Início
    
Menu Principal
Início
Quen somos e facemos
Contactar connosco
Arquivo
Forum do Sil
Novas
Ligazons
Imaxes
Blog de Fala Ceive
CiberIrmandade
Recomendai-nos
O teu nome:

* O teu correo-e: 

* O correo-e do teu amigo: 

Mensaxe curta: 

Últimas descargas
Sobre a Ingenuidade Corrosiva
Língua de Vencedores e de vencidos
Direitos fundamentais na Faixa Leste
ETOPEIAS
Início da sesión





Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha
Visitas Totais
Visitantes: 556079
Visitantes
Temos 1 convidado conectados


Debate da proposta de Fala Ceive PDF Correo-e
Luns, 21 de Xullo do 2008

O Consello Comarcal analisa coa Xunta un convenio proposto por Fala Ceive para impulsar o galego

A asociación cultural Fala Ceive realizou unha proposta de colaboración entre a Xunta de Galiza e o Consello Comarcal do Bierzo para a promoción do galego a nivel administrativo nesta comarca.

O documento será entregue amañá martes( terza feira) dia 22 ao mediodía, na hospedería de San Nicolás de Vilafranca, a parlamentarios galegos encabezados polo presidente da comisión de Educación e Cultura, Bieito Lobeira, e a un grupo de conselleiros do Ente comarcal, encabezado polo seu presidente, José Luís Ramón. Ao acto tamén asistirán organizacións culturais berzianas para propor medidas que impulsen o galego na comarca, principalmente a través de actividades conxuntas e liñas de subvención que estimulen o seu uso.

A colaboración institucional entre a Xunta de Galicia e o Consello d'O Bierzo concretaríase, segundo o documento elaborado por Fala Ceive, nunha serie de apartados referidos ás actividades socioculturales, espazo lingüístico común, direito consuetudinario ou meios de comunicación, entre outros. Neste último aspeito, por exemplo, proponse unha política de subvencións conxuntas aos meios de comunicación da rexión.

A concesión das subvencións públicas viría condicionada polo maior ou menor percentaxe de uso do galego nos seus conteúdos. Polo que se refere ao Goberno galego, em Fala Ceive cremos que se debería ter un compromiso de reforzar a presenza d'O Bierzo nos meios públicos da Galiza, nomeadamente Radio Galega, TVG e internet-, a través da programación, informativos, corresponsalía berziana ou convenio informativo con meios de comunicación desta rexión

O traballo sociolingüístico das pequenas asociacións privadas sen ánimo de lucro d'O Bierzo é outro dos capítulos destacados no documento de traballo de Fala Ceive, que propón "ser máis selectivo na valoración dos proxectos idiomáticos que optan ás subvencións públicas, primando a repercusión sociolingüística sobre a calidade e o elitismo das actuacións propostas". As actuais liñas de axuda da Xunta de Galicia, en materia lingüística, ás asociacións sen ánimo de lucro (Resolución de 26 de decembro de 2007), colocan nunha situación de inferioridad manifesta aos colectivos d'O Bierzo fronte aos de Galiza. "Habería que procurar a axuda económica conxunta, Xunta de Galiza e Consello Comarcal, para fomentar o uso do galego entre as asociacións da rexión", propomos

A promoción turística conxunta pode ser "outro ámbito de colaboración interesante". A presenza de espazos naturais veciños favorece a unión de medios persoais, materiais e financeiros. Fala Ceive considera que "temos obxectivos comúns nos casos do Camiño de Santiago, Os Ancares, Ribeira do Sil, As explotaciois auríferas dás Medulas, Serras Enciña dá Lastra, Os Cabalos-Courel e demais". O traballo institucional da Xunta de Galiza e o Consello pódese concretar na elaboración de folletos turísticos en galego, promoción en España e Portugal, participación en feiras, sinalamento común e outras

A criazón do servizo lingüístico rexional é outra das ideas aportadas por Fala Ceive. "Comprendería actividades de asesoramiento (elaboración de documentación, calidade comunicativa, normalización da imaxe lingüística, criterios lingüísticos próprios?), formación sociolingüística (cursos de galego para empregados públicos, difusión de materiais, detección de deficiencias, deseño de programas, formación non lingüística, e dinamización lingüística". O Servizo lingüístico berziano estaría financiado parcialmente a través das axudas públicas que concede a Xunta de Galiza aos servizos de normalización lingüística dos concellos de Galiza (Orde do 24 de maio de 2007) e o proprio Goberno galego facilitaría materiais de normalización lingüística e actividades de formación ao persoal do Servizo lingüístico rexional.

 
< Ant.   Seg. >
 
Campañas
Advertisement
No Fórum do Sil
Google
AGAL
Sindicación
© 2008 Fala Ceive
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5