|
FALA CEIVE RECLAMA QUE OS BERZIANOS PODAMOS SEGUIR VENDO A TELEVISON GALEGA Fala Ceive do Berzo informa de que a desaparición da televisión analóxica impedirá ver as actuais as emisiois da Televisión Pública Galega (TVG) no Berzo. Recordamos que durante anos os berzianos desfrutamos e gostamos da TVG. Os berzianos, galego-falantes ou non, conectamo-nos con ela para ver os Telexornais, Luar para os maiores, Xabarín para os pequenos, as retrasmisiois dos partidos de futebol e demais. Deste xeito os berzianos galego-falantes pudemos gozar do único medio de comunicación televisivo que serviu para fomentar e prestixiar o noso idioma próprio do Berzo ocidental.
Coa supresión definitiva do sinal da televisión analóxica e a súa sustituición pola dixital terrestre non poderemos ver a actual TVG. Por iso demandamos ás administracións públicas que se poñan de acordo para manterem a recepción da TVG dixital no Berzo. Tráta-se de que a Xunta de Galiza e a Xunta de Castilla e León negocien a asinatura dun convénio de colaboración para que o sinal da TVG dixital poda se ver depois do apagamento analóxico. Actualmente esta-se elaborando un Real Decreto de Televisión Dixital Terrestre que posibilitará ver as cadeas públicas de televisión além do seu ámbito autonómico. Estas emisiois intercomunitarias poderan-se realizar mediante o Terceiro Múltiplex, canle de televisión dixital. A concesión deste Terceiro Múltiplex exixe a asinatura dun Acordo de colaboración entre as comunidades autónomas afectadas por esas emisois dixitais. Convénio inter-comunitário que debe regular as emisois e o mantemento das instalaciois polas comunidades autónomas afectadas. Neste contexto demandamos a asinatura dun Acordo de colaboración entre a Xunta de Galiza e a Xunta de Castela e León para facilitar as emisiois e a recepción do sinal da TVG dixital no Bierzo. Outras comunidades autónomas xa están negociando a forma de compartirem o sinal da TDT en províncias viciñas. Estes son os casos da Televisión Digital de Catalunya que se receberá en catalán no oriente de Aragón e norte de Valencia, da Televisión Digital de Euskadi que emitirá en eusquera en Navarra, ou da própria Televisión Digital de Madrid que poderá ser vista nas Comunidades Autónomas viciñas de Castilla-A Mancha e Castilla e León, o que acrecentará a súa audiéncia e a contratación publicitária. Recordamos que esta demanda inscrebe-se no deber da Xunta de de Castilla e León de apoiar a língua galega do Bierzo e nas Portelas-Seabra, segundo o mandado do próprio Estatuto da Comunidade Autónoma, pois nele a nossa língua galega própria nossa, gozará de respeito e protección a lingua galega nos lugares en que habitualmente se utilizar (artigo 5.3). Ademais da obriga legal de non discriminación e o respeito á diversidade dos distintos colectivos étnicos, culturais e relixiosos presentes en Castilla e León (?)? (art. 16.23), en referéncia implícita á minoria lingüística galego-berziana. A recepción da TVG dixital protexer e fomenta o idioma galego no Berzo. Vista a tradición da recepción da TVG no Berzo debemos facer todo o posíbel para que sigamos asistindo às súas emisiois, en galego, no noso território periférico, para poder manter a vinculación cultural e lingüística con Galiza. Así pois, demandamos á Xunta de Galiza e á Xunta de Castilla e León que negocien, de forma imediata, a asinatura dun Acordo de colaboración que permita a recepción da TVG dixital no Berzo e na Alta Seabra, territórios galego-falantes. Por iso mesmo enviamos este escrito ao Procurador do Común para que inste á Xunta de Castilla e León ao cumprimento do aquí demandado. Ponferrada, agosto de 2009. Xabier Lago Mestre, Presidente de Fala Ceive do Bierzo, |