Início
    
Menu Principal
Início
Quen somos e facemos
Contactar connosco
Arquivo
Forum do Sil
Novas
Ligazons
Imaxes
Blog de Fala Ceive
CiberIrmandade
Recomendai-nos
O teu nome:

* O teu correo-e: 

* O correo-e do teu amigo: 

Mensaxe curta: 

Últimas descargas
Sobre a Ingenuidade Corrosiva
Língua de Vencedores e de vencidos
Direitos fundamentais na Faixa Leste
ETOPEIAS
Início da sesión





Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha
Visitas Totais
Visitantes: 556092
Visitantes
Temos 1 convidado conectados


A revolta irmandinha no Berzo PDF Correo-e
Xoves, 24 de Abril do 2008

A REVOLTA DOUS IRMANDIÑOS BERCIANOS DE 1467 

Por Xabier Lago Mestre , Presidente de Fala Ceibe do Bierzo.
 
A documentación histórica conservada non aporta dados sobre as repercusiois da revolta dos comuneros de Castela no Bierzo; xusto o contrário do que acontez coa intervención directa no levantamiento dos irmandiños da rexión berciana. Malia que contamos maxoritariamente con testemuños derivados das fontes controladas polos poderosos da nobreza, clero e coroa-, contrarios a este proceso anti-señorial, cada nova pesquisa resalta máis a importancia que tivo o conflito irmandiño.

 

A revolta irmandiña localiza-se no reino de Galicia, no que nessa altura se incluia o Berzo, durante os anos 1465-1468. Neste período produce-se unha guerra civil entre os señores polas disputas territoriais, en parte condicionada pola falta de controlo real neste reino.

Ante a falta de xustiza cria-se a Irmandade galega que estaba integrada na Irmandade Xeral de Castela e León. A Irmandade galega terá como obxectivos: perseguir malhechores, facer respeitar a xustiza e dar seguranzae às xentes. Mas como moitos deses malfeitores eran favorecidos polos próprios señores, os irmandiños arremeten directamente contra estes últimos, polo que o levantamiento popular deriva en luita anti-señorial.
 
Un dos nobres galegos afectados pola revolta foi o primeiro conde de Lemos, Pedro Álvarez Osório, con importantes posesois territoriais no Berzo.
 
En 1465 o Conde declara os seus temores à Irmandade por "seren-lle contrarias, e podía ser quixeram-lle tomar as suas terras". Por iso é polo que en febreiro de 1467 elixe ao seu fillo, Alonso Henríquez, "para que máis libremente pudesse defender as suas terras das irmandades da Galiza, que "haçiansse superiores". En marzo dese ano produce-se o lanzamento da sublevación irmandiña, "contra todos os cabaleiros e señores da Galiza", en tal xeito, que non quedaron  servidores que os servesen. Botaron-nos de todos os seus bens e heredamentos, e nun só vasalo nen renda lles dexaran, derrubaron-lles todas as fortalezas, tendi-os cercados, atirando con grades trabucos e outros intrumentos.
 
O fillo do conde de Lemos morre no mosterio de Samos, en agosto de 1467, acontecemento que é aproveitado polos irmandiños para atacar as fortalezas de Monforte, Castro Caldelas, Sarria, Moeche, e posteriormente, as que estavam na rexion berziana de Valboa, Sarracin, Cornatelo, Corullón, Pena Ramiro e Ponferrada.
 
O conde de Lemos apresentou batalla aos irmandiños en Monfierro, "e venciolos, e mato CCCC ou mes dellos, e cercaronlo despois en Ponferrada, e defensioseles porque era vila forte, e porque se lle allegaron moitos cabaleiros e escuderos que andavan desterrados do seu, e outro se o axudo o conde don Álvaro de Trastámara", segundo o cronista Lope García de Salazar.
 
O conde de Trastámara, Álvaro Pérez Osorio, posteriormente primeiro marqués de Astorga (1465), apoiou en principio aos irmandiños, para logo pactar co conde de Lemos, a cambio da entrega por este dos castelos de Sarria e Chantada. Pero este acordo entre os dous nobres foi forzado polas negativas circunstancias bélicas que atravesaba o conde de Lemos, ante o ataque irmandiño no Berzo, por iso é polo que declara en setembro de 1467 que "faría a donación quel marqués lle pedia por librarse do e que cesasen as armas, mais que a faría forzado e contra a súa vontade".
 
En febreiro de 1468, veciños de Ponferrada, Vilafranca e Cacabelos acoden co conde de Lemos ante a Irmandade Xeral de Castela e León, para organizar a resistencia contra os irmandiños. A Xunta da Irmandade, reunida en Madrigal, emite un documento que insta a "veciños e moradores do Berzo a enbiar as xentes e diñeiros" que lle correspondían á Irmandad de Castela, segundo os repartimientos previstos. O conde de Lemos procura o apoio da Irmandade de Castela para desactivar a intervención dos irmandiños da Galiza.
Todo isto amosa que o conde de Lemos tiña apoios no Berzo, nas principais vilas. Mas tamén os berzianos formaron parte activa do movemento irmandiño galego. Sabemos que o conde de Lemos encadeouao escudero Alvar Sánchez, que posuía a terra de Arganza, por apoiar aos irmandiños e participar no cerco de Ponferrada, "e metérono no castelo, no suétano. E yasió alí fasta un mes". Unha testemuña declara "que quando sacárono para o asaetar, o pregonaban deziendo que veniesen a ver a xustiza que mandava fazer o conde a aquel nobre que fose o seu criado e fóra contra ele".

A represión do Conde de Lemos, trala derrota definitiva dos irmandiños, non sempre tivo os efectos tráxicos comentados. Noutros casos, esixiuse aos vasallos a serventía, é dicir, a realización de traballo manual gratuito a favor do Conde, caso da reconstrución dos castelos derrubados de Cornatelo e Pena Ramiro. De nada serviron as demandas dos vasalos que "se quexaban ao devandito conde dicindo que porque lles azia e mandava aos seus vasalos que viñesen a axudarle facer as súas fortalezas e que dito conde dezía e respondía ao susodicho que pois todos fosen en axuda de derrocallas que tamén abian de ser todos en axuda a corregillas e azellas", segundo declaracións no Preito Tabera-Fonseca.

Así pois o próprio Conde recoñecía públicamente o apoio xeralizado dos seus vasalos ao movemento anti-señorial irmandiño. Polo menos o conde de Lemos non seguiu o consello que lle deu outro nobre galego, Pedro Pardo de Cela, que lle recomendaba que "enchese os carvallos  de vasalos", ao cal respondeu o noso conde que "non se había de manter dos carvallos?.


Ou Bierzo, abril de 2008.

 
< Ant.   Seg. >
 
Campañas
Advertisement
No Fórum do Sil
Google
AGAL
Sindicación
© 2008 Fala Ceive
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5