Início
    
Menu Principal
Início
Quen somos e facemos
Contactar connosco
Arquivo
Forum do Sil
Novas
Ligazons
Imaxes
Blog de Fala Ceive
CiberIrmandade
Recomendai-nos
O teu nome:

* O teu correo-e: 

* O correo-e do teu amigo: 

Mensaxe curta: 

Últimas descargas
Sobre a Ingenuidade Corrosiva
Língua de Vencedores e de vencidos
Direitos fundamentais na Faixa Leste
ETOPEIAS
Início da sesión





Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha
Visitas Totais
Visitantes: 560750
Visitantes
Temos 2 convidados conectados


A rexion berciana e os seus limtes PDF Correo-e
Domingo, 02 de Decembro do 2007

OS LIMITES PERMEABLES DA REXIÓN BERCIANA

Por Xabier Lago Mestre, Presidente de Fala Ceibe do Bierzo.

Os limites xeográficos do Bierzo son máis doados de recoñecer. Estamos arrodeados por serras montañosas que marcan os lindeiros coas rexiois veciñas (Castela, León, Asturias e Galiza). Pola outra banda, coñecemos ben os confíns do Bierzo nos distintos períodos históricos. Así, durante o antigo réxime -séculos XVI ao XVIII-, a provincia do Bierzo incluía tamén a xurisdicíón de Lucillo (na Somoza astorgana), a Cabreira Alta na gobernación da Cabreira e o norte de Valdeorras na merindade de Aguiar, mentres que restaban fóra os concellos de Laceana, Ribas do Sil de Arriba e de Abaixo (actuais municipios de Palacios e Páramos respectivamente). A posterior provincia de Vilafranca do Bierzo abranguía a comarca de Valdeorras, A Cabreira Baixa e os concellos de Páramo e Palacios, amais de terras estremas en Visuña, porto de Manzanal e Cruz de Ferro.

O pleno desenvolvemento do sistema capitalista na segunda metade do século XX supuxo a creación dunha área funcional do Bierzo que exerce a súa influencia económica sobre as comarcas veciñas, casos de Valdeorras, A Cabreira Baixa, Laciana e As Nogais luguesa. Os servizos que presta O Bierzo a eses territorios son: sanitarios, educativos, ferroviarios, comerciais, lecer e demais. Isto permítenos dicir que hai unha rexión funcional do Sil-Este que supera os límites xeográficos e históricos do Bierzo. 
 
Esta peculiar problemática xeográfica podería reforzar as relaciois interterritoriais se se transforman as vías de comunicación de hoxe. Comentamos que a futrua autoestrada do eixo transcantábrico uniría máis Laciana e O Bierzo, outro tanto supoñería a estrada entre Ponferrada e A Seabra zamorana a través da Cabreira, unha nova oportunidade de desenvolvemento socio-económico para esta montañosa e illada comarca estremeira. O mesmo acontecería coa proxectada autoestrada entre Monforte e Ponferrada. Esta última facilitaría máis as comunicaciois entre O Bierzo e Valdeoorras, e incluso coas comarcas de Quiroga, O Bolo e Trives tamén. É dicir a rexión do Bierzo-Sil Este abranguería unha área funcional máis ampla cá actual.

O Bierzo pode facer de locomotora económica respecto de todo o espazo rexional visto. A presencia dun centro urbano forte, caso de Ponferrada, é fundamental para o desenvolvemento endóxeno de todas as comarcas veciñas, capaz de evitar as excesivas dependencias doutros centros urbanos máis alonxados. Sempre será mellor certa dependencia económica e funcional dunha cidade media, teimamos en Ponferrada, que doutras urbes como A Coruña, Vigo, León ou Valladolid.

Outra problemática interterritorial do Bierzo formula a necesidade de reforzar a protección medio-ambiental dos espazos naturais que compartimos con Galiza. Referímonos a Os Ancares, serras dos Cabalos e da Enciña da Lastra, as ribeiras do Sil, o Camín de Compostela, o Camín de inverno por Valdeorras, a Vía Nova romana que vai a Oporto, etcétera. Non resulta convinte a protección institucional destes espazos de xeito infividualizado, pola Junta de Castela e León, Deputación leonesa, o Consello Comarcal berciano ou Xunta de Galiza, por mor dos atrancos que supoñen os lindeiros interautonómicos. A dita protección medio-ambiental, así como a etnográfica ou cultural-lingüística, as vías de comunicación, a promoción turística estatal ou internacional e demais ámbitos precisan de políticas conxuntas entre Galiza e O Bierzo.

Vemos pois como as relaciois tradicionais entre as distintas comarcas do val do Sil-Este poden reforzarse aínda neste comezo do século XXI. Os límites históricos da provincia do Bierzo e os actuais da recoñecida legalmente, en 1991, como Comarca do Bierzo son superados xa pola capacidade de influencia funcional e socio-económica da nova rexión do Bierzo-Sil Este. Neste sentido cómpre establecer xa unhas relaciois estratéxicas de futuro prioritarias con Galiza, capaces de articular un desenvolvemento sostenible, coordinado e articulado para toda esta ampla rexión.

O Bierzo, decembro de 2007.

 
< Ant.   Seg. >
 
Campañas
Advertisement
No Fórum do Sil
Google
AGAL
Sindicación
© 2008 Fala Ceive
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5