MESTRE
(Ponferrada, novembro 2004)

 
< Ant.
 
Campañas
Advertisement
No Fórum do Sil
Google
AGAL
Sindicación
© 2008 Fala Ceive
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5