Início
    
Menu Principal
Início
Quen somos e facemos
Contactar connosco
Arquivo
Forum do Sil
Novas
Ligazons
Imaxes
Blog de Fala Ceive
CiberIrmandade
Recomendai-nos
O teu nome:

* O teu correo-e: 

* O correo-e do teu amigo: 

Mensaxe curta: 

Últimas descargas
Sobre a Ingenuidade Corrosiva
Língua de Vencedores e de vencidos
Direitos fundamentais na Faixa Leste
ETOPEIAS
Início da sesión





Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha
Visitas Totais
Visitantes: 1086157
Visitantes
Temos 47 convidados conectados


O asunto do sistema eleitoral d'0 Bierzo PDF Correo-e
Xoves, 06 de Marzo do 2008

POLO SISTEMA ELEITORAL BERZIANO

Por Xabier Lago Mestre

(entrega nº dous)

Seguimos coa análise das propostas que desde O Bierzo facemos á reforma da actual Lei do Consello Comarcal.

Un dos temas máis controvertidos, a nivel político, é o da modificación do sistema eleitoral dos membros do Consello Comarca Berziano. O debate dialéctico agudíza-se ao se tratar o aspecto da eleición directa ou indirecta dos representantes berzianos. Os defensores da opción política a favor da actual eleición indirecta, seguindo o modelo das deputazois, non están dispostos a aprofundar na democracia participativa que supón a alternativa da eleición directa.

A elección indirecta dos representantes locais ten o seu fundamentación xurídico na Lei Orgánica do Réxime Eleitoral Xeral de 1985 e na lei de Bases de Rexime Local. Esta norma impide calquer modificación da lexislación eleitoral estatal por parte dos parlamentos autonómicos. A eleizon dos deputados provinciais é um bom exemplo diso (título V), salvo apontamenos especiais -ao respeito aos reximes especiais forais em matéria local (artigo 208). Mentres que o sistema eleitoral autonómico é compatência dos parlamentos das CCAA. Sendo já que logo a administraçom local regulada polo estado nom cabe nese casol a regulazon parlamentar rexional puntuais.

E legislazon básica estatal o sistema eleitoral dos entes locais, salvo as excepcions forais e aquelas outras onde con anterioridade a publicazón da Lei de Bases xá tiñan lexislación autónomica consolidada tal e como se determina na lei de Bases de rexime local.

O importante é termos presente que o sistema eleitoral estatal afecta directamente á organización territorial de carácter local, concelhos, deputazois, cabildos insulares.

Porém poderia enetender-se que o resto de entidades locais como som mancomunidades (que podem existir con concellos de mais dunha comunidade sempre que os estatutos autonómicos o autoricen ou non o empecen como veu sinalar o Tribunal Constitucional), asociaciois de municípios... a sua regulazon non é necesariamente a estatal na materia.

No caso das comarcas criazon dos sistema autónomico é esta sistema quen as debe regular, como pasa no caso da Cataluña que é o território onde tiverom o máximo de desenvolvimento as comarcas e no que existe unha con un rexime competencial tan grande que cuase se poderia falar de unha subcomunidade autónoma, estou-me referindo ao Val de Arán. A regulazon do sistema eleitoral de rexime local é de aplicación as comarcas só no caso de renuncia expresa da Comunidade Autónoma a lexislar ou como no presente caso berziano en que as normas da comunidade autónoma fan referéncia ao rexime das normas estabelecidas neste campo para as deputazons.

O catedrático Luís Coscullela déixao claro, a Lei Eleitoral Xeral non regula ningun sistema eleitoral no caso das entidades supramunicipais, o título IV da Lei de Bases de Réxime Local remite á lexislación autonómica.
Por razón de todo isto, a Comunidade Autónoma de Castela e León ten maior marxe competencial para regular o sistema eleitoral proprio do Consello Comarcal berziano. A Lei Reguladora de Bases do Réxime Local, de 1985, determina que serán as comunidades autónomas as que regulen o réxime xurídico das comarcas (art. 42.3). Ata o punto de que non hai impedimento xurídico para fixar legalmente o procedemento de eleición directa dos nosos conselleiros bercianos. A Constitución española non configura un sistema eleitoral concreto para as comarcas nen exclúe nengún. En cambio a eleición de rexedores municipais e deputados provinciais é unha materia rígidamente atribuída ao Estado.
 
Convén ver a lexislación autonómica comparada para comprobar a existencia de certos particularismos electorais en España. Así o Principado de Asturias divide o seu territorio en 3 circunscricións electorais e a Rexión de Murcia divide o seu en 5 circunscricións. En Cataluña, o Conselh Generau d´Arán conta cun sistema de eleición directa dos seus representantes, mentres que divide o seu territorio en 6 áreas ou terçons na lingua aranesa; con todo, para o resto de comarcas catalás establécese o sistema de elección indirecta.

Os políticos contrarios á concesión da eleición directa dos conselleiros bercianos apontan á tradición secular do sistema eleitoral de Arán, e negan que poda ser modelo para o Consello berziano.

A última reforma do Estatuto de Autonomía de Castela e León insta a que se teñan en conta as singularidades do Bierzo e a súa traxectoria institucional (art. 46.4). Convén trazer a colación que o complexo institucional histórico do Bierzo non é alleo á presenza de procedementos de elección directa dos nosos representantes públicos. Procedementos que se praticaron no seo dos concellos rurais e das comunidades de val, e que se mantiveron posteriormente na elección dos cargos pedáneos. Pero máis importante que o recoñecemento histórico é o desexo popular e maioritario de aprofundar nun sistema de elección directa dos representantes do Consello berciano.

Doutra banda, o actual procedemento de elección dos representantes bercianos  baseia-se en exceso no criterio territorial (de base municipal) sobre o poboacional. Isto provoca unha grande desproporción entre ambas as variábeis, diferenza que se amplía ao comparar os municipios máis despoboados e o de Ponferrada. A alternativa parcial a esta difícil problemática non está en acrescentar o xa excesivo número de conselleiros no Pleno (na actualidade 50), senón no estabelecemento de distritos electorais. Este novo sistema eleitoral serviría para procurar o equilibrio entre os distritos, en base ao seu número de habitantes en relación ao municipio de Ponferrada (66824 moradores). A proposta de distritos electorais pode concretar-se en cinco, a saber, Boeza, Ancares-Alto Sil, O Bierzo Baixo, Valcarce-Aguiar-Cabreira e Ponferrada.

Apartado clave da reforma proposta é o da elección dos conselleiros por cada distrito segundo o número de residentes, e non como até agora por municipios (art. 12.1). Se se combinan os dous parámetros, votos/concelleiros conseguidos por cada partido ou coalición, para coñecer a representación obtida finalmente, debería primar a primeira variable os votos totais- sobre a segunda os concelleiros logrados. As percentaxes aplicadas a ambos os parámetros póden-se fixar en 2/3 para os votos e 1/3 para os concelleiros. Aos partidos políticos poderá-se-lles fixar unha barreira mínima de 3% dos votos para obter representación no Consello do Bierzo.


O Bierzo, febreiro de 2008.

www.obierzoceibe.blogspot.com

 
< Ant.   Seg. >
 
Campañas
Advertisement
Google
AGAL
Sindicación
© 2010 Fala Ceive
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5