|
 Hoje, publicam no Galicia Hoxe o resultado dumha entrevista que figerom a Igor Lugris http://ovniseisoglossas.agal-gz.org, como introduçom ao monográfico que manham publicarám na "Revista das Letras": "Lugrís, a quen GALICIA HOXE lle dedicará o suplemento Revista das Letras desta semana, é un deses escritores que lograron tecer, paseniño, con iniciativas cimentadas na forza da vontade e da inventiva e alén da industria cultural, as súas redes de leitores". IGOR LUGRIS, O COMPANHEIRO POETA QUE ORGULHA A TODOS OS CEIVES E BERZIANOS - e que vivam os vizinhos de Cabanas raras que o compartem no dia a dia
Pois, sob o titular "Crer en nós mesmos", recolhe a jornalista M. Dopico as suas reflexons sobre diferentes temas relacionados com a poesia, a literatura, a arte, a cultura em geral, com Galiza, etc...: "A literatura é, para Lugrís, un xeito de "interpretar o mundo. Non creo que sirva para transformalo, pero si para clarificalo, e iso pode ser a base para mudalo. Esta é a miña opción. Outros poetas teñen outras, tamén válidas. Creo que a poesía non debe procurar a beleza, senón a verdade. Pero non todo é compromiso. Tamén ten que ter unha parte atractiva, evocadora, que te anime a seguir adiante", comentou. As obras deste poeta amosan unha continuidade temática, que xira arredor de varios eixes. Un deles é o amor: os sentimentos, os corpos... que Lugrís conecta con cuestións sociais e políticas como a situación da lingua galega e a súa función alicerzadora da identidade: outra das súas inquedanzas, como a liberdade". Isto foi ontem e hoje pois mais muito mais como veredes ao seguir a notíciae estará acompanhando a quem já saiu até agora: Lucía Aldao, María do Carme Kruckenberg, Rafa Janeiro, Lupe Gómez, Carlos Lema, Xesús Constela, Ildásio Tavares,...
e Hoje aparece na Revista das Letras, o suplemento literário-cultural do Galicia Hoje, o monográfico que lhe dedicam. 10 poemas, e a reproduçom de três dos cartazes que fam parte de "Poesia para ver/Poesia para ler", junto com umha grande foto, de Benja G. Lainez, e umha pequena introduçom da autoria das/os responsáveis da RdL. PARABENS PARABENS PARABEEEEEENS IGOR e para o que quiger mais Quem tenha mais interese na "Poesia para ver/Poesia para ler", já sabe que nesta fim de semana pode ver/ler a expo no Festival da Poesia do Condado, em Salvaterra, e, a partir do dia 8 de Setembro, e até o 8 de Outubro, no Centro Social Baiuca Vermelha, de Ponte Areias, também no Condado. |