Início
    
Menu Principal
Início
Quen somos e facemos
Contactar connosco
Arquivo
Forum do Sil
Novas
Ligazons
Imaxes
Blog de Fala Ceive
CiberIrmandade
Recomendai-nos
O teu nome:

* O teu correo-e: 

* O correo-e do teu amigo: 

Mensaxe curta: 

Últimas descargas
Sobre a Ingenuidade Corrosiva
Língua de Vencedores e de vencidos
Direitos fundamentais na Faixa Leste
ETOPEIAS
Início da sesión





Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha
Visitas Totais
Visitantes: 1086156
Visitantes
Temos 46 convidados conectados


Galiza e Berzo, unidade no século XV PDF Correo-e
Mércores, 21 de Maio do 2008

GALIZA E O BERZO: UNIDADE XURISDICIONAL E POLICIAL A FINS DO SÉCULO XV 

Por Xabier Lago Mestre, Presidente de Fala Ceibe do Bierzo.

O achádego de varios documentos da década dos 80 do século XV pemítenos saber máis das relaciois institucionais entre Galiza e maila rexión do Bierzo. Estes documentos refírense á unidade xurisdicional e policial para ámbolos dous territorios vecinos. Ante os problemas de orde pública rexistrada no reino de Galiza, a Raíña Isabel a Católica determina, mediante provisión de 7 de outubro de 1480, que os seus máis importantes oficiais neste reino, a saber, o Capitán e Xustiza Maior , Hernando de Acuña, e o Alcalde Maior, o licenciado Chinchilla, amplíen a súa xurisdición ao Bierzo.

 

Así lemos que estes dous oficiais “tengan por mi y en mi nombre, quanto mi merçed e voluntad fuere, la justicia e jurisdiçión çebil e criminal desas dichas villas y lugares (do Bierzo e Balcarçe) según e por la forma e manera que lo tienen en el dicho reino de Galizia (…)”.

Esta orde real é tan directa e taxante que non se permite incumprimento nen retraso nen recurso, “sin otra larga ni tardança ni escusa alguna, e sin sobrello me requerir e consultar (…)”. Este documento da Coroa insta aos bercianos a recibir os ditos altos oficiais reais ou aos seus delegados, “los dexedes e consintades libremente usar de los dichos ofiçios por si e por sus oficiales e lugartenientes, que es nuestra merçed que en los dichos ofiçios puedan poner y pongan, a los quales puedan quitar e amover, e poner e surrogar otro o otros en su lugar (…)”.

Por outro documento, de agosto de 1480, sabemos que eses dous altos oficiais reais ditos perseguían como obxetivo principal procurar a paz do Reino de Galicia. Executaban a xustiza real eses oficiais con as funciois de obrigaren aos alcaides a entregar fortalezas, desencastelar igrexas e ordenar desterros. Para entender esta intervención policial da Coroa, convén lembrar a situación sociopolítica do Reino de Galiza nese tempo histórico. A conflictividade social era a dinámica predominante no reino. Antecedentes dela foron a revolta irmandiña (1467), a crise socioeconómica de fins da Idade Media e as loitas señoriais entre a alta nobreza galega de seu.

Os Reis Católicos reafirman paseniño os seus mecanismos de poder institucional. Así nas Cortes de Madrigal (1476) fíxanse a irmandade e a contaduría, posteriormente, as Cortes de Toledo (1480) lexislan sobre as Cortes, Chancelería, Audiencia e mailo Consello Real.

En Galiza instauran eses dous altos oficiais reais, Xustiza Maior e Alcalde Maior. Incluso tres anos despois, en 1483, o rei Fernado o Católico insta aos titulares destes dous cargos a que volten a Galiza a causa dos novos disturbios no reino, e repítense para eles os poderes da devandita provisión real de agosto de 1480. O nomeamento de novos titulares deses altos cargos na Galiza, Diego López de Haro e Sancho García de Espinar, respectivamente, en marzo de 1484, teima na estensión territorial desa xustiza real “de qualesquier ciudad, e villa, e logares, e cotos, e feligresyas, con el Bierço (…)”. De novo comprobamos como hai unha unidade xurisdicional e policial entre Galiza e O Bierzo. Esta documentación constata o recoñecemento real da diferenciación territorial entre ámbalas dúas zonas veciñas.

A pedimento da cidade de León, os RRCC reordenan o Adiantamento de León, tamén con funciois xurisdicionais e policiais. A Coroa emite orde rexia de 1480, “para que los corregidores e alcaldes e otras justicias del reino de León (…) fagan obedesçer e cumplir los mandados de los alcaldes del Adelantamiento de León”.

Sen embargo, como temos visto, O Bierzo non pertencía temporalmente a ese Adiantamento leonés, e quedaba integrado na Galiza a efectos xurisdicionais e policiais. Neste sentido cómpre traer a colación que por oficio dos Reis Católicos dese ano, concédese poder de uso do Adiantamento de León a Íñigo Vélez. Pero posteriormente, en 1490, ese cargo recae por nomeamento real en Alonso Pimentel, conde de Benavente, que tiña intereses territoriais na Galiza e no Bierzo, e a causa dos cales entrou en conflito directo co conde de Lemos.

Nos anos 1485 e 1486 o conde de Lemos, Rodrigo Enríquez Osorio, na desputa pola defensa da súa herdanza do condado, levantouse incluso contra os propios Reis Católicos que tamén tiñan desexos territoriais no Bierzo. Así, finalmente a Coroa mercou Ponferrada que pasou a reguengo (1486), estableceuse o corriximento nesta vila e ordenouse territorialmente a rexión a través da creación da Provincia do Bierzo. O derrotado conde de Lemos perdeu tódalas súas posesiois señoriais no Bierzo que pasaron a formar parte do novo marquesado de Vilafranca, controlado indirectamente polo conde de Benavente por medio da política de pactos matrimoniais. De nada serviron pois os intentos do conde de Lemos de procurar o apoio económico do rei de Portugal na súa rebelión contra os RRCC. A pesar de todo, o conde de Lemos obtivo o perdón real (outubro de 1486), librándose así do fatal destino que tiveron outros nobres galegos que se levantaron violentamente contra a Coroa, caso de Pedro Pardo de Cela, executado en Mondoñedo en decembro de 1483.

De remate, comentar que resulta clara a vinculación entre Galiza e O Bierzo neste período analizado. Como feitos destacados desta peculiar relación histórica salientamos a revolta irmandiña que chega ata as mesmas portas dos castelos de Ponferrada e Cornatelo, a unidade xurisdicional e policial de Galiza e O Bierzo na década dos 80 e o levantamento do conde de Lemos contra os RRCC (1485-86) que hai que inserir na rebelión de certa nobreza galega contra a Coroa, que ten os seus antecedentes no apoio galego a Xoana a Beltranexa, durante a guerra de sucesión, rematada parcialmente co Tratado de Alcaçovas (1479).

 

 
< Ant.   Seg. >
 
Campañas
Advertisement
Google
AGAL
Sindicación
© 2010 Fala Ceive
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5