Início arrow Novas arrow Outras arrow O asunto do território d'O Bierzo
    
Menu Principal
Início
Quen somos e facemos
Contactar connosco
Arquivo
Forum do Sil
Novas
Ligazons
Imaxes
Blog de Fala Ceive
CiberIrmandade
Visitas Totais
Visitantes: 555835
Visitantes
Temos 1 convidado conectados


O asunto do território d'O Bierzo PDF Correo-e
Mércores, 20 de Febreiro do 2008

A TERRITORIALIDADE REXIONAL D’O BIERZO,

Por Xabier Lago Mestre, Presidente da Asociación Fala Ceive.

Os políticos anunciáron-nos que en 2008 vai-se reformar a Lei do Consello Comarcal d’O Bierzo . Non é a primeira vez que prometen isso, mas os berzianos temos a necesidade de confiar de novo en que nesta ocasión si van a sério. Resulta conveniente iniciar canto antes o longo debate reformador para facer propostas ben acaídas as peculiaridades d'O Bierzo, e facermos iso desde O Bierzo.
 
Nesta primeira entrega de artigos entramos na análise do modelo territorial que precisamos.

 A complexidade do território da comarca d'O Bierzo

Comezo dicindo algo que se entende ben desde aqui, mas que resulta de difícil comprensión para os alleios. O Bierzo é moito máis que umha comarca, é umha rexión que abrangue várias comarcas ben definidas e con muitas peculiaridades, algumhas tam singulares como a da nosa peculiaridade linguística, com umha metade ocidental de língua galega, e umha metade oriental que tiña unha variante luinguística muito próxima do galego, que era asturolés berziano, e hoxe está case totalmente castelhanizada; Umha cidade Ponferrada  que desprazou o antigo nucleo dominante de Vilafranca e hoxe é a urbe plural que articula o território como um espazo de mercado singular, incluindo nessa unidade de mercado espazos muito ligados da Comunidade Autónoma da Galiza.

A ordenación territorial adecuada desta zona periférica ten que referirse a un espazo rexional formado por numerosas comarcas (O Bierzo baixo, Boeza, Sil alto, Ancares, Valcarce, Selmo entre outras). Pero a problemática territorial complícase cando outras comarcas veciñas entran dentro da área funcional que articula a cidade de Ponferrada, casos de Llaciana e a Cabreira baixa (Na Cabreira alta só as parroquias de Corporales e Truitas seguen ligadas coa cabreira baixa, o resto dese concello está economicamente mais unido a val de Eria leonesa). Ademais as vías de comunicación estatais permiten a extensión de devandita dependencia funcional con comarcas máis afastadas, Valdeorras e os municipios de Villagatón, As Nogais e Becerreá. Ata habería que valorar os cambios geofuncionais que provocará a futura autovía Ponferrada-Ourense, respecto das comarcas galegas de Quiroga, Trives e O Bolo, que estarán máis perto da capital berziana.
 
Este amplo espazo rexional Sil-este é comandado polo desenvolvemento económico do Bierzo que fixa lazos de dependencia funcional a todos os niveis (administrativo, sanitario, comercial, industrial, transportes, comunicacións, lecer, etc). A distancia desta rexión económica doutros centros urbanos (A Coruña, Ourense, León, Oviedo) favorece tamén o desenvolvemento endógeno.
 
Con todo isto queremos dicir que ha que ter presente esta nova realidade territorial á hora de expor a nova organización político-administrativa d'O Bierzo. As escasas posibilidades de actuación do actual Consello Comarcal impiden unha mellor articulación geofuncional deste amplo marco rexional O Bierzo-Sil-oeste. Adaptemos pois o organigrama administrativo a un espazo rexional berciano gobernado por un Consello Xeral. Esta dinámica política rexional berciana precisa tamén dunha representación non municipal, como a actual, senón das distintas comarcas que integren o Consello Xeral.
 
O Consello berziano debe ter limites administrativos, como calquer outra institución de carácter territorial, pero estes procurarán ser permeables ante a realidade pluricomarcal circunvecina. A intervención política berziana para ser eficaz articulará a unión das sinerxías dos distintos núcleos policéntricos comarcais. As diversas áreas rurais precisan dun centro urbano, Ponferrada neste caso, que comande o desenvolvemento político e económico. O pior que lle pode suceder ao Bierzo é que non aproveite a súa situación geoestratégica para dirixir o desenvolvemento desta ampla rexión Sil-oeste. E para lograr isto ha que romper con todas as inercias políticas e económicas derivadas da nosa situación de fronteira entre Castela e León, e a Galiza. A nova política territorial esixe a presenza dun Consello Xeral berciano capaz de establecer relacións directas coas institucións veciñas (Xunta de Galiza, Deputacións de Ourense e Lugo, e facer acordos de mancomunidade  con Valdeorras, e concellos galegos). O Bierzo ten que choutar por cima dos seus limites e integrar-se no espazo rexional de Galiza saída natural de muitos dos nosos produtos e saída ao mar das nosas exportacions, para superar a mentalidade de fronteira que temos desde há séculos, e que nos impediu manter unhas relacións plenamente normalizadas cos nosos veciños do oeste.



 
< Ant.   Seg. >
 
© 2008 Fala Ceive
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5