Início arrow Novas arrow Outras arrow O Berzianismo Político coa Língua Galega
    
Menu Principal
Início
Quen somos e facemos
Contactar connosco
Arquivo
Forum do Sil
Novas
Ligazons
Imaxes
Blog de Fala Ceive
CiberIrmandade
Visitas Totais
Visitantes: 1086162
Visitantes
Temos 52 convidados conectados


O Berzianismo Político coa Língua Galega PDF Correo-e
Venres, 03 de Outubro do 2008

O BERCIANISMO POLÍTICO CO IDIOMA GALEGO,

Por Xabier Lago Mestre, Presidente da asociación Fala Ceibe do Bierzo.
  1. O BILINGÜISMO REXIONAL.-

    A situación estratéxica da nosa rexión, entre territórios con fortes identidades políticas e culturais, favoreceu a influencia secular destas n'O Bierzo.

    Como singularidade cultural máis destacada temos a presenza de tres idiomas, o castelán, o galego e o asturo-leonés (os dous últimos orixinários da rexión e muito próximos entre sin, como quase co-dialectos, e o castelán praticamente imposto no século XX).

  1. Na actualidade o asturo-leonés d'O Bierzo está ao bordo da extinción polo fragmentación da sua comunidade lingüística, do que é bon exemplo o facto de non ter as falas asturo-leonesas un nome popular universal no seu território para todas elas formando uha comunidade lingüística e frente a isso multiplas designacións locais nos territórios de León, Astúrias, Zamora, e Miranda-pt...).


  2. Có galego, a estreita vicindade coa Galiza e ademais a pertenza ao amplo domínio idiomático galego-portugués-brasileiro favorece a participación nos procesos de normalización lingüística comuns, e a identidade dos falantes cunha comunidade lingüística. O Castelán usufrui todos os poderosos instrumentos do estado na sua implantación no noso território.

  3. A cultura galego-berziana desenvolve-se secularmente na metade ocidental da nosa rexión. Asi o ámbito territorial etno-gallgo estende-se polos municípios de: Candín, A Veiga de Espiñareda, Vila-Franca do Berzo, A Veiga de Valcarce, Valboa, Trabadelo, Barxas, Oéncia, Corullón, Sobrado, Arganza, Cacabelos, Campo-Naraia, Viladecais-Toural, Carracedelo, Carucedo, Borreis e A Ponte Domingos Flórez; pero ademais, freguesias galegas nos territórios dos concellos de: Peranzais, Fabeiro, Sancedo, Cabanas, Ponferrada, Priaranza do Bierzo e Benuza.

  4. O galego, como idioma territorial d'O Bierzo, percebe-se intimamente vinculado á nosa rexión. Esta língua está moi asentada no território como testemunhan os nomes de lugares (toponímia), de comarcas (coronmia), de acidentes xeográficos (orónimos), de augas terrestres (hidrónimos), de persoas (antropónimos), de plantas (fitónimos), de animais (zoónimos) e demais, e toda a documentación desde que ha rexistros, sendo a maioria deles tamén en galego
  5. O PROCESO HISTÓRICO GALEGO-BERZIANO.-

    A língua galega d'O Bierzo ten un claro carácter histórico. Na Idade Media este idioma usou-se con plena normalidade, como o amosa a variedade da documentación conservada dos mosteiros de Sta. Mª de Carracedo, Santo André de Espiñareda, Sta. Mª de Cruñego de Vila-Franca entre outros. Os berzianos medievais utilizaron o galego nas suas relaciois cos mosteiros berzianos e galegos (Samos, Celanova, Sobrado, etc). Tamén conservamos o foro de povoamento de Vila-Franca, en galego, dado por Afonso IX en 1192. Asi pois o uso institucional do galego implicaba efeitos xurídicos derivados da regulación de todo tipo de relaciois (compra-vendas, donazois, foros agrários, testamentos, arrendamentos, etc) contidas nos papéis medievais, nun volume importante, tendo en conta a escasa utilización da escrita que se facia naquela altura en que a maioria das persoas era completamente analfabeta. De aí que a cultura popular foi transmitida oralmente dado o seu carácter ágrafo.

  6. N'O Bierzo utilizaron-se varias línguas na Idade Media, o latín que ocupaba un espazo ao lado do galego e asturo-leonés, e o castelán que aparece a partir de fins do século XIV ligado a documentos da Corte que instalada en território de fala castelá, fixo deste a sua língua.

    Mas desde fins do século XV, tras as guerras civís irmandiñas da-se o proceso da centralización de Isabel a Católica, e a relación entre as línguas ve-se alterada na escrita de xeito radical a favor do castelán que se converte na única língua administrativa e literária escrita.


  7. Achamo-nos n'O Bierzo tras a derrota e a expulsión do conde de Lemos, o seu tradicional señor, que vai significar o controlo firme polos reis católicos. Exemplos deste proceso son a chegada de oficiais reais (correxedor, recadadores, alcaides...), a reforma monástica (controlada desde Valladolid, abades foráneos...), estabelecimento da nobreza castelá co marquesado de Vila-Franca, etc. Esta dinámica pro-castelanista favorece claramente a implantación progresiva nas clases altas e dominantes do idioma castelán fronte ao galego-berziano, e os escribanos pasan a ser obrigados a pasar o correspondente exame de competéncia linguística en Toledo (Cortes de Toledo de 1480).

  8. Dos séculos XVI ao XX o carácter institucional e oficial do castelán determina a inexistencia do galego escrito. Mas pervive o maioritario uso social do galego oral en todos os ámbitos nos formais (familiar, viciñal, máxico-popular, rural-agrário, comercio feiral, etc). A utilización institucional do galego fica restrinxida secularmente ao direito consuetudinário (concellos, ordenación do comunal, organización territorial, actividades agropecuárias, etc). Porén, todas as ordenanzas cconcelheiras están escritas en castelán porque debían ser aprobadas polos correxedores. Por outra banda, a cultura popular desenvolvia-se en língua galega (os maios, os entroidos, os magostos, as matanzas, etc). Neste sentido non podemos pasar por alto os intentos da Igrexa astorgana por controlar certas tradiciois (século XVIII), casos dos fiandois, bailes, música, etc.

  9. 3. A PROTECCIÓN DOS DIREITOS LINGÜÍSTICOS.-

  10. A sobrevivéncia do idioma galego d'O Bierzo ocidental ha que garanti-la nas mesmas condiciois que nos outros territórios con esta língua. Non se pode discriminar por máis tempo aos falantes dunha mesma língua, neste caso aos galego-berzianos, pola única razón de viver alén do porto de Pedra-Fita. O rexionalismo político está obrigado a defender os direitos da comunidade galego-berziana, formada por máis de 35000 persoas. Ademais convén non esquecer a outros tantos bercianos que entenden o galego (oral ou escrito), aínda que non o utilicen, e que fan un seguimento normal dos meios de comunicación nesta língua (TVG, Radio Galega, periódicos, internet...). Asi pois, pouco importa que o falemos mellor ou pior, que o saibamos escrebir ou non, ou o dialectismo interno, o fundamental é que se trata da língua própria de moitos bercianos do ocidente. Ha que preocupar-se máis por reclamar o recoñecimento pleno dos direitos lingüísticos (individuais e colectivos) que nos corresponden, en igualdade de condiciois legais a como gozan os falantes deste idioma na Galiza. (Ninguén defenderia que os direitos dos falantes de castelán no mundo foren distintos segundo os lugares, ou a sua negazon parcial no Porto-Rico)

  11. E para conceder plenos direitos lingüísticos aos bercianos galego-falantes ha que demandar a declaración de oficialidade do idioma galego n'O Bierzo ocidental. Só asi todas as administracións públicas (estatal, autonómica, provincial, comarcal e local) terán a obriga legal de respeitar os direitos dos falantes galegos. Este recoñecimento de oficialidade, para ter plena vixéncia lexislativa e xurídica, deberia constar expresamente como tal no articulado do próprio Estatuto de Autonomía de Castela e León, tal como se determina na própria Constituición española (art. 3.2), ou na lexislación de desenvolvimento da mesma.

    4. O FEITO LINGÜÍSTICO DIFERENCIAL.-

    A existéncia da língua galega constitui a principal peculiaridade cultural d'O Bierzo. Asi se recoñece no vixente Estatuto de Autonomía de Castela e León, "gozarán de respeito e protección a língua galega (...)", (artigo 4.2 da Lei Orgánica 4/1999, de 8 de xaneiro). Recordemos que só ha duas comunidades galego-falantes en Castela e León, a saber As Portelas da Seabra (Zamora) e O Bierzo ocidental. Estas duas minorias lingüísticas teñen que ser protexidas polo ordenamento xurídico, por lei, cun específico estatuto de minoria etno-cultural, para evitar a sua asimilación total pola maioria idiomática castelá, e porque os direitos lingüísticos forman parte dos direitos básicos da persoa como ten determinado a Carta Europeia das Línguas Minorizadas e as declarazois das naciois Unidas
    A pervivéncia do galego determina un claro feito lingüístico diferencial que reforza a autonomía territorial d'O Bierzo. O futuro Estatuto de Autonomía de Castela e León reformado admite implícitamente esta especificidade idiomática, "unha lei das Cortes de Castela e León regulará a Comarca d'O Bierzo, tendo en conta as suas singularidades e a sua traxectória institucional" (artigo 46.3). A protección e o fomento do galego precisa dun decidido apoio institucional. Resulta que tanto a Xunta de Castela e León como a Deputación leonesa non consideran prioritária a defensa do galego porque o consideran un ben xurídico alleo ás suas identidades culturais e lingüísticas respectivas. Por iso é polo que debe ser o Consello Xeral Berciano (actual Consello Comarcal) quen asuma o protagonismo institucional na promoción do idioma galego, por proximidade e identificación cultural.

  12. A língua galega d'o Bierzo é un factor humano e social primordial, o recoñecimento xurídico desta especificidade adquire uha dimensión política de primeira orde, pois implica o respeito dos direitos individuais e colectivos dos seus hablantes. O próprio Consello Xeral Berciano consolida e fundamenta a sua autonomia territorial na necesidade de protexer e fomentar este feito lingüístico diferencial. A isto une-se a necesidade de complementar as dinámicas de normalización lingüística dos entes locais (concellos, mancomunidades e pedanías), xa que estes teñen graves caréncias, persoais, materiais e financeiras, para a execución adecuada desas políticas.

  13. Acabamos insistindo en que a recuperación da língua própria d'O Bierzo non se pode realizar illando-a da ampla comunidade idiomática galega do Estado (Galiza, Eo-Návia e As Portelas de Seabra). Os falantes berzianos necesitamos inserir-nos no ámbito territorial e lingüístico galego do Noroeste, para participarmos activamente en todos os ámbitos sócio-idiomáticos (político, cultural, mediático, internet, comercial, etc) de xeito pleno. Neste sentido, as instituciois públicas e privadas da Galiza están interesadas a dar toda a colaboración necesária de cara a conseguir a desexada normalización lingüística, por iso ha que aproveitar máis as posibilidades que oferecen os convénios de colaboración inter-institucional.
 
< Ant.   Seg. >
 
© 2010 Fala Ceive
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5