Início
    
Menu Principal
Início
Quen somos e facemos
Contactar connosco
Arquivo
Forum do Sil
Novas
Ligazons
Imaxes
Blog de Fala Ceive
CiberIrmandade
Recomendai-nos
O teu nome:

* O teu correo-e: 

* O correo-e do teu amigo: 

Mensaxe curta: 

Últimas descargas
Sobre a Ingenuidade Corrosiva
Língua de Vencedores e de vencidos
Direitos fundamentais na Faixa Leste
ETOPEIAS
Início da sesión





Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha
Visitas Totais
Visitantes: 1086145
Visitantes
Temos 35 convidados conectados


Os defensores da "Liberdade" pon problemas ao galego PDF Correo-e
Martes, 26 de Febreiro do 2008

CONTINÚAN Os PROBLEMAS DA LINGUA GALEGA NO INSTITUTO EUROPA

Por Xabier Lago Mestre, Presidente de Fala Ceive do Berzo.

A Asociación Cultural Fala Ceive do Berzo de novo denúncia ao público os problemas da implantación normalizada do ensino da lingua galega no instituto Europa de Ponferrada. A nosa asociacion recebeu mais unha vez denuncias de membros da comunidade escolar de devandito centro, xa que preferen non dar a cara ante os medios de comunicación para evitar agravar o conflito educativo coa dirección do instituto. Agora ben, esta postura pública non impediu às mais e aos pais afectados acudir coas suas queixas ás autoridades educativas superiores.

 

Desde Fala Ceive apontamos, que as denuncias en relación coa oferta de idioma galego no instituto Europa de Ponferrada concrétanse nas seguintes:

-Retrasos da incorporación da profesora de galego no curso 2007-2008,

-A obriga de escollerem francés en 3º curso para o alunado que quere facer Historia en galego.

-A obrigación de escoller matemáticas, física, química e bioloxía en 4º curso para o alunado que quere facer Historia en galego.

 -Finalmente, entorpecese todo o que se pode o aceso dos pais e mais e dos alunos ocultando a información da opción da materia de idioma galego nos sobres de matricula, en cada comezo de curso académico.

Fala Ceive, tras reciber as correspondentes queixas dos afectados, recorre unha vez máis aos medios de comunicación para denunciar publicamente esta problemática do ensino dunha das língua proprias do Berzo no instituto Europa de Ponferrada, no que a equipa Directiva empregase na obstaculizazon da grande demanda da língua galega.

A falta de resolución deste conflito escolar, que continúa agravándose curso tras curso académico, amosa o nulo interese que pon a dirección do citado instituto, e tamén a pasividade da Dirección Provincial de León e da Consellaría de Educación da Xunta de Castela e León na resolución definitiva dum problema lingüístico de ben doada solución. Neste sentido, recordamos que a propria Oficina do Procurador do Común de Castela e León ten aberto expediente informativo sobre este asunto desde hai anos. Todo parece indicar que a intervención do Procurador do Común serviu máis ben depouco até o de agora, aínda así Fala Ceive diríxelle con esta carta outra nova queixa para instarlle a intervir, se o considera conveniente en vista das concretas denuncias expostas anteriormente.
 
Fala Ceive comprométese a enviar estas queixas tamén ás autoridades educativas pertinentes, caso da Inspección educativa, así como á Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia , para que esta saiba dos obstáculos que ten a aplicación do Programa interautonómico de ensino do galego no Berzo. Por outra banda, farémoslles chegar estas queixas, das nais e os pais do instituto Europa de Ponferrada, aos partidos políticos con representación nas Cortes de Castela e León de Valladolid, para que se trate esta problemática na correspondente Comisión de Educación.

Ponferrada, 20 de febreiro de 2008.

 
< Ant.   Seg. >
 
Campañas
Advertisement
Google
AGAL
Sindicación
© 2010 Fala Ceive
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5