Início
    
Menu Principal
Início
Quen somos e facemos
Contactar connosco
Arquivo
Forum do Sil
Novas
Ligazons
Imaxes
Blog de Fala Ceive
CiberIrmandade
Recomendai-nos
O teu nome:

* O teu correo-e: 

* O correo-e do teu amigo: 

Mensaxe curta: 

Últimas descargas
Sobre a Ingenuidade Corrosiva
Língua de Vencedores e de vencidos
Direitos fundamentais na Faixa Leste
ETOPEIAS
Início da sesión





Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha
Visitas Totais
Visitantes: 560726
Visitantes
Temos 1 convidado conectados


Demandas berzianas en 1657 PDF Correo-e
Xoves, 06 de Marzo do 2008

DEMANDAS DO BERZO ÀS CÓRTES DO REINO DE CASTELA NA ÉPOCA DOS AUSTRIAS (1657)

Por Xabier Lago Mestre Presidente da Associacion do Berzo Fala Ceive

Só algunhas cidades da Coroa de Castela tiñan representación en Cortes por privilexio real. A cidade de León representaba a tres territorios veciños, a saber, Principado das Astúrias, Provincia do Bierzo e Partido de León. A cidade de Zamora representou quase dous séculos a Cruña, Betanzos, Mondoñedo, Lugo, Ourense, Tui e Santiago.

Os procuradores leoneses e zamoranos eran eleitos dentro do rexemento da capital, e por suposto defendían os intereses da elite aristocrática, da que formaban parte, e en segundo lugar os intereses de Leon e Zamora, e só raramente os dos dos citados territorios que representaban. Polo que as relacióis entre os representados (vilas e lugares) e os representantes nunca foron fluídas nen coordinadas, polo que as zonas raramente acudían coas suas peticióis aos seus procuradores da capital.

 

O DOCUMENTO DE 1657 

Num documento achamos que se fai mención a unha demanda da vila de Ponferrada, por mor da excesiva imposición fiscal realenga, tramitada ante as Córtes castelás no ano 1657. A queixa berziana refere-se ao cobro na citada vila e o seu partido do antigo e novo imposto de quatro reais de cada cabeza de gado. Ponferrada, cabeza de partido na provincia do Bierzo, acode con esta pretensión ao Rei que emite o correspondente Decreto, e posteriormente fíxa-se a consulta da Comisión de millóis do Reino.
 
A vila de Ponferrada e os lugares do seu partido alegan para non pagaren os quatro reais en cada cabeza de gado, que se impuxeron para o pagamento do servizo de 24 ducados dos que se matasem en casas particulares; que às merindades do partido de Ponferrada: Aguiar, Couto de Valboa e Valcarce deu-se-lle provisión relevando-lles do seu pagamento. Con todo, o comisário de millóis da citada vila trataba de cobrar nela e nos lugares do seu partido os quatro reais do imposto antigo e mais outros quatro reais máis que novamente foram impostos para o pagamento do millón e medio de ducados dos tres con que o Reyno servía á vosa Magestad nas presentes Cortes. (En definitivo um millon Astúrias, outro Leon e mais un o Berzo).
 
Así mesmo, Ponferrada aponta que se cobrasen eses dous impostos se despoboarían os lugares daquel partido, porque o gado daquela terra non é capaz de pode-los pagar respeito ao curto valor que ten, xa que a maior parte deste gado  crían-no os pobres para o seu gasto, por iso pede-se que naquela vila e o seu partido non se cobrasen os devanditos dous impostos de cada cabeza de gado que se matase en casas particulares. Ademais, O Berzo pede un trato fiscal igualitario ao recibido por outros territorios veciños, é dicir, o mesmo que correspondia a Galiza, Leon e a sua superior povoazon, e as Astúrias.
 
A vila de Ponferrada alega na seu defensa o conteúdo do Memorial que apresentou o Reino da Galiza á súa Maxestade real en 1640, o cal refería à imposibilidade en que se achavan de pagaren os quatro reais que entón se impuxeron sobre cada cabeza de gado. A consecuencia disto foi que a Provisión de marzo de 1641 permitiu que non se cobrase na Galiza o imposto de quatro reais en cada cabeza de gado. Asín pois, O Bierzo demostra coñecer a política reivindicativa utilizada por Galiza anteriormente e segue o seu exemplo.
 
Ponferrada tamén traz ap seu rego nas suas demandas o caso de Astúrias que, continuando ao ronsel da reclamativa galega, pediu ter o mesmo trato que a Galiza e a mesma graza, pois nas Astúrias concorrían as mesmas e maiores razones para iso.
 
O Principado logrou o seu obxectivo fiscal por provisión de xullo de 1645. Posteriormente os concellos da merindade de Aguiar da Lastra e da xurisdición de Valcarce e Valboa peden o mesmo por ser ynclusos na thesoreria de Oviedo como por asisti-los por iso as mesmas causas. Esta demanda dos concellos do Bierzo occidental tivo os seus froitos coas provisións de 1646 para que nestes concellos e lugares non se cobrase este dereito.
 
O Bierzo, en defensa dos seus intereses rexionais, demostra coñecer ben o que fixeron anteriormente os devanditos territorios veciños e recorre a demandar o mesmo trato fiscal para coa Galiza e Astúrias, polas súas similitudes territoriais e económicos. Curioso resulta comprobar como a merindade de Aguiar e as xurisdicióis de Valcarce e Valboa adiantaron-se no tempo coas suas demandas respecto das realizadas pola vila de Ponferrada unha década despois.
 
Aguiar, Valcarce e Valboa pertencen ao Marquesado de Vilafranca, mentres que a vila de Ponferrada é da Coroa. A dicotomía señorial/realengo é clara, por iso a falta de unidade de acción na defensa dos intereses berzianos. A pesar diso resulta que Ponferrada trata de representar os intereses económicos do partido-provincia do Bierzo ante as Cortes castelás.
 
A Comisión dos millóis das Cortes determina na sua consulta que se cobrase polo gando maior (vacún) os catro reais de todo o que se matase en casas particulares, e que en canto ao gando menor, se cobrar o direito de quatro reais de todo o que se matase para vender cargando no prezo que corresponde, deixando libres aos veciños, o demais que fose para matanzas de gasto nas súas casas. A Comisión recoñece que as causas porque se fiz esta graza ao Reyno da Galiza e demais lugares referidos da provincia de León son os mesmos que valen à provincia de Ponferrada, e polo tanto, é de parecer que se execute nela e nos lugares do seu partido o mesmo que está mandado facer-se co Reyno da Galiza.
Esta Opinión que finalmente foi compartida polas proprias Cortes castelás.
 
O Bierzo, marzo de 2008.
 
< Ant.   Seg. >
 
Campañas
Advertisement
No Fórum do Sil
Google
AGAL
Sindicación
© 2008 Fala Ceive
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5