Início
    
Menu Principal
Início
Quen somos e facemos
Contactar connosco
Arquivo
Forum do Sil
Novas
Ligazons
Imaxes
Blog de Fala Ceive
CiberIrmandade
Recomendai-nos
O teu nome:

* O teu correo-e: 

* O correo-e do teu amigo: 

Mensaxe curta: 

Últimas descargas
Sobre a Ingenuidade Corrosiva
Língua de Vencedores e de vencidos
Direitos fundamentais na Faixa Leste
ETOPEIAS
Início da sesión





Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha
Visitas Totais
Visitantes: 1029776
Visitantes
Temos 9 convidados conectados


Os partidos políticos da Galiza ante as nosas petizons....? PDF Correo-e
Mércores, 11 de Marzo do 2009

PEDIMENTOS AOS PARTIDOS POLÍTICOS DA GALIZA

 


PEDIMENTOS CULTURAIS DO BIERZO
AOS PARTIDOS POLÍTICOS GALEGOS
ANTE AS ELECCIOIS AUTONÓMICAS (1 MARZO 2009).

Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver


A Asociación cultural Fala Ceibe do Bierzo diríxese aos partidos políticos galegos, ante as elecciois de 1 de marzo de 2009, para que teñan en conta un feixe de propostas culturais a prol da protección do idioma galego na rexión berciana.
1. VISITA AO PARLAMENTO GALEGO.
O poder lexislativo galego ten que coñecer de primeira mao a problemática do galego no Bierzo. Por iso resulta preferente a presencia dos colectivos galeguistas e os entes locais do Bierzo (Consello Comarcal, concellos e pedanías) no Parlamento de Galicia. Resulta abraiante que aínda hoxe non tivera lugar a presenza dos ditos representantes bercianos na Comisión de Cultura para exponer a nosa problemática cultural e proponer medidas de colaboración interterritorial.
 
2. REFORMA DA LEI DA COMARCA DO BIERZO.
Dende o ano 1991 O Bierzo ten certa autonomía que lle concede a Lei de Castela e León 1/1991, pola que se aprobou a creación da Comarca. Durante a primavera de 2009 está previsto o inicio da a reforma profunda da dita Lei. Cando isto teña lugar pediremos ás instituciois políticas de Galicia (Parlamento Galego, Xunta de Galicia…) e educativas (universidades galegas, asociaciois culturais…) apoio expreso para que se recoñeza a protección e o fomento do idioma galego no articulado da dita Lei da Comarca.

3. ENSINO DO GALEGO.
O ensino do galego na rexión berciana vai para diante paseniño pero coa súa problemática particular. Así aínda hai centros escolares que se resisten a impartir a materia de galego, casos da Veiga de Valcarce, Carracedelo, Quilóus, Fabeiro e Ponferrada. A Comisión de Seguimento interautonómica de ensino galego debe facer máis por resolvermos esta problemática. Así todos os colexios públicos do Bierzo occidental, zona plenamente galego-falante, deberían ter clases da materia de galego, de oferta obrigatoria para eses centros e de opción voluntaria para o seu alunado. Só deste xeito todo o alunado berciano poderá exercer libremente o seu dereito á aprendizaxe do galego.
 
Outras intervenciois institucionais nesta materia deben potenciarse. Son as actividades extraescolares (viaxes a Galicia, intercambios escolares…), materiais pedagóxicos para profesorado e alunado, campañas escolares a prol do galego, execución de novas tecnoloxías da información no Bierzo, bercianización dos portais educativos (www.edu.xunta.es e http://www.educa.jcyl.es),etc/.

En materia de universidades pode implantarse o ensino do galego no campus de Ponferrada. As universidades galegas deberían facer xornadas, seminarios e demais no Bierzo, investigación histórica, filolóxica… sobre esta rexión estremeira.

4. MEIOS DE COMUNICACIÓN.
Hai un espazo de comunicación galego común, maís aló dos lindeiros da actual Comunidade Autónoma de Galicia, que se debe protexer e potenciar. A CRTVG ten que fixar un correspondente especial dedicado a cubrir a información xerada na franxa estremeira galego-falante (Eo-navia, O Bierzo e A Seabra). Tamén hai que millorar o sinal e cobertura nestes territorios.

Fai falta unha liña de axudas económicas da Xunta de Galicia para os medios de comunicación da dita franxa estremeira de cara a fomentar o uso do galego parcial neles (xornais, radio, tv, internet…).

5. CULTURA.
Demandamos neste eido a doazón de máis libros en galego para as bibliotecas municipais e escolares do Bierzo, programas informáticos para bibliotecas e cibercentros rurais, campañas de fomento da lectura, presenza do libro galego en feiras do libro, semanas do libro infantil, presentación de libros e autores galegos por parte das editoriais de Galicia, etc.

6. REAL ACADEMIA GALEGA.
O escritor Antonio Fernández y Morales escribiu en 1861 un libro composto por textos en galego-berciano. Pedimos á Real Academia Galega que, coincidindo o vindeiro ano 2011, co 150 aniversario da publicación da dita obra, se dedique o correspondente Día das Letras Galegas dese ano 2011 a este escritor berciano. Deste xeito faríase outra merecida homenaxe aos falantes da franxa estremira galego-falante, despois da que xa se fixo ao Pai Frei Martín Sarmiento.

7. AS ADMINISTRACIOIS LOCAIS.
Resulta necesaria a sinatura dun convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Consello Comarcal do Bierzo en materia de protección do galego. O dito acordo interadministrativo debe incluír o fomento do uso institucional deste idioma, creación do servizo lingüístico berciano, cursos de galego para persoal administrativo, curso de galego a distancia (http://www.aulabierzo.com/), a recuperación da toponimia, actualización do dereito consuetudinario, creación de páxinas web dos concellos rurais, etcétera.

8. AS ASOCIACIOIS CULTURAIS.
Propoñemos á Consellería de Cultura a creación dunha liña de axudas económicas, específica para a franxa galego-falante, para as asociaciois culturais que fomenten o uso do galego, a edición de libros e revistas de temática berciana, a creación do Centro Cultural “Pai Frei Martín Sarmiento” en Vilafranca do Bierzo, composto por biblioteca, sala de exposiciois, arquivo, etcétera.
 
< Ant.   Seg. >
 
Campañas
Advertisement
Google
AGAL
Sindicación
© 2010 Fala Ceive
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5